Xornada de Sábado antes do parón Navideño

No dia de hoxe daba comezo a Xornada con un interesante partido de Cadetes de División de Honra, onde os de Dumbria desperdiciaron un resultado moi favorable na primeira parte, onde se ian o descanso con 3-0 os 3 goles de Rachón, e no cal acabaron empatando 3-3. Unha xornada onde os de os equipos Costeiros de Preferente e 1ª Autonomica deixaban os seus deberes para a xornada do domingo 22, dia da Loteria de Nadal, a ver se temos algo de sorte e deixa caer algo por estas terras. En Segunda Autonómica tiñamos 3 partidos onde o Sofán sacaba unha importantisima victoria do novo Cubeleiro de Corcubión, tras comezar perdendo por 2-0, segue en racha este Sofán e situase lider con 37 puntos con un partido mais que os seus perseguidores.
O Fisterra impoñiase con claridade e contundencia na casa do Cabana e ponse en 5º lugar con 28 puntos, mentras tanto o Cabana que non está atopando o seu sitio neste momento da tempada e situase antepenúltimo con 11 puntos. Noutro dos partidos adiantado a este sábado o Buño vencía pola minima o Mazaricos que a punto estivo de empatar o partido nos últimos suspiros do encontro. Mentras tanto, na 3ª Autonomica só se adiantaba un partido, no cal o Montelouro sacaba un triunfo importante do campo do Muxia que fai que se situe lider momentaneo a falta da xornada do domingo. En Xuvenís, no Gr3 o Dumbria segue lider sen xogar nesta xornada pero a Esteirana ca súa victoria situase a tan só 2 puntos do lider, mentras o XSC ponse a 4 pero con dous partidos mais cada un deles sobre o lider. O fisterra descolgase un pouco tras o seu empate en vimianzo frente o Soneira e o Lira segue con cero puntos nesta liga. No Gr4 o lider Cabana só podía sacar un punto da súa visita a Ponteceso, mentras o Corme perdía pola minima en Coristanco  e o castriz gañaba pola minima o Muxia. Sorte dispar Na Liga Galega de Infantis o XSC sacaba unha importantisima victoria na sua visita o Val do Ulla e o Dumbría non era capaz de levarse os tres puntos do Conco fronte o Xuventude de Oroso. Na liga Cadete o Muros perdía na casa fronte o Sporting Zas que pasa por riba e situase 2º detrás do Fisterra pero empatando a 18 puntos. Mentras tanto o Cabana ponse 3º trala victoria en Outes. O XSC apreta os postos de cabeza trala súa victoria na casa da Esteirana. En Infantís o Cee lider asestaballe unha contundente victoria o Fisterra no Arasolis, mentras en Alevíns devolvialle o resultado o Cee, pero nesta ocasión os 3 puntos quedaban en Fisterra. Mentras en Benxamíns o lider Outes ganaba con contundencia na casa do Zas, facendo o resultado da xornada e posiblemente o da Tempada. A espera da xornada de mañá asi quedan os resultados desta xornada de Sábado.

Preferente, xornada 18

Xallas StComba 22/12 - 16:00 Bergantiños
Dubra 22/12 - 16:30 Soneira
Dumbría 22/12 - 16:30 Silva

1ª Autonómica, xornada 16

Bertamiráns B 22/12 - 16:00 Malpica
Ponteceso 22/12 - 16:00 Arzúa
Sigüeiro 22/12 - 16:00 Baio
Esteirana 22/12 - 16:15 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 16

Corcubión 2-3 Sofán
Buño 1-0 Mazaricos
Cabana 0-6 Fisterra
Indep. Carballo 22/12 - 16:00 Camelle
Cee 22/12 - 16:00 Porteño
San Lorenzo 22/12 - 16:00 Volantes
Muros 22/12 - 16:00 Outes
Corme 22/12 - 16:00 Carnota
Zas 22/12 - 16:15 Castriz

3ª Autonómica, xornada 9

Laxe 22/12 - 16:00 Cerqueda
Muxía 1-3 Montelouro
Coristanco 22/12 - 16:00 Ameixenda
Corcoesto 22/12 - 16:00 Castrelo
Seaia 22/12 - 16:30 Nantón
Baíñas 22/12 - 17:00 Lira

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 17

Mazaricos 0-4 Xallas StComba
Soneira 1-1 Fisterra
Outes 3-0 Cee
Lira 0-3 Esteirana
  • Descansa Dumbría e Muros.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 17

Baio 5-0 Camariñas
Coristanco 0-1 Corme
Ponteceso 1-1 Cabana
Castriz 2-1 Muxía
Porteño 3-4 Malpica
  • Descansa Laxe.

División de Honra Cadete, xornada 15

Dumbría 3-3 Víctoria

Liga Galega Infantil, xornada 15

Val do Ulla 2-4 Xallas StComba
Dumbría 0-2 Xuventude Oroso

1ª Cadete, xornada 8

Esteirana 2-6 Xallas StComba
Muxía 1-1 Cee
Outes 1-4 Cabana
Muros 1-4 Zas
As Baleas 2-5 Baio
Corcubión 22/12 - 10:30 Fisterra
  • Descansa Coristanco.

1ª Infantil, xornada 16

Corme 5-0* E.M.F. Vimianzo
Fisterra 1-6 Cee
Os Miudos 22/12 - 10:30 Outes
E.M.F. Vimianzo 22/12 - 10:30 Coristanco
Sofán 22/12 - 10:30 Corme
Cabana 22/12 - 10:30 Baio
Muxía 22/12 - 10:30 Esteirana
  • Corme-Vimianzo apradazo da xornada 15.
  • Descansa Ponteceso.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 6

XSC B 1-9 Esteirana
XSC A 5-2 Lira
Fisterra 6-1 Cee
Zas 1-5 Outes
Dumbría 23/12 - 17:30 Os Miúdos B
  • Descansa Miúdos A.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 6

XSC B 1-9 Esteirana A
Os Miúdos A 3-2 Esteirana B
XSC A 3-2 Lira
Fisterra 4-3 Cee
Zas 0-29 Outes
Dumbría 23/12 - 16:30 Os Miúdos B

Ligas de Veteranos, xornada 15

1ª División

Zas 22/12 - 11:00 Cabana
Soneira 22/12 - 11:00 Coristanco
San Román 22/12 - 11:00 Dumbría
Bergantiños 22/12 - 11:00 Castriz
Ponteceso 22/12 - 11:00 Laxe
Nantón 22/12 - 11:00 Bértoa
San Lorenzo 22/12 - 11:00 Camariñas Vet
Baio 22/12 - 11:00 Muros

2ª División

Sofán 22/12 - 11:00 At. Milagrosa
Camelle 22/12 - 11:00 Erbecedo
Vimianzo 22/12 - 11:00 Porteño
Dep. Carballo 22/12 - 11:00 Agualada
Buño 22/12 - 11:00 Corcoesto
Cerqueda 22/12 - 11:00 Leiloio
  • Descansa Malpica e Poniente.

Liga Intermunicipios, xornada 12

Cances 22/12 - 16:00 Xornes
Valenza 22/12 - 16:00 Rus
Laxe 22/12 - 16:00 Baldaio
Peña Galicia 22/12 - 16:00 Cereo
Sp. Brea 22/12 - 16:00 A Piña
  • Descansa Sp. Seaia.
  • Xuvenís: Escapan os 3 de arriba.
  • Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).