Sábado. 11.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Xornada sen sorte arbitral

1ª Autonómica: Xornada sen sorte arbitral

Claves foron as actuacións arbitrais esta fin de semana para que Cee e Ponteceso non sumaran. En Cee, o cadro de Llanero acababa con 8 xogadores, deixaba escapar ao Noia e segue pechando a táboa, agora xa a 7 puntos do grupo superior, pero só a 3 da salvación.
Pola súa banda, o Ponteceso veía como se lle escapaba un punto no min.94. Queda agora o cadro de Marco con 17 puntos, a 7 do ceenses.

Cee - Flavia (0-2)

  • Cee: Iván, Nico (Penedo, min.55), Luis, Julio, Rafa, Fermín (Llanero, min.68), Piquero (Víctor, min.55), Ángel, Tasky, Diego, Fer.
  • Goles: 0-1. min.60; 0-2, min.88: de penalti.
  • Expulsións: con cartón vermello directo a Diego (min.43); e con doble cartón a Ángel (min 45-88) e Llanero (min 73-90).

Partido estrano no San Pedro de Refoxos, no que o Cee perdía 3 puntos na segunda metade e cando mellor estaba xogando, logo de facer unha mala primeira metade que remataba con empate a 0. Como dicimos, non foi boa a primeira parte dos de Llanero, que saíu a por o partido desde o primeiro minuto xogando con tres defensas. As ocasións máis claras da primeira parte estiveron repartidas, Orosa fallaba diante de Iván mandándolle o balón ás mans e Diego Cespon logo de roubar un balón intentaba marcar de volea e paraba sen problemas o meta padronés.

Coa expulsión, inxusta, con vermella directa a Diego Cespón a falta dun minuto para acabar a primeira metade, o cadro ceense quedaba coxo. Así e todo souberon reaccionar ao temperán gol do Flavia de cabeza ao saque dunha falta. Chegaban os mellores minutos ceenses. Perdoarían en ocasións moi claras Julio, Ángel, Penedo en dúas ocasións, Luís e tamén o propio Llanero, que substituía a Fermín nun claro cambio ofensivo.<(/p>

O Flavia, que se dedicaba aproveitar algunha contra, atopouse cun segurísimo Iván. Xa co partido case acabado, o Cee protestou un par de accións, como unha falta en defensa a Rafa que o árbitro non pitaba, ou a expulsión de Ángel tras un máis que posible penalti sobre el. Xa co 0-2 unha falta sobre Llanero, o árbitro expulsaba tamén ao adestrador xogador ceense e deixaba ao Cee con problemas para a semana que vén.

Noia - Ponteceso (3-2)

  • Ponteceso: Norberto, Dani Pallas, David (Alex Trigo, min.80), Fabián, Nando (Alberto Recarey, min.80), Mendieta, Pablo Vázquez, Gonzalo (Tucho, min.55), Josito (Adrián Porteiro, min.75), Luisete.
  • Goles: 1-0, min.5; 1-1, min.15: Fabián; 2-1, min.20: 2-2, min.55: Pablo Vázquez; 3-2, min.94.
  • Expulsións: Pablo Vázquez no min.75 e un xogador local 4 minutos despois.

Partidazo sen premio do Ponteceso. Os de Marco enfrontábanse ao 4º da clasificación e prantaron cara en todo momento. A primeira metade foi un non parar. Adiantábase pronto o Noia, pero Fabián empataba pronto. Non duraba moito o empate pois o Noia se volvía poñer por diante. Non parou o Ponteceso ata o empate, que chegaba aos 10 minutos da segunda.

Quedaba unha longa segunda metade na que ambos conxuntos case que se conformaban co empate. Pero pasados 4 minutos dos 90 regulamentarios, e nunha máis que posible posición de fóra de xogo, unha contra local mantiña os 3 puntos en Noia.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios