Strikovic segue mandando no Circuito Intercomarcal de Xadrez
07:36 07/08/17
Este pasado sábado día 5 de agosto disputouse o II Torneo Concello do Val do Dubra dentro do programa da Festa do Emigrante. Era ademais a V proba do II Circuíto Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña, na que participaron nada menos que 92 xogadores chegados de toda Galicia: Verin, Ourense, Vigo, Lugo, Chantada, Ferrol, Santiago de Compostela, Rianxo, Ribeira, Noia, Milladoiro, Padrón, Oroso, A Coruña, Carballo, Malpica, Zas, Muxía, Mazaricos, tamén varios representantes da zona de Ponferrada que xa son asiduos ao circuíto dos equipos Raio Cubillos, Alzheimer Bierzo e Temple, tamén un xogador do Telde de Gran Canaria.
A nivel deportivo o máximo favorito era o GM Aleksa Strikovic, ameazado polos MF Fernando Sánchez, Antonio Pazos e Marcial García e outros fortes xogadores como Walter López ou Pedro Branco. Este torneo estivo moi igualado e todo se decidiu na última rolda.
3 xogadores quedaron na cabeza con 7 puntos, resultando vencedor por mellor desempate o GM Aleksa Strikovic do Chantada, que se anota un novo triunfo e é o claro líder do circuíto tras 5 torneos, 2º quedou Walter López do Xaquedrum e 3º Pedro Branco do Alzheimer Bierzo, 4º MF Fernando Sánchez do Rianxo con 6,5, 5º encabezando o grupo de xogadores de 5 puntos MF Marcial García de Rianxo, 6º MF Antonio Pazos do Ferrolano, 7º Jesus Rodríguez do Marquiño, 8º Manuel Arias do Clubexa, 9º Gumersindo Rocha do Capablanca, 10º con 5,5 puntos Alfonso López do Padrón pechando os premiados da xeral.
A Clausura levouse a cabo no palco da festa nun oco entre as actuacións musicais e os ensaios do día dá Festa do Emigrante, música que nos acompañou por momentos durante a tarde.
Novas relacionadas
- O xadrez de alto nivel volveu a Baio.
- O Circuito de Xadrez salta de Arteixo a Baio.
- O II Aberto Fundación Luis Calvo de Xadrez batíu marcas de participación.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- O Xadrez Cabo Touriñán pelexa por manter a 3ª praza.
- O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez.
- O Cabo Touriñán afiánzanse na zona media da 2ª Galega de xadrez
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).