Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Preferente: O Santa Comba crece e o Soneira mingua

Preferente: O Santa Comba crece e o Soneira mingua

Trala vitoria do Santa Comba contra o Grixoa no partido adiantado ao xoves pasado, e que afianza ao cadro laranxa 2º na táboa, a xornada 16 desta Preferente Norte só trouxo unha boa nova para os 3 equipos costeiros. O Dumbría vencía con relativa comodidade ao Santiago e qeuda na metade da táboa a 2 puntos do Xallas. Un Xallas que a piques estivo de dar a campanada en Compostela ante a SD, líder indiscutible da competición, ao que puxo contra as cordas durante máis de 80 minutos.
Pero a peor nova chegou dende a Mariña. O Soneira tiña unha finalísima en Foz, ante un equipo afundido, e que revive trala vitoria ante o cadro soneirán. Quedan agora os de Miguel 3º por abaixo, en postos de descenso, e con só 2 puntos de vantaxe sobre o Foz, e 2 por abaixo de Ribadeo e 3 do Val.

Compostela - Xallas (3-2)

  • Xallas: Cheli, Rubio (Isma, min.87), Dani Becerra, Barreiro, Iván Forján, Ricardo (Adrián Prol, min.67), Brais, Rubén Forján, Luis (Álvaro, min.63), Alexandre (Iván Amor, min.76), Adrián Beiroa.
  • Goles: 0-1, min.20: Adrián Beiroa. 1-1, min.55. 2-1, min.60. 2-2, min.75: Adrián Prol. 3-2, min.82.

Contra as cordas tivo o equipo de Iván Cancela á todopoderosa SD Compostela durante todo o partido. I é que non trouxeron premio de Cerceda por ben pouco pois ata o min.82 o marcador reflectía un empate. E ata se puxo por diante o cadro xalleiro, por medio de Adrián Beiroa. Foi Adrián Prol quen empatou na recta final tras unha hora de xogo de control local, na que os de verde demostraron que este ano están ao mellor nivel da categoría.

Foz - Soneira (2-1)

  • Soneira: Pose, Ferreiro, Manuel (Jorge Vigo, min.80), Modesto (Roi, min.88), Pablo, Santi (Cristian, min.89), Víctor García, Míchel, Brais, Mario Toja (Kike, min.59), Vía.
  • Goles: 0-1, min.30: Brais. 1-1, min.48. 2-1, min.75.

Nin o gol á media hora de Brais permitiu que o Soneira administrase a súa renda e controlase o partido. Un partido que como dicimos era toda unha final, ante un rival ao que podía eliminar da loita e afundilo, pero que revive con estes 3 puntos. Os locais, a base de entrega e moita fe, deron a volta ao marcador nun encontro bronco e sen apenas ocasións. O gol tralo descanso dos locais foi clave para o devir da segunda metade, cun conxunto lucense buscando a vitoria en cadro soneirán que non soubo reaccionar. Vía Rápida, contra o final, tivo o empate pero o longueiro repelíu o seu lanzamento.

Dumbría - Santiago (2-0)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Tantán (Roberto, min.81), Aarón Fdez, Toja (Iván, min.83), Isma, Aarón López, Schuster, Poyo (Toni, min.56), Luis, Eloy (Cacho, min.65), Adrián Mackaay.
  • Goles: 1-0, min.4: Adrián Mackaay. 2-0, min.78: Toni.

Vitoria tranquila, das que gustan en Dumbría. Con saber estar e administrando a súa renda os dumbrieses só sufriron durante os primeiros minutos da segunda metade, na que o Santiago apretou buscando o empate. Pero foi o muradán Toni quen sentenciou o choque contra o final.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios