Martes. 05.11.2024
El tiempo

Toni Trillo colga as luvas por todo o alto

Toni Trillo colga as luvas por todo o alto
Toni Trillo -Gerca 2016 Toni Trillo cos seus patrocinadores

Volvía á competición este mes de marzo, e cando este piloto dumbriés sae ao circuito, vai polo título. Así, Toni Trillo afronta a súa última carreira do Campionato Ibérico de Portugal esta fin de semana. E vai líder!

Por iso temos que facerlle unha boa reportaxe para enviarlle os nosos mellores desexos, porque necesita a vitoria para asegurar o título desta competición que comparte España e Portugal, da que ademais, xa foi gañador
Ademais, a proba é puntuable para o Campionato de Castilla y León, no que tamén vai líder pero a falta de 3 carreiras.

Serán estas 4 carreiras moi especiais, pois serán as da súa despedida do mundo das carreiras. Seguirá montando no seu querido quad, pero cos amigos. Deixa a competición para centrarse na familia e noutras pequenas afección.

Longo palmarés

Dende 2006 leva competindo este dumbriés. Detrás deixa moitos recordos, moitos amigos, moitas lesións, moitas anécdotas… e cun currículum bastante completo:

  • Campión Galego de Resistencia.
  • Campión Galego de Quadcross.
  • Subcampión Nacinal de Raid Copa Burn.
  • Subcampión da europeam Baja iraty Francia.
  • Campión do Campionato Ibérico Oftrack.
  • Subcampión Castilla León.

Agradecementos

Ante todo, Toni ten que agradecer os que fixeron posible a súa participación nestas competicións. Sen o apoio de Kupü, RMotor, Aluminios Dumbría, Maxxis, Clínica A Xunqueira, Gerca ou Holeshot, entre outros, non sería posible. Caso aparte merecen amigos e familiares, que tanto o teñen apoiado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios