Xuvenil Norte: Máis apretada que nunca a loita pola 4ª praza
Segue a loita pola 3ª e 4ª praza sendo o meirande atractivo da Liga Sur e da Liga Norte. Por arriba non cede o Malpica que esta fin de semana derrotaba, a arreóns, ao Cabana. Por detrás segue o Dumbría B, que sufría, e de que xeito, para superar a este Zas tan irregular como sorprendente.
Apretada queda a zona seguinte na loita pola 3ª e 4ª praza, e que se disputan Camariñas, Baio e Ponteceso. O Camariñas segue firme e sumaba doble esta semana, mentres que o Baio, que sufría para superar a un Coristanco fantástico, segue en liña descendente. Pola súa banda o Ponteceso continúa na boa liña e superaba a un Muxía que quedaba sen xogadores no campo.
Coristanco - Baio (2-3)
- CORISTANCO: Nacho, Pichel, Varela, Martínez, Corral (Cristian), Fede, Damián, Dani (Xeixo), Gonzalo, Iván (Manuel), Rubén (Martín).
- BAIO: Guillermo, Pardo (Edgar,min.65), Iago, David (Silvariño, min.75), Lucas (José Manuel, min.46), Fachal, Rafa, Valetín (Marcos, min.60), Bieito, Iván, Martín.
- Goles: 1-0, min.20: Rubén; 1-1, min.40: en propia meta; 2-1, min.80: Gonzalo; 2-2, min.82: Fachal; 2-3, min.93: Silvariño.
- Expulsión: o baiés Iván no min.50 por protestar.
Intenso choque na Rocheira, no que o conxunto coristanqués non tivo sorte e acabou caendo no último minuto. Pero deu guerra o partido de Lorenzo aos de Nacho, malia que o cadro baiés doble en puntos aos locais.
Os locais, que fixeron o mellor partido da temporada tiveron numerosas Gonzalo (ata en 3 ocasións), Fede, Rubén e Dani tiveron boas ocasións diante do meta baiés. O partido ía camiño do empate, pero 10 minutos tolos de ida e volta acabaron con 3 tantos. O Coristanco se puñar por diante, pero de contado empataba o Baio, e remataba a remontada xa co tempo cumplido. Contou cun toque de sorte os baieses pero levan unha serie de partidos dende o encontro contra o Ponteceso cara abaixo.
Camariñas - Corme (4-2)
- CAMARIÑAS: Álvaro; Martín, Bieito Mas, Manuel (Mariño, min.60), Diango; Gatusso, Saviola, Ismael (Martín Camelle, min.70); Nené, José Carlos (Carliños, min.65), Yuyo.
- CORME: Javi, Alejo, Koeman, Alberto, Iván, Sergio, Eloy, Brais, Juanma, Antonio e Isma. Tamén xogaron: Alex, Eloy Castro e Braulio.
- Goles: 1-0, min.20: Yuyo. 1-1, min.25: Antonio de gol olímpico; 2-1, min.35: José Carlos. 3-1, min.40: Saviola;3-2, min.58: Eloy. 4-2, min.70: Yuyo.
Partido sin moita historia donde o Camariñas, sen facer un gran encontro, gañou cómoda e merecidamente a un Corme completamente renovado respecto aos últimos anos e que segue mellorando da man dos seus adestradores Alejo e Pandi. Puideron marcar más os locais por medio de Yuyo, Ismael ou un Nené que o tentou todo o partido sen premio.
Visita Zas a vindeira semana o equipo da Vila do Encaixe coa intención de seguir co bo momento que atravesa e que o fixeron acadar o terceiro posto da táboa. Pola súa banda o Corme recibirá ao Laxe nun encontro de rivalidade entre dous equipos veciños e na zona baixa.
Dumbría B - Zas (4-3)
- DUMBRÍA B: Brais, Yeray (Iago, min.73), Robert, Toja, Andi (Adrián Patera, min.63), Pereira, Dani Picallo, Josiño (Mario, min.46), Adrián Alcaina, Rodrigo (Jesús, min.73), Denís.
- ZAS: Miki, Oscar (Kevin), Josito, Ramón, Oliver, Amado, Rony, Quintáns (Tomás), Pastor, Isma, Víctor, Gonchi, Tívoli.
- Goles: 1-0, min.15: Dani Picallo; 1-1, min.25: Ismael de falta; 2-1, min.30: Denís; 2-2, min.40: Ismael; 3-2, min.65: Rodrigo de penalti; 4-2, min.70: Dani Picallo; 4-3, min.75: Quintáns.
- Expulsión: Amado por parar un gol ca man no min.65 .
Partido disputadísimo que puido gañar calquera e no que a actuación dp colexiado deixou descontentos a uns e a outros. Tras varias alternativas no xogo e no marcador, un arreón dumbriés no ecuador da segunda metade decidiu o encontro. Non se rendiu o Zas de Severino e Quintáns recurto e un fóra de xogo sinalado contra o final evitaba que Ismael marchase só diante do porteiro para poder empatar. 3 puntos para o Dumbría B de Ángel Canosa que segue firme tralo Malpica.
Malpica - Cabana (5-0)
- MALPICA: Jesús, (Ángel, min.79), Javier, (Miguel Ángel, min.59), Jorge, Pereira, Pepis, Joro, (Quintas, min.53), Juny, (M. Maradona, min.49), Eme, (Luísma, min.57), Adra, Camilo.
- CABANA: Sergio Aranzubía, Valiña, Álex García, (Áless, min.29), Ismael, Dani Mato, Pablo, Iván mato, Miki, Rubén Darío, Moreno, Stefan, (Duda).
- Goles: 1-0, min.15: Juny, dende 25 metros tira raso a porta baleira tras un erro do meta cabanés. 2-0, min.38: M. Uruguaio tras un rexeite a tiro de Juny. 3-0, min.42: Camilo só a centro de Juny dende a liña de fondo tras un pase de Adra. 4-0, min.43: Juny a pase de Adra. 5-0, min.50: Camilo tras unha xogada combinada.
Un Malpica arrollador, a refachos, desfíxose do Cabana en apenas 45 minutos. Os malpicáns non tardaron en abrir a lata pero tivo que ser a 5 minutos antes do descanso cando sentenciaron con 3 tantos consecutivos.
Ponteceso - Muxía (7-0)
- PONTECESO: Xurxo, Fabián (Iaguiño, min.46), Guille, Diego (Diego Collazo, min.46), Dani Cotelo min.46), Alberto, Puente, Lorenzo, Jorge (Mendieta, min.46), Joseph (Dani Valle, min.46), Borja.
- Goles: Josehp (2), Jorge (3), Borja, Diego.
Non rematou o choque pois o Muxía, que xa chegou só con 10 a Ponteceso e chegados ao minuto 70, co 7-0 no marcador, os xogadores decidiron abandonar o partido.
Partidos aprazados
Laxe - Camariñas (1-4) - Xornada 16
- CAMARIÑAS: Álvaro; Bieito Mas, Caamaño, Manuel, Juanchi; Diango, Gatusso, Saviola; Martín (Martín cadete, m.70), Carliños (Juan, m.60), Yuyo.
- Goles: 1-0. 1-1, min.30: Saviola, de penalti. 1-2, min.35: Yuyo. 1-3, min.65: Yuyo. 1-4, min.80: Martín cadete.
Mal partido dun Camariñas con numerosas baixas, ante un bo Laxe que deu a cara en todo o momento e puxo as cousas moi difíciles a un dos candidatos a meterse na loita polo ascenso. Comezaron asustando os visitantes, pero un man a man do Yuyo foi ben repostado polo porteiro do Laxe e no rachace o mandaría o balón ao pau. Pouco máis tarde, nun córner, adiantariase o Laxe tras un rexeite. Non tardaría en reaccionar o Camariñas, e primeiro Saviola tras un penalti sobre Yuyo e pouco máis tarde o propio Yuyo dabanlle a volta o resultado co que se chegaría ao tempo de descanso.
Na reanudación, mellorou lixeiramente o cadro azulón e ampliu a conta cun sensacional tiro cruzado de Yuyo e un gol do recén debutante cadete Martín, despois de coller un rexeite a un tiro lonxano de Caamaño. Así, o Camariñas colócase terceiro, mentres que o Laxe continua pechando a táboa pero cun equipo moi noviño que de seguro dará que falar en anos posteriores.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2011/2012.
- Crónicas e Resultados da Liga Xuvenil Sur.
- Crónicas e Resultados da Liga Xuvenil Norte.
Crónicas da semana
- Xuvenil Sur: Fallan os que máis o necesitan.
- 2ª Autonómica: Club do Mar e Fisterra apretan ao líder.
- 1ª Autonómica: Xornada sen sorte arbitral.
- Preferente: O Santa Comba crece e o Soneira mingua.
- 3ª Autonómica: O Cabana campión de inverno.
- Resultados da penúltima xornada do ano.
- Crónicas e resultados dos partidos do día da inmaculada.
Máis novas
- O Barsa de Preferente xoga de laranxa.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- A Copa do Mundo na fin do mundo.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora De la Sierra e o blog do Malpica de Luís E. Porto.