Luns. 09.09.2024
El tiempo

Terceira Galega: Bautismo do Ameixenda

Terceira Galega: Bautismo do Ameixenda
Vitoria ante un rival directo, a domicilio e despois de pasalo moi mal por momentos para un Ameixenda que, de paso, deulle carpetazo ao desastre de hai unha semana ante o Volantes O Seaia acadou o segundo segundo triunfo do curso O Seaia acadou o segundo segundo triunfo do curso O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Volantes de Baño 1-0 Castrelo Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Javira, Tiko (Roi m.88), Mou, Maikel Perrito, Bernardo (Yeray m.66), Santi, Pardelo, Uru, Mingos, Castillejo (Jose m.64) e Batu Castrelo: David, Curra, Víctor Lema, David, Roget, Maikol,, Dani Costa (Félix , Sergio, Iago, Vicente (Cristian m.79) e Esteban (Roi m.77) Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Amonestou a Uru do Volantes e a Curra do Castrelo Gol: 1-0 m.77 Mingos E van dúas… Atopou o seu camiño o Volantes de Baño, que acadou a súa segunda vitoria consecutiva, xusto coincidindo con outras tantas convocatorias poboadas. E iso que non estivo en ningún deles o seu referente ofensivo Yanky. Resultou o choque contra o Castrelo un exercicio de fútbol pouco vistoso e sen demasiadas alegrías ofensivas. A máis clara para os vimianceses chegou nun remate de Sergio tras unha mala saída de Javira, que acabou por bater na parte superior do longueiro. Si acertaron na súa clara os muradáns, tras un córner con bailón peinado hacia Mingos, que o centrocampista empalmou de volea ao fondo da rede. A raíz do tanto houbo opcións para uns na contra e para outros na ofensiva de fe. Lira 2-3 Ameixenda Campo: Lombáns Lira: Peipo, Eloy Karocho, Manuel Cartamil, Iván Cerilla, Adrián, Cheikh, Miguel, Guardiola (Chiru m.87), Suso Pata (Costa m.62), Oli Bermejo e Edu Ameixenda: Riolo, Grille, Bichiño, Samuel, Javichu, Adán (Suso m.70), Jesús, David (Juan m.80), Borja, Cristian e Demetrio Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Manuel Cartamil, Eloy Karocho, Guardiola e Edu do Lira; Riolo, Cristian, Bichiño, David do Ameixenda Goles: 1-0 m.6 Suso Pata; 1-1 m.21 Borja; 1-2 m.29 Cristian; 2-2 m.37 Cheikh; 2-3 m.84 Demetrio Moi sureño Intenso, emocionante, con alternativas, e xogadores coñecidos nun e outro bando. Moitos elementos do paixoal fútbol sureño da Costa tivo o duelo entre Lira e Ameixenda, no que os ceenses confirmaron a súa condición de alternativa fiable e borraron a imaxe dada a pasada semana contra o Volantes de Baño. Unha saída notable dos de Manín deu no madrugador tanto de Suso Perico e unha sensación de apabullar que finalmente non foi tal. Máis ben todo o contrario. O efecto valiu duroulle media hora fatídica a un Lira que sufría dous golpes con consecuencia de remontada por medio de Borja e Cristian. O parche chegaría antes do intermedio, cun bo remate de Cheikh. Ese fútbol paixoal reapareceu nunha segunda metade de moita insistencia liracha e moita resistencia dun Ameixenda que foi quen de sufrir e agardar a súa. E esta chegaría a falta de cinco minutos, por obra de Demetrio, despois de que o Lira desperdiciase ata cinco oportunidades claras de gol. Muxía 3-0 Cabana Campo: Arliña Muxía: Jose Antonio, Chans, Breo, Maikel (Currás m.78), Martinciño, Pereira, Adrián Alcaina, Víctor Alcaina, Conguito (Denis m.80), Julián (Adrián Negro m.65) e Iván Lagoa (Munitis m.71) Cabana: Víctor, Reigía, Djamel, Isma, Grille (Fernando m.42), Jose Manuel, Cristian, Álex, Pablo Pose (Mato m.70), Diego Varela (Miki Pose m.46) e Eloy Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Pereira, Adrián Alcaina, Julián e Iván Lagoa do Muxía; Isma e Djamel do Cabana Goles: 1-0 m.3 Conguito; 2-0 m.29 Pereira; 3-0 m.60 Víctor Alcaina Un huracán de media hora Poucas veces se ve un equipo compretar unha primeira media hora tan intensa, redonda e incontestable como a da saída do Muxía ante un superado Cabana, ao que lle chegaba con ir achicando o perigo. Tres minutos tardou Conguito en rematar a gol unha notable xogada colectiva, e dous máis necesitaría o seu equipo para xerar outra acción con resultado de gol anulado a Iván Lagoa por fóra de xogo, o mesmo que sucedería ao pouco con Pereira. Resarciríase o ex do Cee no peche desa media hora primorosa, ao controlar un balón á saída dun córner e rematar con beleza (exteriorazo) a media altura e ao fondo da rede. Faltaba por aparecer o '10'. que alcanzaría precisamente a decena de goles no que vai de curso. Víctor Alcaina quebrou a un rival e resolveu no man a man co meta rival. Sobrou o que quedaba de segunda parte, que só serviu para que Negro e Munitis probasen sorte. Nantón 0-0 Outes B Campo: Fontiñas Nantón: Guille, Fabián, Eloy, Raúl, Diego Bello, Touriñán (Carlos Vidal m.73), Fabio (Enmanuel m.54), Redondo, Tato (Lareu m.59), Martín e Iván Outes B: Álex, César (Samuel m.28), Adrián, Sergi, David, Pablo (Adan m.86), Alberto (Jose m.69), Adrián, Kike (Paulo m.69), Álvaro e Jose (Saúl m.57) Árbitro: Lago Barros (A Coruña). Amonestou a Enmanuel do Nantón; Samuel do Outes B Diferencias para un mesmo punto Pequena sorpresa no campo de Fontiñas, onde o filial do Outes adaptouse á perfección ao tipo de terreo de xogo. Un dos conxuntos máis experimentados da categoría non superou a un novato, que sen embargo pechou moi ben as vías de penetración dos locais e apostou sempre por un fútbol semellante ao habitual no primeiro equipo, con gusto pola saída combinativa. Erraron varias accións claras os brancos, que non acaban de enlazar unha xeira de resultados positivos. Sporting Seaia 4-2 Camelle Sporting Seaia: Che, Canario, Jorge Parga, Alberto, Josi, Chola, Eme, Vilariño (Cristian m.46), Pedro (Gonzalo m.69), Dani (Darío m.1) e Juni Camelle: Carlos, Cristian (Rodrigo m.16), Rubén, Carlos Valiña, David, Tajes, Tedín (Martín m.72), Álvaro (Lema m.50), Jose, Manuel e Adrián Árbitro: De Vega Domínguez (A Coruña). Goles: 1-0 m.22 Pedro; 2-0 m.26 Juni; 2-1 m.40 Adrián, de penalti; 2-2 m.60 Adrián, de penalti; 3-2 m.70 Juni; 4-2 m.72 Cristian Obra e gracia de Juni Tivo influencia nos catro goles da vitoria do seu equipo Juni, dianteiro do Sporting Seaia que segue a ser o máis destacado dos seus, que non botaron en falta a un futbolista chave coma Albertiño. Pola súa banda, o Camelle pudo presentar esta vez unha convocatoria máis numerosa, pero non lle deu para ganar. En liñas xerais foi máis incisivo e profundo un Seaia que, ademáis dos catro goles, enviou un balón ao longueiro. Os dous goles e dúas asistencias (unha e unha en cada metade) que pegou Juni desequilibraron.

Comentarios