Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Veteranos: 4 equipos loitando polo título… e polo ascenso

Veteranos: 4 equipos loitando polo título… e polo ascenso
San Lorenzo San Roman Zas e Dumbria pelexan pola Liga de Veteranos da Costa da Morte San Lorenzo, San Rom´sn Zas e Dumbría pelexan pola Liga de Veteranos da Costa

Trala suspensión da pasada xornada pola borrasca Félix, o Comité de Veteranos vé de decidir retrasar unha xornada toda a competición, polo que a Liga termina o 6 de maio. Mantense o parón de Semana Santa, cando só se xogará un partido que foi aprazado no seu día, o Dumbría-Corcoesto que se disputarán o xoves 29 de marzo as 17:00 da tarde no Conco. Xa está todo actualizado en www.futboldacosta.com.

Polo de pronto, quedan 7 xornadas para o remate da Liga, e na 1ª División son 4 os equipos que aínda teñen opcións de loitar polo título: San Lorenzo, San Román, Zas e Dumbría. Os de Verdillo tomaban o liderato hai apenas un par de xornadas aproveitando o descanso do San Román, ao que lle levan un só punto. O Zas é terceiro a 3 puntos do liderado, un equipo que ten a Braulio, máximo goleador co 22 goles e a Quintáns como home destacado no medio campo. E completa o cuarteto de cabeza o Dumbría, a 5 dun San Lorenzo que sufría a súa última derrota precisamente no Conco hai un par de xornadas.

A irregularidade no último mes de San Lorenzo e San Román, e as boas series de Dumbría e Zas (con 5 e 4 vitorias seguidas nas últimas xornadas) dan pé á emoción. Esta fin de semana non hai choques directos e ningún pode fallar ante equipos da zona media-baixa. Pero na vindeira xornada, a 25ª, xa hai un San Román-Dumbría que pode deixar a un defintivamente fóra da loita.
Poucos enfrontamentos directos quedan despois, pero si que haberá máxima tensión, se as cousas seguen así, no san Lorenzo-Zas da penúltima xornada.

4 equipos tamén na 2ª

Hosgran Nanton Fisterra e San Isidro loitan pola 2 Division Veteranos da Costa Hosgran, Nantón, Fisterra e San Isidro loitan pola 2ª División Veteranos da Costa

Na segunda, tamén hai 4 equipos loitando polo ascenso. O Hosgran (cun partido menos que o resto) aproveitou moi ben os últimos tropezos do Fisterra e se colocou líder, con 3 puntos sobre o Nantón, e 4 sobre un Fisterra que a semana pasada volvía á senda da vitoria tras 3 xornadas sengañar. Completa o grupo de cabeza o San Isidro, a 6 puntos, cun par de nomes destacados, o de Manu, segundo porteiro menos batido das Ligas de Veteranos; e o de Gustavo.

En dúas semansa haberá un emocionante Nantón-Fisterra. Ademais, o Hosgran terá dúas finais nas últimas xornadas, contra o San Isidro na xornada 28 e en Fisterra na última.

 

Pichichis

Pichichis das igas de Veteranos da Costa 17-18

Máis información

Fonte

comentarios