Luns. 29.04.2024
El tiempo

Iago Canosa queda a poucos segundos da Selección Española de Piragüismo

Iago Canosa queda a poucos segundos da Selección Española de Piragüismo
O de Dumbria Iago Canosa as portas da Seleccion Espanola de Piraguismo Iago Canosa no circuito de Pau

Non puido ser, e finalmente Iago Canosa non estará entre os tres deportistas que representarán a España nos Campionatos do Mundo de Slalom Sub18 que se celebrarán o mes de abril en Brasil. O de Dumbría tivo opcións ata a última manga dos selectivos que se celebraron este fin de semán no Estadio de Augas Bravas de Pau, en Francia, un dos percursos máis complicados do mundo.

Os selectivos se celebraron en dúas fines de semana. A pasada, na canle do Parque Olímpico de La Seu de Urgell, Iago metía un pé na selección, pero non saía coa súa plaza todo o encamiñada como el mesmo esperaba. Isto lle levou a xogarse a plaza en Pau, un percurso que non era moi do agrado do palista dumbriés, feito que o mellor influíu no seu desempeño do sábado, onde rendiu por debaixo das súas posibilidades, e se quedara cunhas opcións bastante remotas de clasificación.

Pero todo isto cambiou na baixada da xornada do domingo, onde estaban programadas outras dúas mangas. Na primeira o palista do CDM Piragüismo Dumbría firmou un excelente 2º posto, que sumado á debacle entre os palistas que ocupaban as primeiras plazas o volveu non só a meter na loita polas prazas de internacionais, se non a prácticamente depender de novo de si mesmo.

Gañando a manga tiña un 90% de posibilidades de viaxar a Brasil. Pero ese billete voou na porta 6, onde entrou moi corto e se viu na obriga de repetir a manobra de entrada na porta, ademais dunha penalización de dous segundos. Uns segundos que o final foron decisivos, posto que a pesar de gañarlle aos seus rivais directos pola plaza, o deixou a un só punto do billete ós mundiais.

”Non se acaba aquí o mundo, nin as posibilidades de que Iago debute este ano no equipo nacional”, saben por Dumbría, posto que hai uns campionatos de Europa este verán en Polonia. Iago madurou moito nestes selectivos coma deportista, e a bó seguro que vai dar moita guerra no que queda de tempada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios