3ª Galega: Gascoigne, Andone e demáis homenaxes
18:15 21/11/16
Os goles da xornada na Costa chegaron na categoría máis modesta, e serviron para desequilibrar os partidos de Lira e Ameixenda, entre outros; o Muxía non fixo ningún espectacular, pero si media ducia ante o Camelle
O Muxía pasou por enriba do Camelle
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Muxía 6-0 Camelle
Campo: Arliña
Muxía: Santi Papi, Chans, Denis, Munitis, Martinciño, Pereira (Breo m.75), Adrián Alcaina, Conguito (Adrián Negro m.30), Castreje (Currás m.46), Julián e Iván Lagoa (Pesqui m.63)
Camelle: Carlos, Santi, Rodri, Carlos Valiña, Martín (Alejandro m.667), Tedín (Álvaro Canosa m.81), Cristian, Manuel, Jose, Rubén (David m.60) e Álvaro (Javier Baña m.86)
Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Carlos e Carlos Valiña do Camelle
Goles: 1-0 m.15 Conguito; 2-0 m.35 Iván Lagoa; 3-0 m.48 Iván Lagoa, de penalti; 4-0 m.52 Pereira; 5-0 m.72 Pesqui; 6-0 m.80 Chans
A afección do Muxía vaise enganchando a animar en Arliña
Unha paliza imaxinable
A distancia máis ou menos en goles entre o líder e o colista foi o que deixou un duelo que nin a emoción dun derbi tivo, e no que o Muxía foi infinitamente superior ao Camelle. Os da Vila da Barca non forzaron en exceso, e ao descanso só Conguito, cun tiro cruzado, e Iván Lagoa, a pracer tras centro de Castreje, perforaran a meta contraria. A peor nova para o dominador da competición era a lesión do autor do primeiro gol, por un pinchazo no bíceps femoral. O vento en contra da reanudación non supuxo demasiado problema para un Muxia que dominou igualmente, e que acabaría por golear. Iván Lagoa, de penalti, e Pereira, en acción combinativa con cinco compañeiros ao remate, aumentarían a renda. Pecharían o marcador Pesqui e Chans, este cunha gran volea. Non se notou a ausencia de Víctor Alcaina.
E xa parece que está pensando no ano que vén e mesmo pensa en apuntalar a defensa con Miguel Ángel Nadal... A realidade é que o ex xogador manacorí internacional pasou por Muxía, e estivo falando con Álvaro sobre o Fúbol da Costa. De feito, o presi muxián regaloulle a enciclopedia do fútbol costeiro dos 50 anos do Fútbol da Costa.
Miguel Ángel Nadal co presi do Muxía no Resutante Dálvaro
Volantes de Baño 1-2 Cabana
Este era o aspecto do Eleuterio Balayo - Foto: Cabana SD
Campo: Eleuterio Balayo
Volantes de Baño: Javira, Bernardo (Yeray m.74), Mou, Maikel, Tiko, Santi (Yanky m.52), Pardelo, Púgil, Mingos, Samuel e Javi
Cabana: Víctor, Grille, Fernando, Ismael, Manolo do Cruceiro, Reigía, Nando, Miki, Álex, Cristian (Pablo m.87) e Eliseo (Cacha m.84)
Árbitro: Patricio Blanco (A Coruña). Amonestou a Javira do Volantes; Isma do Cabana
Goles: 0-1 m.26 Álex; 0-2 m.36 Miki Pose; 1-2 m.80 Yeray
Unha sorpresa baseada na soliedariedade
Defendeu mellor que nunca o Cabana, que despois de adiantarse nunha primeira metade sorprendente acabou por superar e curtar a xeira ao Volantes de Baño. Non estaba o antigo Miraflores para demasiados luxos na creación do xogo, senón máis ben para tentar eludir os charcos. E precisamente nun charco meteuse o cadro muradán co penalti que deu orixe ao primeiro tanto, convertido por Álex. Aínda sen ter demasiado clara a idea, o cadro laranxa encaixaría o segundo nun disparo lonxano de Miki Pose, e a piques estivo de encontrar tamén premio Isma, cun testarazo. Variou radicalmente o panorama na segunda metade, coa entrada de Yanky e unha maior determinación na búsqueda do gol. Ata tres balóns estrelarían os locais nos paus da meta de Víctor, que esta vez tivo a pizca de sorte que lle faltara en ocasións. Nin o tanto de Yeray, a falta de dez minutos, supuxo un punto de inicio para unha remontada.
Sporting Seaia 0-4 Nantón
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Che, Canario, Jorge Parga, Zala, Josi, Chols, Eme, Vilariño, Pedro, Darío (Albertiño m.55) e Juni (Anxo m.82)
Nantón: Guille, Efe, Guau, Raúl, Diego, Juan (Budi m.85), Fabio (Carlos Vidal m.68), Redondo, Tato (Enmanuel m.51), Martín e Lareu (Eloy m.75)
Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña).
Goles: 0-1 m.6 Tato; 0-2 m.50 Redondo; 0-3 m.53 Fabio; 0-4 m.80 Carlos Vidal
Oitenta e cinco minutos sen historia
Un arranque sorprendente do Seaia, con ata tres oportunidades en cinco minutos, parecía debuxar un panorama moi diferente ao que finalmente resultou a visita do Nantón a Malpica. Pero unha protestada acción de Tato por posible fóra de xogo rachaba o marcador e boa parte das esperanzas dos locais, que empezaron a recular notablemente. Asediaron os cabaneses ata o descanso, pero sen un premio que si chegaría ao pouco da reanudación. Un disparo lonxano de Redondo sentenciaba, mentres que Fabio, tras un rexeite dun tiro do propio Redondo, e o presidente Carlos Vidal, novamente cun centro 'redondeado', pechaban unha tarde á postre máis que prácida.
Lira 1-0 Castrelo
Campo: Portocubelo
Lira: Peipo, Eloy Carocho, Manuel Cartamil, Iván Cerilla, Pelexo, Cheikh, Miguel, Guardiola (Chiru m.63), Suso Patachín, Cibrán (Suso m.58) e Costa
Castrelo: David, Darío, Curra, Sergio (Víctor Lema m.84), Roget, Maikol, Esteban (Edgar m.46), Dani Costa (Félix m.75), Sergio Lema, Iago e Vicente
Árbitro: Gesto Moral (A Coruña).
Gol: 1-0 m.84 Costa
Costa emulou a Gascoigne
Como o famoso gol de Paul Gascoigne contra Escocia no Euro 96, Costa asinou a xogada da tarde, que ademáis resultou decisiva, no enfrontamento entre Lira e Castrelo. Os vimianceses, que xa frearan ao Muxía, volveron amosar a súa solvencia defensiva. Foi un encontro igualadísimo e no que os dous equipos dispuxeron de opcións para levar os tres puntos, aínda que non se decidiría ata o final co tanto de Costa. Controlou, recurtou ao seu rival, tirou un sombreiro e resolveu cun disparo seco e inapelable.
Ameixenda 4-1 Outes B
Campo: San Paio de Refoxos
Ameixenda: Riolo, Pastecas, Samu, Bichiño (Camacho m.70), Adán, Javichu, Borja (Juan m.82), Susiño, Cristian (Pepo m.86), Bicho e Demetrio (Rafa m.73)
Outes B: Álex, César (Saúl m.73), Adrián, Sergi, Samu, Pablo, Cives, Adri (Adan m.62), Kike (Paulo m.62), Álvaro e Josiño
Árbitro: Pérez Álvarez (A Coruña)
Goles: 1-0 m.38 Borja; 1-1 m.38 Josiño; 2-1 m.42 Borja; 3-1 m.51 Cristian; 4-1 m.75 Cristian
Tres minutos xeniais e balsa de aceite
Unha primeira metade igualada e na que o filial do Outes foi quen de aguantar e saír á contra deu paso a un acto final moito máis prácido para un Ameixenda que sigue coa súa persecución ao Muxía. O mellor da tarde foron os tres minutos tolos previos ao intermedio. Borja lembrou ao gol de Andone contra o Sevilla para abrir o marcador nunha acción persoal. Foi matador o saque de centro para os ceenses, aínda celebrando o tanto e despistados na zaga, que encaixaron o empate. Así que Borja decidiu que a súa tarde non lla fastidiaba ninguén, e asinou desde 60 metros o gol da tarde. Dous tantos de Cristian na reanudación compretaron un marcador á postre xusto.