Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Veteranos: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan

Veteranos: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan
Buno-San Isidro de Veteranos Imaxe do Buño-San Isidro de Veteranos

Segunda xoranda das Ligas de Veteranos e os equipos van collendo posicións. A máis salientable foi a rotunda vitoria do Club do Mar ante un Porteño que comezaba con moita forza. Os dous equipos, recén ascendidos, demostraron que van estar en zona noble esta campaña. Cos caioneses, Zas e Milagrosa (actual campión de Liga e sempre un candidato a todo) suman 6 puntos, con Soneira (campión da Copa e tamén eterno aspirante) e San Lorenzo por detrás sen perder partido.

Na 2ª División temos tamén trío de cabeza con dúas vitorias en dous partidos. Corcoesto, Cabana e Malpica comezan fortes, con Leiloio e Baio por detrás.

Buño - San Isidro (0-3)

Buno de Veteranos O Buño de Veteranos

Esta semana cómpre destacar a vitoria do San Isidro no campo de Xaviña. Os goles de Marcos (no minuto 9 da primeira parte), José Suarez (min.20) e o camariñán Manuel Tedin (min.70) sentenciaron o partido. Un partido que comezaba media hora máis tarde debido ao erro do Delegado do San Isidro ao informarlle aos seus xogadores que o partido daría inicio ás 11 horas. De mutuo acordo entre os dous delegados cortáronse os tempos de xogo en 5 minutos para así non atrasar o partido que se ía a disputar a continuación, o Club do Mar-Porteño.

 

Leiloio - Baio (0-0)

Leiloio de Veteranos Leiloio de Veteranos

No tapete do Campo da Feira Nova de Leiloio debutaba o Baio ante o Leiloio. Gran partido o que se viu a pesar de que remataba sen goles. O Baio nos primeiros minutos contou con ocasións de gol, como un tiro forte desde fóra do área de Sousa que o porteiro Jesus Lozano desviou a córner con moitos apuros facendo unha gran parada. O Leioio tamén conto con ocasións para romper a igualada, destacando unha de Víctor Novo que foi fóra por pouco.

Baio de Veteranos Baio de Veteranos Fichaxes do Baio de Veterans As novas Fichaxes do Baio de Veterans  

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información en www.futboldacosta.com

Máis información

Fonte

Comentarios