Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xa temos cadro da Copa da Costa 2013

Xa temos cadro da Copa da Costa 2013
Cadro da Copa da Costa 2013

Xa está en QPC o Cadro da Copa da Costa 2013. O Cadro do 50 aniversario desta senlleira competición, que vivía o seu sorteo esta noite de xoves 14 de marzo. Un sorteo, coma sempre, moi ben acollido, e alí estaban respresentandos boa parte dos clubes da zona.

E ben interesante se prantexa o Cadro, cunha previa, a un partido e xa en Semana Santa, con interesantes derbis, como o Carnota-Muros, Esteirana-Volantes ou Sofán-San Lorenzo; ou uns Dezaseisavos cun forte Cee-Dumbría.

Imaxe-do-Sorteo-da-Copa-da-Costa-2013

Detalles do Calendario

Unha Copa 2013 (sen filiais e sen Montelouro) que xa comeza con unha rolda previa a un só partido este xoves santo, 28 de marzo. E tamén a un só partido xogaranse os Desaseisavos, o vindeiro 1 de maio, aínda en plena competición. Ambas roldas xogaranse no campo de menor categoría.

Os Oitavos esperarán ata que rematen as ligas (menos a Preferente) e o farán os 19 e 26 de maio. Os Cuartos quedan para os 2 e 9 de xuño e as Semis para os 16 e 23 do mesmo mes.

O máis positivo deste calendario, e que por primeira vez a final será a un só partido, o 30 de xuño, nun campo a escoller entre os dous finalistas.

A hora oficial dos choques para toda a Copa queda fixada nas 18:00h.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios