Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os dumbrieses, entre as mellores promesas de España

Os dumbrieses, entre as mellores promesas de España
Jorge Quintans foi segundo

Catro medallas, tres de plata e unha de bronce é balance dos palistas dumbrieses nos Campeonatos de España de Jovenes promesas de Slalom, e dos Campeonatos de España por Autonomías celebrados na vila oscense de Fraga este fin de semana.

Jorge Quintáns, que viña de triunfar na última proba da Copa de España, non foi o único que inquedou ó máximo favoríto, Nico Etxaniz, do Cadí, gran dominador destes campeonatos, e de premio optivo unha merecidísima medalla de plata que o acredita coma Subcampeón de España na categoría infantil de primeiro ano.

Lorena Costa fixo unha competición de menos a máis, posto que acusou muito os nervos na súa primeira manga. Mesmo así logrou un meritorísimo 5º posto que a reafirma na súa bóa progresión nos últimos tempos.
Tomás Quintáns competiu moi ben, pero sempre lonxe dos tempos dos mellores, rematando no posto 20º.

Coa Selección Galega

Laura Canosa coa Seleccion Galega de Piraguismo

Pola tarde se celebrou a competición por equipos autonómicos. Lorena Costa formaba equipo representando a Galicia con Ainhoa Lameiro do Penedo de Tui e Sara Bugarín do Club Tea. Lograron sendas medallas, unha de Plata en canoa, por detrás da selección catalana, e outra de bronce en K1 por detrás dos equipos de Cataluña e Aragón.
Pola súa parte, Jorge Quintáns formaba equipo nesta Selección Galega xunto con Emilio Avión do Club Tea de Mondaríz, e Migui Oliveros do Penedo de Tui, obtendo o bronce nas canoas por detras de vascos e cataláns, e o cuarto posto nos kayaks.

Cos peques

Ademáis, o técnico do CDM Piragüismo Dumbría, Quique Portela acudíu con dous palistas alevíns para que exerceran a labor de abridores, Marcos Cancela e Fran Romar, que realizaron unha fantástica labor de de aprendizaxe con vistas ó vindeiro ano no que debutarán en copa de España.

Última proba

Agora so queda por disputarse o Campeonato Galego de Slalom nas categorías absolutas, proba que terá lugar este fin de semán na vila pontevedresa de Arbo, nun tramo fronteirizo río Miño.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios