Sábado. 11.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cabana campión de inverno

3ª Autonómica: O Cabana campión de inverno
Non houbo moitas sorpresas nesta xornada da Terceira e todos os da parte alta non fallaron. No partido máis interesante da xornada o Carnota gañoulle ao Cerqueda en tempo de desconto. No resto de encontros os da parte alta solventáronos con goleadas. O Porteño segue a perder puntos, e desta vez foi en Laxe, nos últimos minutos e cun penalti moi protestado polos da Ponte. Destacar que o recurso do Atl. Pereiriña sobre alineación indebida do Independiente foi a diante, polo que os de Carballo perden os tres puntos, pese a gañar 4-2, que pasan aos da Pereiriña.

Atl. Pereiriña - Volantes (2-3)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Javichu, Mateo (Morcillo, min.46), Mario de Brens, Alvaro, Adán, Alex, Rafa (Mario, min.46), Néstor, Poki (Grille, min.85) e Víctor.
  • VOLANTES: Miguel, Juan, Paqui (Benja, min.75), Maikel (Mou, min.75), Josiño, Nimo, Ramón (Pardelo, min.75), Brais, Piti, Seluco e Javi (Edu, min.65)
  • Goles: 0-1, min.20: Brais; 1-1, min.45: Néstor; 1-2, min.55: Seluco; 2-2, min.70: Víctor; 2-3, min.88: Brais.
Partido moi igualado na primeira metade, aínda que a pólvora dos dianteiros visitantes ocasionou que tiveron dúas ocasións moi boas. Brais abriu o marcador ao recibir un pase a trás de Piti. Xusto antes do descanso empataron os locais por medio dun centro-chut de Néstor. Tralo descanso volveron adiantarse os de Baño por medio de Seluco tras unha boa xogada de parede con Piti, volverían empatar os locais por medio de Víctor nunha xogada embarullada tras un córner. O gol final da vitoria visitante sería obra de Brais de cabeza tras un centro de Edu.

Camelle - Independiente (0-3)

  • CAMELLE: Carlos, Cristian (Juan, min.46), Mauri, Carlos de Vido, Adrián (Alberto, min.70), Valiña, Iván, Buri (Sergio, min.46), Mario, Barreiro e Jose.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Rafa (Rubén, min.50), Jonathan (Scot, min.70), Toni (Brais, min.65), Jorge, Dani Rosalia, Roberto Sande, Carlos, Cholo (Moreno, min.55), Juni e Ivi.
  • Goles: 0-1, min.25: Roberto Sande; 0-2, min.33: Juni; 1-2, min.36: Felipe Barreiro; 1-3, min.38: Ivi.
Xusta vitoria do Independiente que vía como esta semana o comité lle sacaba os tres puntos gañados ante o Pereiriña, cousa que parece que motivou aos de Carballo que gañaron con solvencia e puideron marcar algún máis.

Fisterra B - Soneira B (5-2)

  • FISTERRA B: David Perlón, Didier (m.7 Eloy (m.80 Gabi), Pablo, Jorge, Juanjete (m.80 Diego), Eddy, Marco Castreje, Cote, Insua, Pirri (m.65 Carlos), Tano(m.68 Bruno)
  • SONEIRA B: Víctor, Maquitos, Alberto, Héctor (Manu, min.78), Curra, Jemisa, Dani (Chuchi, min.60), Kevin Cadete(Pichón, min.75), Cho, Capote (Cristian de Carantoña, min.70) e Richi.
  • Goles: 1-0, min.13: Cote; 1-1, min.18: Víctor; 1-2, min.50: Richi, de penalti; 2-2, min.62: Tano; 3-2, min.65: Pirri; 4-2, min.78: Cote; 5-2, min.87: Cote.
  • Expulsión: O local Pablo (min.51) con cartón vermello directo por protestar tralo penalti.
O Fisterra B sumou tres importantísimos puntos nun encontro que se lle puxo moi costarriba en varios momentos. Nada mais comezar o encontro Cote aproveitou unha boa xogada para facer o primeiro gol. Pouco durou a alegría no bando Fisterrá xa que o meta Víctor marcou dende a súa porta un golazo aínda que contou coa axuda do meta local. No segundo tempo, Pablo cometeu penalti e na mesma xogada foi expulsado por protestar. Richi conseguiría anotar o penalti. Pero coma ben se sabe o Fisterra e caracterizado pola casta, unha casta que sacou a relucir, e remontou  o partido. Tano fixo o empate e un enrachado Pirri facía o 3-2. Cote nos intres finais sentenciou cun doblete que deixa o Fisterra B sexto ao final da primeira volta.

Cabana - Corcoesto (3-1)

  • CABANA: Añón, Pancho, David (Jacobo, min.60), Marcos, Eloi García, Fernando (Eloi Pereira, min.46), Adrián (Fran Martuxa, min.46), Darío (Sandro, min.65), Josiño, Adrián Santamaría (Diego, min.73) e Nando.
  • CORCOESTO: Siro, Lista, Luís, Germán, Pablo, Longo, Uru (Couto, min.60), Manuel, Javi, Xabi e Miguel.
  • Goles: 1-0, min.13: Nando, de penalti; 2-0, min.55: Fran Martuxa; 2-1, min.70: Miguel, de penalti; 3-1, min.91: Pancho, de falta dende o medio campo.
Tivo que suar e moito o Cabana para desfacerse no derbi do Corcoesto, ao final unha renta excesiva para os de Pablo Mallón que só puideron sentenciar co tempo cumprido. Nando abriu o marcador ao transformar unha pena máxima que reclamaron moito os locais, non pola falta, senón que a xogada viña precedida dun claro fóra de xogo. Ao arrancar a segunda metade Fran Martuxa puxo o segundo gol, pero este non serviu para apaciguar o empuxe dos visitantes, senón todo o contrario, reduciron distancias ao materializar Miguel un penalti, moi dubidoso e logo tiveron algún ocasión para empatar. Co tempo cumprido Pancho lanzaba unha falta dende case o medio do campo que pilla a Siro adiantado e pon o definitivo 3-1.

Muxía - Montelouro (1-5)

  • MUXÍA: Jose Antonio (Cristian Xuvenil, min.79), Carrera, Martinciño, Currás, Pataca, Julián, Raúl, Ziro, Arxires, Albertiño (Felipe, min.73) e Ramón.
  • MONTELOURO: Isma, Pablo (Jose, min.80), Juan, Canelo, Teo, Fernando (Pedro, min.82), Dani (Rico, min.75), Denís, Edu (Pesco, min.60), Raúl e Jaro (Geiko, min.65).
  • Goles: 0-1, min.31: Dani; 1-1, min.45: Ramón; 1-2, min.52: Raúl; 1-3, min.71: Dani; 1-4, min.74: Pesco; 1-5, min.90: Rico.
Cómodo triunfo para o Montelouro que pese a que lle custou abrir o marcador e logo os locais lle empataron a rentes do descanso, en ningún momento perigou a vitoria e gozaron de numerosas ocasións de gol.

Laxe - Porteño (3-3)

  • LAXE: Illote, Jaj, Aaron, Oscar (Rubén, min.65), Jacinto, Adán (Rivera, min.70), Iván Ferreiro, Darío (Darío xuvenil, min.75), Manuel, Zurich e Samuel.
  • PORTEÑO: Asiel, Pejo, Maikol, Yago Carril, Brais, Cousillas (Brais, min.46), Asier, JOrge, Oscar (Varela, min.65), Ismael e Alex (Tajes, min.80).
  • Goles: 1-0, min.8: Zurich; 2-0, min.25: Zurich; 2-1, min.50: Ismael, de falta; 2-2, min.56: Brais; 2-3, min.65: Varela; 3-3, min.80: Zurich, de penalti.
Unha parte para cada equipo e xusto reparto de puntos. Zurich cun hattrik foi o home decisivo para o equipo de Lilo, o primeiro fai todo xogadón dentro da área indose de dous rivais e marcando. O segundo foi tras unha contra na que remata Samuel e o rexeite do porteiro aprovéitao Zurich. Os visitantes no perderon a fé no partido e na segunda metade conseguiron darlle a volta e tiveron ocasións para sentencialo, pero non o fixeron. Ismael cun lanzamento raso por debaixo da barreira, Brais ao materializar unha contra e Varela cun remate de cabeza tras unha xogada moi bonita de Jorge pola liña de fondo puxeron o 2-3. Un penalti moi protestado por unha man involuntaria de Maikol cando quería despexar un balón permitiu que un punto se quedara en Laxe.

Carnota - Cerqueda (3-2)

  • CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Pedro, Manuel, David de Brea, Manuel Luís, Rodrigo (Pumuki, min.80), Jacobo, Joselu (Tono Goyanes, min.70), Casti e Manoliño (Pedro, min.91)
  • CERQUEDA: Fredi, Jorge (Manu, min.55), Javi, Juan, Javi Pazos, Dani, Maikel (Dani Añón, min.83), Lorenzo, Rober, Santi e Alex.
  • Goles: 1-0, min.50: Jacobo; 1-1, min.63: Javi Pazos; 2-1, min.68: Manoliño, de penalti; 2-2, min.73: Alex, de penalti; 3-2, min.95: Pedro.
  • Expulsión: O local Tono da Caixa (min.72) con cartón vermello directo tras provocar o penalti.
Partido moi igualado e no que un empate sería o máis xusto, pero os locais xusto antes do pitido final firmaron o gol da vitoria que os mantén en plena loita polo ascenso e tamén polo título de liga. Tras unha primeira metade de dominio alterno e sen moitas ocasións, na segunda chegaron os goles. O recén fichado Jacobo estalle aportando moita estabilidade defensiva ao equipo de Cambeiro, pero ao mesmo tempo dálle unha alternativa en ataque nas xogadas a balón parado, así chegou o primeiro gol tras un córner. Pouco despois Javi Pazos cun tiro dende a frontal poñía a igualada no marcador. Despois chegaron dous penaltis, un para cada equipos que trasnformarían Manoliño e Alex. Xa en tempo de desconto os problemas para defender as xogadas a balón parado dos visitantes provocaron que nun córner Pedro marcara de cabeza o gol da vitoria.

Xaviña - Outes (0-3)

  • XAVIÑA: Pablo (Lala, min.75), Jallejo (Pisero, min.65), Caamaño, Sergio, Juan Antonio, Adrian, Angel (Peque min. 77), Manu, Juan (Beto, min.60), Bua e Diego.
  • OUTES: Gato, Martín, Debé, Chúa (Lass, min.60), Arturo; David (Pitu, min.65), Saúl (Potro, min.46), Quin (Fabio, min.67), Deivi, Pesco (Lago, min.46) e Fernando.
  • Goles: 0-1, min.15: Quin; 0-2, min.24: Arturo; 0-3, min.35: Deivi.
Cómodo triunfo do Outes que sen facer un gran partido puido acabar cun goleada moito maior ao se favor. Os tres goles na primeira metade fixeron que na segunda os de Manu Roque baixaran a intensidade.

Lira - Alcaián (0-0)

  • LIRA: Angel (Santi, min.62), Edu, Jose Antonio, Pelexo, Miche, Geray, Patachín (Alvaro, min.60), Gabri, Ancho, Abel e Oscar.
  • ALCAIÁN: Portillo, Andres, Luis, Ruben, Souto, Víctor Pazos, Pio, Pichel, David, Roberto e Tote.
  • Lesións: O locais Angel e Patachín.
Dous equipos que non están a pasar por bo momento firmaron un empate sen goles que non lle resolve nada a ningún, pero os saca da senda da derrota. O partido non foi moi vistoso, futbol directo e poucas ocasións de gol. Ambos conxuntos seguen acusando as lesións e andan moi xustos de efectivos.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios