Venres. 26.04.2024
El tiempo

Volve o fútbol da Costa ao completo

Volve o fútbol da Costa ao completo
Volve o Futbol da Costa Primeira fin de semana de setembro e o fútbol da Costa volve a ser protagonista e nós recolleremos todos os datos en www.futboldacosta.com ademais de traer, coma sempre, todas as crónicas da Pref., 1ª, 2ª e 3 Autonómica ademais das Ligas Xuvenís. Xa o botabamos de menos e chega con forza. Se a semana pasada xa abría a tempada a Preferente, este 1 e 2 de setembro temos xornada completa, á espera io si das categorías cadete e infantil.

Participación

Reiteramos a nosa invitación a colaborar con QPC para poder chegarmos a máis campos cada fin de semana. Esta humilde redacción leva anos facendo das vosas colaboracións o sentido do diario, e a través das vosas fotos, deses correos enviándonos as aliñacións e os datos dos partidos, podemos facer un seguemento moito máis achegado do fútbol da Costa. Xa contamos cunha morea de xogadores, adestradores, siareiros... que nos mandan as fotos dos partidos que van ver, ou que nos envían un correo o domingo cos datos, ou unha mensaxe co resultado. E queremos que cada día sexamos máis os que formemos a familia de QPC Deportes e o Fútbol da Costa. Esperámosvos en [email protected].

Preferente e 1ª

Na Preferente os nosos terán encontros complicados. O Dumbría de Canosa recibirá ao Bertamiráns, mentres que o Soneira de Felipe Candamo espera a un novo Lemos. Pola súa banda o Xallas de Santa Comba de Corredoira terá unha saída verdadeira complicada, no campo doutro aspirante, o Boiro. E comeza unha nova 1ª Autonómica santiaguesa polo que boa parte dos choques serán novos. Este ano contamos con 4 equipos na categoría dos que só un é veterano. Precisamente o Ponteceso enfrontarase ao velo coñecido Unión, e os de Nacho querrán empezar con bo pé. O Camariñas de Pepucho visita o campo do Noia, dura proba para empezar; mentres que o Fisterra de Juan Jesús farán o propio na Pobra do Caramiñal. O Malpica de Baña reciben en Pedra Queimada ao Amio nun choque que servirá para medir a forza dos malpicáns.

As Ligas da Costa

E comeza unha 2ª Autonómica algo estrana e con moito movemento, sobre todo nos banquiños. A tempada abre cun derbi zaense, con Cee e Corme como grandes aspirantes e con 4 equipos muradáns con moitas gañas. Os novos pupilos de Mario no Zas mediranse aos de Félix no Baio, sendas estreas nos banquiños. Tamén se estrearán os Couso en Mazaricos e Manolo Lago no Muros; ou Víctor Pazos no Castriz e Manolín nun entregado Corcubión. Outro partido será o que enfronte ao Corme de Juan, outro dos fortes, que recibe á Esteirana de Marcelo. E un clásico xa, o Sofán-Dumbría B, coa novidade de Pablo Mallón na SD. O Carnota de Cambeiro estearase ante o novo San Lorenzo de Gueli. No Conchido, o Outes dode sempre, Manu Roque con Tomé de escolta, quen se non, estreará categoría ante todo un Cee, dirixido polo tandem Floreal-Jose Carlos. O Volantes de Juan Rey tamén afronta a súa primeira campaña na 2ª e o fará ante o Buño de Esmorís, outro dos poucos que mantén o seu posto. E dous que volven á Liga da Costa, Montelouro con Canelo no banco, e Cabana, este con Periscal como novidade. No tocante á tamén hai novidades. Parece que Cerqueda, Porteño e Coristanco manteranse, como o ano pasado, na zona alta. Ollo ao renovado Muxía de Papi, e ollo tamén ao novo Baíñas de Pato, que entra con forza e se medirá no inicio ao Soneira B, nun derbi especial para o presi do Baíñas. Haberá que estar pendentes da evolución dos outros dous novos equipos, Ameixenda e Castrelo, que medirán forzas ante o Porteño e o Coristanco nada menos. Polo demais, haberá que ver a evolución do Laxe e do Camelle, que precisamente se enfrontan neste inicio de campaña. O Xaviña afrontará unha nova temporada ante o Independiente; mentres que o Alcaián, veremos se aguanta arriba este ano, fará o propio ante o Lira, toda unha incógnita.

Xuvenís

E atentos ás Ligas Xuvenís estaremos coma sempre. Estas primeiras xornadas non poderemos traer as crónicas completas como as pasadas campañas pero intentaremos, co apoio de todos adestradores e xogadores, poderemos seguir chegando a cada campo.

Preferente, xornada 2

Dumbría -- Bertamiráns
Soneira -- Lemos
Boiro -- Xallas Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 1

Ponteceso -- Unión
Noia -- Camariñas
Puebla -- Fisterra
Malpica -- Amio

2ª Autonómica, xornada 1

Mazaricos -- Muros
Zas -- Baio
Corme -- Esteirana
Sofán -- Dumbría B
Carnota -- San Lorenzo
Outes -- Cee
Castriz -- Corcubión
Volantes -- Buño
Montelouro -- Cabana

3ª Autonómica, xornada 1 (Descansa Nantón)

Corcoesto -- Muxía
Cerqueda -- Fisterra B
Xaviña -- Indep. Carballo
Alcaián -- Lira
Laxe -- Camelle
Coristanco -- Castrelo
Soneira B -- Baíñas
Porteño -- Ameixenda

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 1

Cee 01/09 - 17:00 Mazaricos
Esteirana 01/09 - 17:00 Fisterra
Soneira 01/09 - 17:00 Muros
Dumbría 01/09 - 17:00 Outes
Corcubión 01/09 - 17:00 Xallas Sta Comba

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 1

Zas 01/09 - 17:00 Baio
Coristanco 01/09 - 17:00 Laxe
Malpica 01/09 - 17:00 Corme
Camariñas 01/09 - 17:00 Ponteceso
Muxía 01/09 - 17:00 Cabana

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios