sábado. 22.03.2025
El tiempo

Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra

Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
Mon Franco e Jose Soneira do Club Cabo Tourinan Mon Franco e Jose Soneira, do Club Cabo Touriñán, na Pobra

Ata a Pobra viaxaron os membros muxiáns e corcubioneses do Club Cabo Touriñán para desputar a 2ª xornada da Liga de Xadrez. E voltaron, con poucos pinchos no bandullo, e cun empatiño a pesar de só comparecer 3 xogadores.

2ª División, Grupo C, xornada 2

  • Resultado: Liceo Pueblense - Cabo Tourñán (1,5 - 1,5)
    - Jacobo Piñeiro - José Soneira 0-1;
    - Manuel Amil – Ramón Franco 1/2-1/2;
    David Cernadas - Santiago Pérez 0-1.
    - José Regueira - Xogador non comparece 1-0.

O Regulamento sanciona ao equipo do xogador que incomparece con -1 pto. Por iso, o cadro costeiro só puido viaxar con 3 membros, polo que ao final, a pesar de gañar dúas partidas e empatar outra, acabou empatando o partido finalmente.

No primer taboleiro José Soneira decidiu sacrificar un alfil na xogada 16, e tras algún erro do rival conseguiu a vitoria No segundo taboleiro Ramón Franco tivo unha partida igualada contra o xogador veterán Manuel Amil e logo de algunhas complicacións firmaronse as taboas. A partida de Santiago Pérez foi a máis incrible de todas xa que Santiago Pérez foi capaz de vencer (tras varios erros do seu rival) unha partida que tiña completamente perdida.

 

Máis información

Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios