Terceira Galega: SuperSeaián

16:07 13/02/17
Transformouse en Súper Guerreiro tal cual Goku un conxunto malpicán que asinou ata dez tantos; na loita polo título aprétanse algo máis as cousas tralo pinchazo do Muxía
O Cabana fixo un bo partido en Lira - Foto: Cabana SD
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Sporting Seaia 10-4 Outes B
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Anxo, Canario, Zala, Javi, Jorge, Dimaga, Adrián, Juni, Chols, Darío e Albertiño
Outes: Álex, Joel, Sergio, Samuel, Pablo Adri, Saúl, Berto, David Bea, Álvro e Edu
Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Albertiño do Seaia; Pablo do Outes B
Goles: 1-0 m.8 Juni; 2-0 m.14 Albertiño; 3-0 m.17 Albertiño; 3-1 m.20 David Brea; 3-2 m.22 Álvaro; 4-2 m.26 Juni; 5-2 m.33 Albertiño; 5-3 m.34 Sergi; 5-4 m.45 David Bea; 6-4 m.48 Darío; 7-4 m.66 Juni; 8-4 m.69 Albertiño; 9-4 m.76 Juni; 10-4 m.87 Zala
Súperseaia contra un mini filial
O resultado máis sorprendente, surrealista, inverosímil e canto de raro se lle poda aplicar o protagonizaron un Seaia no momento máis positivo do curso e un filial do Outes que a veces deixa esta cara negativa. Os malpicáns puderon desfrutar dos seus homes máis determinantes e tanto Juni coma Albertiño fixéronlle unha avaría ao cadro sureño. A primeira metade foi moi compreta por parte dos pupilos de Martuxa, que apostaron sempre por un fútbol combinativo, cunha marcha máis de medio hacia arriba. A relaxación meteu de novo no encontro ao filial. A pesares da ducia de goles en contra, o meta outiense sacou varios balóns que puderon deixar un resultado de escándalo maiúsculo.
Muxía 2-3 Nantón
Houbo pouco ambiente esta vez en Arliña - Foto: CF Muxía
Campo: Arliña
Muxía: Santi Papi, Chans, Breo, Munitis, Martinciño, Maikel, Adrián Alcaina, Conguito, Iván Lagoa, Víctor Alcaina (Julián m.75) e Dani Picallo
Nantón: Guille, Fabián, Pablo, Raúl, Diego Bello, Carlos Vidal, Fabio (Iván m.40), Redondo (Tato m.83), Lareu (Eloy m.68), Martín e Touriñán (Kevin m.77)
Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña). Amonestou a Maikel, Iván Laboa e Breo do Muxía; Touriñán, Fabio e Pablo do Nantón
Goles: 1-0 m.3 Conguito; 1-1 m.17 Raúl; 2-1 m.25 Dani Picallo; 2-2 m.46 Redondo; 2-3 m.88 Tato
Sorpresón 2.0
O Nantón, que xa freara ao líder Muxía hai uns meses, parece terlle tomada a medida e volveu gañarlle a partida. O conxunto cabanés nadou e guardou a roupa, ante un cadro local que tivo momentos de inspiración. Comezou exhibíndose o Muxía cunha xogada ao primeiro toque que deixou a Conguito diante de Guille. O ex do Corcubión resolveu a gol. Pero non se amedrentaría un dos cadros máis experimentados da liga. O Nantón igualou pouco despois por medio de Raúl. No intercambio de golpes Dani Picallo fixo o segundo para os locais, cunha preciosa vaselina. Foi protestado polos locais un golpe de Touriñán a Maikel que o colexiado resolveu con cartón amarelo para os dous, no que resultou a única acción polémica da tarde. Antes de que se cumprise o primeiro minuto do segundo tempo igualaban de novo os visitantes, que fiarían a súa resistencia ao bo facer de Guille, así como á seriedade defensiva. E co tempo case cumprido a sorpresa volveuse total, co golazo de Tato que lle daba o triunfo aos seus.
Volantes de Baño 4-1 Camelle
Campo: Eleuiterio Balayo
Volantes de Baño: Javira, Mou, Tiko, Yeray (Bernardo m.75), Roi Txokeiro, Santi, Púgil, Edu Conciertos (Yanky m.75), Mingos, Kanote e Cajulo (Juan do Sivil m.80)
Camelle: Carlos, Cristian, Rodri, Manuel, David, Santi, Álvaro, Tedín, Jose, Adrián e Javier
Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Álvaro do Camelle (m.75). Amonestou a Juan do Sivil do Volantes de Baño; Manuel, Santi e Tedín do Camelle
Goles: 0-1 m.27 Adrián; 1-1 m.44 Kanote, de penalti; 2-1 m.62 Kanote; 3-1 m.67 Yanky; 4-1 m.76 Kanote
Kanote foi Kanoute
Tres goles do seu atacante Kanote déronlle o triunfo ao Volantes de Baño sobre o Camelle, un conxunto que segue a pedir a berros que finalice o curso e que só pudo contar con trece futbolistas na súa convocatoria. Foi moi igualada unha primeira metade na que sorprendeu Adrián, que trouxo de cabeza á toda a zaga local e que asinou o primeiro tanto, con marchamo de sorpresa. Resultaría chave a igualada de Kanote, de penalti, no corenta e catro. Cumprida a hora de choque, o segundo do propio Kanote compretou a remontada e acabou co cadro visitante, totalmente entregado unha vez expulsado Álvaro. A acción máis bonita da tarde sería a que deu lugar ao terceiro gol, nunha contra de libro finiquitada por Yanky. A partires de aí todo foi coser e cantar para os muradáns, que miran á última praza de promoción.
Lira 4-1 Cabana
Campo: Lombáns
Lira: Peipo, Pedro de Paky, Cristian (Cartamilciño m.81), Pelexo (Manuel Cartamil m.46), Iván Cerilla, Adrián, Miguel (Cibrán m.88), Cheikh, Oli Bermejo, Suso Perico (Senra m.90) e Kike (Eloy Karocho m.75)
Cabana: Víctor, Raúl, Cabana, Fariña, Isma, Manolo do Cruceiro, Djamel (Grille m.80), Álex (Pablo m.75), Miki Pose (Diego m.66), Reigía e Fernando (Cacha m.60)
Árbitro: Vilariño Hidalgo (A Coruña). Expulsou a Pedro de Paky (m.44) do Lira. Amonestou a Iván Cerilla e Adrián do Lira; Cabana do Cabana
Goles: 0-1 m.2 Álex, de penalti; 1-1 m.31 Oli Bermejo; 2-1 m.36 Cheikh; 3-1 m.56 Kike; 4-1 m.86 Suso Perico
Peipo e a clase
Retornou o Lira á senda dun triunfo nun encontro marcado pola espectacular actuación do meta Peipo, así como pola clase local á hora de resolver. Moi cedo adiantouse o Cabana, nun penalti cometido sobre Álex e convertido por el mesmo. Igualaría á media hora Oli Bermejo, tamén desde os once metros, e culminaría a remontada Cheikh, ao aproveitar varios rexeites no área. Compricaríalle a tarde aos seus a expulsión de Pedro de Paky, tras unha dura entrada sobre Miki Pose. A superioridade numérica permitiulle ao Cabana xerar un bo número de oportunidades. Fernando, Reigía e Miki Pose comprobaban a excelente tarde de Peipo, que parou todo canto lle chegou. Por contra, nunha falta lonxana só apta para golpeos magnánimos, Kike debutou como goleador cunha obra de arte. Xa cos cabaneses volcadas Suso Perico fixo o cuarto á contra, nun choque no que os lirachos recuperaron as sensacións e no que o Cabana quedou en parte con cara de incredulidade.
Ameixenda 2-2 Castrelo
Campo: San Paio de Refoxos
Ameixenda: Farrapa, Pastekas (Bichiño m.46), Samuel, Grille, Susiño, Javichu (Mario m.46), Borja, Rafa (Camacho m.80), Cristian, Bicho e Demetrio
Castrelo: Carreira, Curra, Darío, Luis, Pichón, Mateo (Roi m.66), Martín, Maikol (Chuchi m.85), Vicente (Cris m.85), Edgar (Costa m.63) e Steven
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Bicho, Mario e Demetrio do Ameixenda; Maikol e David do Castrelo
Goles: 0-1 m.14 Mateo; 0-2 m.18 Mateo; 1-2 m.71 Cristian; 2-2 m.83 Demetrio
Aínda así, recurtou
O pinchazo do Muxía era a gran oportunidade para que o Ameixenda aumentase a dimensión da súa esperanza de título, pero non pudo pasar do empate ante un Castrelo que sorprendeu e moito na primeira metade e que a piques estivo de levar os tres puntos. Sería un ceense e ex do Ameixenda o encargado de poñer todo moi costa arriba para os de Pato. Mateo, canteirán do Unión, firmou os dous primeiros tantos nun disparo lonxano e nun man a man que sorprenderon de inicio, coma a película do choque. Moito máis metido, con intensidade e boas maneiras o conxunto vimiancés dominou sen demasiados problemas. Farrapa evitou que ao descanso a ferida fose maior, e o mellor que podía pedir o seu equipo era un descanso. Variou notablemente o panorama a partires da hora de xogo, e sobre todo a raíz do tanto de Cristian, que aproveitou un pase entre a defensa para chamar a ofensiva total. Só se xogaba no campo visitante, cun gran número de rexeites, e nun deles Demetrio conectou unha fantástica volea para igualar. Habería unha clara por equipo de aí ao final, e moito sufrimento por parte visitante para aguantar o resultado.


