Un par de padexeiros costeiros na Copa internacional dos Pirineus

Jorge Quintáns, padexeiro do club de augas bravas Sen Siras, participou esta fin de semana na súa primeira proba internacional, a Copa Pirineus, que se celebra a cabalo entre Francia e España.
Tamén estaba Iago Canosa, do CDM Piragüismo Dumbría, pero polo de agora, a competición en categoría absoluta está moi cara, e aínda que fixo algunha manga boa, a prioridade é pasalo ben e aprender.

Pola súa banda, Quintáns disfrutou dunha fin de semana completa. E o fixo gracias á que o técnico do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Ekhi Díez, se puxo en contacto cos adestradores de Jorge para proporlle que asistese con eles a esta competición, xa que é un dos padexeiros con máis proxección de futuro, tanto a nivel autonómico como a nivel nacional, como quedou patente o pasado ano cos dous segundos postos e unha victoria na copas de España.

Un dos principais problemas cos que se atopan os piragüistas de slalom galegos é a falta de unha canle artificial de augas bravas, polo que esta proba e un escenario excelente para que Jorge colla experiencia, aprendendo de campións olímpicos da talla do francés Tony Estanguet ou o eslovaco Michal Martikan que tamén se atopan remando na Copa Pirineus.

Dende o club Sen Siras cóntannos que durante todo o mes de xullo volverán a desprazarse a localidade francesa de Pau para seguir adestrando na canle, poñendo as miras no futuro e que Jorge dentro de un par de anos se atope entre os favoritos para asistir aos mundiais junior.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte