Todos os equipos masculinos do volei costeiro á Fase Final do Campionato Galego

15:57 27/03/16
Éxito total dos equipos masculinos ó clasificarse todos eles para as súas respectivas fases fináis dos Campionatos Galegos. Xornada perfecta a da familia do volei costeiro cun pleno de victorias en tódolos partidos disputados, tanto na categoría masculina como feminina.
Abrían a xornada o sábado as 11:00 as cadetes do Volei Dumbría e impoñíanse na casa ó C.V. Dorrón de San Xenxo cun marcador de 3-1 (25-23, 25-8, 23-25 e 25-14). Gran partido o que fixeron as rapazas de Gurutz Larrañaga xa que pese a contar con numerosas baixas foron capaces de levarse a victoria e asegurarse case que de maneira matemática a permanencia nesta segunda división autonómca.
A esa mesma hora o equipo infantil masculino do Manuela Rial Mouzo xogaba en Boiro contra o equipo local e lograba a victoria por 0-3 (16-25, 18-25 e 14-25). Deste xeito os rapaces de Luis Alberto Fernández lograban a clasificación para a fase final do Campionato Galego, xa que a falta dun partido para rematar a 2ª fase da 1ª liga autonómica contan todos os seus partidos por victorias e xa de maneira matemática será un dos catro participantes no Campionato Galego.
As 19:00 sería o turno do equipo xuvenil masculino do Volei Dumbría, que xogaría en Oleiros contra o equipo de As Mariñas. Os rapaces dirixidos por Juan Carlos Suárez e Luis Alberto Fernández conseguirían unha importante victoria por 0-3 (27-29, 12-25 e 15-25). Con este resulutado asegúranse unha das 4 prazas da fase final do Campionato Galego e a falta dun último partido, a disputar o próximo día 9 de abril contra Calasancias de A Coruña, teñen na súa man o facelo en primeira posición se conseguen vencer dito encontro.
O domingo sería o turno do equipo cadete masculino do Volei Dumbría que se desprazaba ata Lugo para enfrontarse a partir das 13:00 ó equipo local do Emevé. Unha victoria do equipo dumbriés os clasificaba para a fase final do Campionato Galego, e os rapaces dirixidos por Luis Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga lograrían o obxetivo cun resultado de 1-3 (19-25,25-23, 16-25 e 15-25). Este venres día 25 as 11:30 xogarán o último encontro desta 2ª fase ante As Mariñas de Oleiros, nas instalacións deportivas de O Conco en Dumbría.
Desta maneira o clube Voleibol Dumbría logra clasificar os seus 4 equipos masculinos para os Campionatos Galegos, xa que o equipo senior xa tiñan a súa clasificación conseguida de antemán. Este feirto convirte ó Volei Dumbría no único clube galego que consegue clasificar a todos os seus equipos para a fase final do Campionato Galego.
Crónicas da tempada
- Pleno de vitorias no comezo da segunda fase para a familia do volei costeiro.
- Unha maratoniana xornada con sabor doce para a familia do Volei Dumbría.
- Fin de semana de volei “internacional” no Conco.
- 3 costeiros concéntranse no Conco ca Selección Galega de Volei.
- As cadetes do Volei Dumbría tamén saben remontar.
- Os e as cadetes sacan do Volei Dumbría sacan as castañas do lume.
- Volei Dumbría: Os mozos ao poder.
- Máis derrotas que vitorias neste comezo de ano para a familia do Volei Dumbría.
- Case pleno para a familia do Volei Dumbría.
- As cadetes do Volei Dumbría collen carreira.
- Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei.
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.