Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos
Boa fin de semana para o baloncesto costeiro. Polo Sur, a nota máis destacada é a renovación do convenio entre ACB e Ferroatlántica. Mentres, no deportivo, só as Junior, orgullo costeiro, gañaban.
Ademais, polo norte, outra xornada para enmarcar dos equipos do Basket Xiria e da familia Artai, con nove vitorias e dúas derrotas, semellantes números aos da semana pasada. Cómpre destacar a importantísima vitoria dos junior de Javier Cotelo, segunda consecutiva e como vén sendo norma nos partidos de Cotelo, apurada e emocionante. Destacar tamén a das cadetes, que lles permite liderar o grupo do mesmo xeito que a das infantís, líderes intratables, con catro vitorias, todas por máis de cincuenta puntos. Tamén seguen o ritmo das vitorias os dous equipos alevines, o dos maiores con dúas consecutivas e o dos pequenos, invitos, con tres de tres. Os que non puideron xogar foron os cadetes, que viron como o choque en Ferrol se suspendía polas pingueiras.
ACB-Ferroatlántica
Un ano máis, Ferroatlántica renova a súa colaboración cos equipos infantís do A.C.B. Costa da Morte. O director da Zona Noroeste do Grupo Ferroatlántica, Carlos Oliete, e o presidente de A.C. Baloncesto Costa dá Morte, José María Pais, subscribiron esta mañá un convenio de colaboración a través do cal a compañía renova o seu compromiso cos equipos escolares da agrupación deportiva, a quen apoia desde fai varios anos.
Así, un total de 119 nenos, que forman parte de cinco equipos e dúas escolas respectivamente, beneficiarase deste acordo. Os equipos representan as categorías infantil, alevín, benjamín e pequebasket, tanto masculino como feminino, que desenvolven a súa actividade co nome “Ferroatlántica Baloncesto Base”, ademais das escolas deportivas situadas en Cee e Vimianzo. O club AC Baloncesto Costa dá Morte está presente en toda a comarca e ofrece a posibilidade a todos os nenos e nenas de entre 5 e 13 anos iniciarse no mundo do baloncesto.
Citas de verán
Ademais, o A.C. Baloncesto Costa da Morte, en colaboración con Ferroatlántica, aposta pola continuidade deste proxecto a través do Campus de Verán que se desenvolve nos meses de xullo e agosto, e do Torneo Anual de Minibasquet para os alevines, que se celebra, cada ano, no mes de xuño.
4ª División Sénior Masculina
- Resultado: ADFRO - ACB Costa da Morte (38-29).
- ACB: Deril (4), Manu (7, 1 triple), Lucas, Tinin (1), Criastian (2). Tamén: Pais (8), Sergio (5, 1 triple), Adrián (2), Luciano e Nefri.
- Parciais: 7/5, 8/9, 10/13, 13/2.
Choque ante rival directo do ACB, pois o Adfro estaba un posto por diante. Os ceenses saíron buscando mellorar o xogo coma visitantes e así aconteceu, pois a pesar da derrota veuse un partido moi igualado, cun tanteo moi baixo que dá conta da boa defensa dos dous equipos, que sempre superou aos ataques.
No terceiro cuarto, unha gran defensa fixo que o ACB se metese por diante, pero a presión no último cuarto fixo mella nos ceenses, que protagonizaron demasiadas perdas de balón. O marcador do último cuarto dá conta do resultado final.
2ª División Junior Masculina
- Resultado: Maristas Coruña - C.E. Cume Cee (105-17).
O resultado fala por si só. Nada puideron os ceenses fronte ao líder da categoría, que descendía o ano pasado, cun gran nivel.
2ª División Junior Feminina
- Resultado: COMPAÑIA DE MARIA - ACB COSTA DA MORTE (50-52)
O rogullo do ACB segue gañando. As Junior vencían desta volta ante un rival de entidade, igualado na táboa. As costeiras tiñan o as de Lorena gardado na manga e o sacaron como mellor xogadora, ademais de completar o equipo unha seria defensa e un ataque acertado. Todas aportaron o seu grao de area para levar un partido que non se resolvía ata un último minuto final de infarto.
2ª División Cadete Feminina
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CALASANCIAS (31-55).
As cadetes saíron con despapaxo e buscando as vantaxes que podían ter dende o perímetro. Así empezaron gañando, cun parcial de 8-0, pero só foi un espellismo. Comezou a carburar a maquinaria herculina, un equipo moito máis experimentado, metéronse rápido no choque e no comezo do 3º cuarto sentenciaron marchando no marcador.
Notou a baixa de Lucía, por lesión, o equipo ceense, i é que só María Agulleiro e Carmen conseguen anotar fácil ante equipos con xogadoras de segundo ano.
2ª Infantil Masculino
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - CBM OLEIROS (23-51).
Fermoso partido o disputado en Cee, con dous equipos que xogan moi ben ao baloncesto. Choque intenso, a pesar do marcador, onde os oleirense foron sempre por diante, pero os de Cee nunca tiraron a toalla.
2ª División Sénior Masculino
- Resultado: Carballo a un paso - Basket Eume (48-45).
- CARBALLO A UN PASO: Carballo a un paso 48: Tomé 8, Añón 14, Cristobal, Pereira, Vega 9, Castro 12, Fernandez (baja), García Argüelles (baja) , Gómez 5, Moreira.
Partido con moitas imprecisións en ataque con malas lecturas con balón interior. Pérdidas de balón nos pases de interior a exterior. O balance defensivo dos carballeses foi bastante frouxo en certas etapas do partido, unido a unha baixa concentración do xogo colectivo tanto a nivel defensivo como ofensivo.
O pouco acerto en tiros liberados, permitiu ó Eume disputar o partido ata o final. Pero cómpre destacar o espíritu de traballo en todo momento a pesar da falta de acerto, o que posibilitou a vitoria final.
1ª División Junior Masculino, xornada 5
- Resultado: CB ARTAI - PORRIÑO BBB (59-56).
- Parciais: 16-16, 30-30, 41-41 e 59-56.
- CB ARTAI (16+14+11+18):Carlos 7, Manu 13(1t), Marcos 5(1t), Jorge 16(1t) e Xabi 8(1t) INICIAL Aitor, Dani, Anxo, Pablo Moreira 7(2t), Jaime 3(1t) e Melini.
Segunda vitoria consecutiva para os xogadores de Javier Cotelo nun partido igualadísimo. Basta con ler os parciais dos tres primeiros cuartos para darse conta do igualado que foi o encontro, con empate nos tres primeiros parciais.
Foi un partido para corazóns fortes, polo igualado do marcador, pola intensidade de ambos equipos, pola polémica arbitral e a vitoria quedouse en Carballo, a segunda dos tres partidos igualados que levan os xogadores carballeses (fai tres xornadas perdían de dous puntos en Betanzos).
2ª División Junior Masculino, xornada 6
- Resultado: BÁSQUET CORUÑA - EB XIRIA (33-58).
- CB ARTAI ( 21+12+18+17): Diego (10), Antonio (13), Iván (2), Xoel (15), Mario (4)-cinco inicial-Fran, Alberto (4), Javi (4), Marcos, Juan e Andrés (6).
- Parciais: 8-21; 20-33; 29-51; 33-58.
Partido correspondente á sexta xornada de liga e xogado no pabellón de Riazor. Nova vitoria dos carballeses, a quinta noutros tantos partidos e nuevamente de forma clara. Dominio claro da formación carballesa que saíu moi centrada ao partido, dunha forma moi seria. A defensa dos dez primeiros minutos e o acerto en ataque foi clave para endosar ao rival un parcial de 8 a 21, que deixaba o partido moi ao lado dos de Moreira. Foron os mellores minutos do equipo no que vai de tempada. Despois, pese ao mal segundo cuarto, os carballeses volveron meter a directa no terceiro parcial para deixar sentenciado o partido.
2ª Div. Cadete Feminino, xornada 7
- Resultado: OBRADOIRO - CB ARTAI (42-61).
- Parciais: 15-20 7-9 10-16 e 10-16.
- CB ARTAI: Emi (2), Sara Couto (6), Celia, Sara Nion (2), Lola (26), Nuri (10), Emma (5), Caye (8), Maria (2), Uxi.
1ª Div. Infantil Masculino, xornada 4
- Resultado: CB ARTAI — BOSCO SALESIANOS (59-79).
- Parciais: 14-23 18-11 12-29 e 15-16.
- C.B. ARTAI: Carlitos (9), Edu (11), Manu (15), Rubi, Marco (6), Pablo (2), Iago (2), Javi (4), Julio (2), Pérez (3), Iván (3), Mario (2).
1ª Div. Infantil Feminino, xornada 2
- Resultado: EB XIRIA - CB ARTAI (13-75).
- Parciais: 5 - 16 / 6 – 27 / 0 – 16 / 2 – 16.
- Escola Basket Xiria: Castiñeiras(2), Calviño, Fraga, Torres, Varela, Casal, Pallas, Aldao (9), Vilariño, Oliveira(2) , Casais, Melini.
- CB Artai: Nuria(15), Emma(18), Sabela(12), María(14), Sara, Celia(6), Cayetana(8), Carla(2), Iria.
Novas relacionadas
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.