Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Terceira Galega: Camiño do play off máis incerto

Terceira Galega: Camiño do play off máis incerto
Vista a igualdade entre os que eran perseguidores do Muxía resulta prácticamente imposible falar de favoritos para levar as eliminatorias de ascenso á Liga da Costa O campo de Arliña aguanta o mal tempo - Foto: Muxía CF O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Muxía 3-0 Volantes de Baño Campo: Arliña Muxía: Santi Papi, Munitis, Breo, Maikel, Martinciño, Adrián Alcaina, Currás, Conguito (Denis m.75), Iván Lagoa (Lagoa m.65), Julián (Víctor Alcaina m.55) e Adrián Negro (Chans m.70) Volantes de Baño: Javira, Álex, Santi (Edu m.72), Mou, Pardelo (Julio m.82), Juan do Sivil, Kanote, Yeray, Mingos, Maikel Perrito e Javi Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Goles: 1-0 m.43 Adrián; 2-0 m.59 Conguito; 3-0 m.89 Pesqui De campión a campión Comezaría cunha homenaxe ao equipo Alevín de fútbol sala local o encontro entre o Muxía e o Volantes de Baño. E acabaría cun triunfo vermello que achega un pouco máis se cabe o campionato de Terceira e o retorno á Liga da Costa. Non foi o día máis difícil para os da VIla da Barca, que aínda que tardaron en abrir o marcador non sufriron demasiado en defensa. Os muradáns comezaron a cita con vento a favor, pero aínda así non se achegaron demasiado á meta de Santi Papi. Comezaría a desequilibrar o marcador Adrián, a falta de dous minutos para o intermedio, despois de fusilar nun balón morto á saída dun córner. En vantaxe e con vento a favor, sentenciarían os locais durante o segundo acto. Breo erraría un penalti, pero este acabaría en resultado de córner e aí si caería o segundo. Foi o tanto da tarde e un dos golazos do ano, cunha volea desde trinta metros que seguro Conguito tardará moito tempo en esquencrer. Xa case no tempo de prolongación, Pesqui, a pase de Iván Chans, compretaría unha cómoda tarde. O Volantes pagou en exceso ausencias coma Cajulo ou Yanky, o que mermou o seu potencial ofensivo. Sporting Seaia 0-1 Lira Campo: A Pedra Queimada Sporting Seaia: Che, Adrián, Javi, Jorge, Jose, Dimaga, Darío (Anxo m.82), Zala, Chols, Sergio e Ramón Lira: Peipo, Pelexo, Eloy Karocho, Canosa, Manuel Cartamil, Miguel, Costa, Essién, Oli Bermejo, Suso Perico e Kike Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Zala, Jose, Sergio do Seaia; Canosa, Manuel Cartamil e Cheikh do Lira Gol: 0-1 m.17 Costa Con Costa custa menos Parece que non hai partido no que o Lira acade o triunfo sen sufrimento nin sobresaltos. Ante o Sporting Seaia, de novo tivo que tirar dun golazo e de varias intervencións salvadoras do meta Peipo. Chama a atención que os onces iniciais e a lista de convocados fose prácticamente o mesmo nos dous conxuntos, algo chamativo tendo en conta o curso positivo de ambos. Controlou lixeiramente o Seaia de saída, con animosidade aínda que sen profundidade. O Lira, pola súa banda, tivo pegada co espectacular golazo asinado por Costa, nun disparo lonxano inapelable. Habería unha acción ofensiva máis por bando antes do intermedio. Essién marraba baixo paus a mellor dos visitantes, mentres que unha man imposible de Peipo negáballe a igualada aos malpicáns. Mellorou notablemente o Lira na reanudación, sobre todo no que a presencia ofensiva se refire. Ata tres veces estrelaríanse nos paus os roxiños, que tiveron en Kike Paluca ao seu home máis perigoso. Aínda así, Anxo, meta menos habitual que formou como xogador, tivo nos seus pes a igualada, ante seu colosal homólogo Peipo. Nantón 0-1 Ameixenda Campo: Fontiñas Nantón: Guille, Lareu (Budi m.76), Guau, Raúl, Diego, Juan (Kevin m.75), Fabio (Silva m.70), Redondo (Tato m.65), Martín e Iván Ameixenda: Farrapa, Grille, Diego, Bichiño, Susiño (Samuel m.86), Javichu, Camacho, Jesús, Cristian, Bicho e Demetrio (Bruno m.69) Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Jesús, Cristian, Diego do Ameixenda Gol: 0-1 m.58 Diego Anticipo de promoción En forma se ensaio para a promoción de ascenso á Liga da Costa chegou o encontro entre Nantón e Ameixenda, que pola intensidade non defraudou, aínda que non deixara demasiado xogo. Os ceenses acadaron unha desas vitorias de mérito que supoñen, ademais, un forte subidón de moral de cara ao presumible play off. Non invitaba o terreo de xogo de Fontiñas a facer ningunha aposta preciosista, e así o entenderon ambos conxuntos, que optaron polo fútbol directo e tentar sorprender con balóns ás costas das defensas. O resultado, que ningún dos dous porteiros tivera que intervir durante os primeiros corenta e cinco minutos. Tres tentativas máis ou menos claras houbo por parte do Ameixenda e outro infructuoso nos locais. Manteríase a alternancia no dominio durante o acto decisivo, e aí os ceenses estiveron mellor. Diego entrou con forza ao segundo pau para conectar unha volea e asinar o tanto decisivo. A historia pudo ter cambiado se Fabio, tras regatear a Farrapa, non houbese disparo fóra. Os amarelos acabarían sufrindo na recta final polo empuxe do Nantón, que mesmo mandou un balón ao longueiro por medio de Redondo. Camelle 2-0 Castrelo Campo: O Rodeiro Camelle: Adrián, Rodri, Carlos Valiña, Cristian, Rubén, Álvaro, Javi Baña (Sergio m.53), Jose, Mario, Tedín e Canosa Castrelo: Caamaño, Curra, Pichón, Luis, Gus (Chuchi m.62), Maikol, Víctor (Cris m.66), Vicente, Edgar (Carreira m.76) e Steven Árbitro: Boedo Varela (A Coruña). Amonestou a Carlos Valiña do Camelle; Gus e Víctor Lema do Camelle Goles: 1-0 m.7 Jose; 2-0 m.61 Jose Un novo Camelle Empatou en Cee co Ameixenda e acadou un triunfo traballado ante outro equipo nun bo momento como o Castrelo. Parece que o susto do seu porteiro Carlos ten marcado un antes e un despois nun Camelle que xusto cando agoniza a tempada parece estar a atrevesar o seu mellor momento. Non permitía rasear demasiado o campo do Rodeiro e así o entenderon ambos conxuntos, que entraron nun corpo a corpo que lembrou a tempos de fútbol pretérito. Abriría o marcador moi cedo o cadro local, cun bo remate. Reaccinaron lixeiramente os vimianceses, que novamente chocaron coa súa propia falta de remate. No ecuador do segundo acto resolverían os camelláns, despois de varios rebotes. Á contra, e co Castrelo volcado, ben pudo aumentar a conta un equipo ao que se lle fará demasiado cedo o final de curso. Outes B 2-2 Cabana Campo: O Cunchido Outes B: Álex, César, Jose (David Brea m.46), Sergio, Samuel, Pablo, Álex Silva (Joel m.46), Adrián, Kike, Álvaro (Edu m.67) e Paulo (Saúl m.46) Cabana: Víctor, Djamel, Laik, Raúl, Ismael, Álex (Nando m.59), Manolo do Cruceiro, Reigía (Pablo m.68), Miki Pose, Diego (Grille m.80) e Cacha Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Goles: 0-1 m.2 Miki Pose; 0-2 m.29 Diego Varela; 1-2 m.54 César; 2-2 m.60 Samuel Un tropezón inoportunísimo No pudo pasar do empate o Cabana na súa visita a Oues, algo que nunha carreira tan pechado polo play off pode acabar por pesarlle. Os bergantiñáns despaorveitaron unha vantaxe de dous goles, ante un rival que no se estaba a xogar absolutamente nada. Nada máis comezar, Miki Pose abría o marcador tras un bo centro de Reigía. Á media hora parecía chegar a sentencia, tras resolver ben Diego Varela dentro do área. Sen embargo todo pareceu cambiar tralo paso polos vestiarios. Unha impecable falta lateral executada polo Outes meteu ao filial no encontro, e só dez minutos máis tarde, entre o vento e a calidade da execución doutro libre directo, mandaron o balón ao fondo da rede. Reaccionaría o Cabana, pero nin Miki, nin Pablo, nin Cacha nin Nando deron coa tecla.

Comentarios