Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dumbría estrou en Portugal a temporada de piragüismo

Dumbría estrou en Portugal a temporada de piragüismo
Kiara Martínez, do CDM Piragüismo Dumbría,  competindo en Covas Xa está en marcha a temporada de piragüismo. Deste xeito, os dous equipos costeiros xa están en plena competición. O CDM Piragüismo Dumbría e o tamén dumbriés Augas bravas sen siras alá foron a augas portuguesas para estrear a Copa Ibérica de Slalom que, como vén sendo habitual inaugurou o calendario oficial de piraguismo, coa disputa na vila portuguesa de Covas da Copa Ibercia de Slalom.. O cadro do Augas bravas sen siras non conseguía puntuar pois non conseguiron ter os papeis do club en tempo, pero participaron de igual xeito para ir collendo ritmo. Un club que ademais tiña cousas que celebrar pois o seu padexeiro Aaron Rey é o novo responsable de Aguas Bravas da Federación Galega de Piragüismo dende comezos de ano. Aaron Rey do Augas bravas sen siras en Portugal e o novo responsable da Federacion

CDM Piragüismo Dumbría

O CDM Piragüismo Dumbría acudíu con catro deportistas, que ainda rendido a un bó nivel, pideron sacar máis proveito da competición portuguesa. Catro foro nos finalistas dumbrieses, pero so as dúas rapazas pisaron podium: Kiara Martinez estase recuperando da súa saida do CGTD e dun periodo de inactividade a causa dunha apendicitis, e que mellor maneira que cun triunfo na categoría cadete. Ainda lle queda muito camiño por andar para estar ó seu nivel, pero nunha estivo fora dos tempos de referencia. Estamos convencidos de que a súa progresión vaiser moi interesante este ano. Pola súa banda Lorena Costa quedou no segundo chanzo do podium na categoría Infantil femenina por apenas dous segundos de tempo, e tras regalar ela misma a competición. Quizais os nervos, quizais a falta de concentración lle levaron a cometer dous erros na manga final que o final costaron o triunfo na proba portuguesa. En canto os rapaces, Marco Oreiro fixo unha excelente competición na que nunhas mangas moi serias e cun excelente ritmo estivo disputando as medallas entre as canoas senior, e pouco lle faltou para lograr o seu obxectivo. En canto a Marcos Cancela, este rapaz vai dar muito que falar esta tempada. Na súa primeira competición coma infantil sufriu unha penalización de 50 seg, quizais demasiado rigurosa, que o privou da victoria, pero que a pesar dela logrou clasificarse no cuarto posto, e o mellor de todo: cuns tempos que deixaron a máis de un sorprendído do seu ritmo. Pasou muitos nervos pola inexperiencia, e deixou ainda a sensación de que pode ir moito máis rapido. O equipo toma a temporada con calma, pero con ilusión e optimismo no clun municipal.

O clube de piragüismo Sen Siras da os seus primeiros pasos en Portugal

Un padexeiro do Sen siras A pasada fin de semana o novo clube de piragüismo da Costa da Morte estreábase en Covas (Portugal) na primeira copa galega da tempada e con prometedores resultados. Antes de nada, hai que aclarar que os padexeiros da Costa non poideron competir en plenas condicións debido a que uns atrasos co papeleo na Xunta fixeron que estes non poideran inscribirse a tempo nas súas respectivas categorías, pero si competir como abridores, é decir, para inaugurar cada manga e sen puntuar. Aínda así algún dos Sen Siras acudiron a esta proba con gran entusiasmo e prometedores resultados, encabezando os catro primeiros postos de esta categoría extra. Comezando polas categorías inferiores, acudiron a esta proba Jorge Quintáns e Francisco Romar, que no caso de puntuar acadarían o primeiro posto (Jorge Quintáns) e cuarto posto (Francisco Romar) na categoría infantil, que foi de menos a máis realizando unha segunda manga moi boa, relegando así o dumbriés Marcos Cancela que pasaría dun cuarto a un sexto posto. De feito o tempo de Jorge colocaríao de primeiro galego incluso na categoria superior a súa, en cadete. Xa na temporada pasada fixo podium en tódalas competicións nacionais chegando a gañar a celebrada na localidade catalana de Sort. Na categoría xuvenil o padexeiro Javier Trigo desenvolveuse con dificultade polo circuito, polo que non conseguiu un moi bo tempo , polo que acadaría un sexto posto na proba e un primeiro posto entre os galegos debido a falta dos tres padexairos tecnificados no CGTD. E para rematar o senior Aaron Rey acadaría un décimo posto na proba e un segundo dos galegos , a participación como abridor impediulle realizar as mangas con normalidade posto que diante súa nas dúas ocasións saía unha nena pequena a que tibo que doblar, polo que perdeu uns segundos que neste tipo de probas son moi valiosos. Tamén cabe destacar a presenza de Aaron Rey no papel de vicepresidente da federación galega de piragüismo responsable de augas bravas, cargo que acadou esta tempada O resto de padexeiros que podían participar a esta proba non poideron acudir por diferentes motivos, como Antía Loira por motivos laboráis e Tomás Quintáns por una recente lesión da que xa está recuperado pero pola que non se poido preparar para a proba. A próxima proba a que acudirá o novo clube da Costa será a primeira copa de España o 28 de febrero en La Seu D´Urgell (Lleida) a que nun principio só acudirán Jorge Quintáns e Javier Trigo.

Novas relacionadas

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios