Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Resultados da penúltima xornada do ano

Resultados da penúltima xornada do ano
Unha xornada máis no fútbol da Costa, a penúltima do ano, que non trae moitas sorpresas, salvo o empate do Camariñas na Segunda Autonómica. En Preferente, o máis negativo foi a derrota do Soneira en Foz que o coloca en postos de descenso tras a vitoria do Ribadeo, non saen os de Vimianzo desa racha negativa que, pese a que queda moita liga, pode ser un lastre para a segunda volta. O Santa Comba gañaballe o xoves, con moitos apuros ao Grixoa, e cos resultados que se deron colocase segundo e posto de ascenso directo. Os seus veciños de Xallas non foron capaces de sacar algo positivo do campo do invicto Compostela. A cara positiva deste domingo en Preferente douna o Dumbría que sen moito ruído colócanse no medio da táboa. En Primeira, seguen sen darnos alegrías os dous representantes da Costa, mentres que o Cee perdía na casa e segue último, o Ponteceso facía o mesmo no difícil campo do Noia, pero veñen con sensacións positivas pois os goles da vitoria local chegaron nos últimos minutos e o terceiro nunha situación moi dubidosa. Na Costa, como xa apuntabamos, a sorpresa foi o empate do líder na casa fronte ao Castriz, comezaron perdendo os de Manolín e conseguiron a igualada no minuto 80 por medio de David, moitas ocasións para os camariñáns pero non puideron sacar máis que un punto. Os de Caion fixeron os deberes o sábado gañando ao San Lorenzo e quedan agora a tres puntos do Camariñas polo que pasan a depender se sí, nunha liga que dominan os dous con moita superioridade, aínda que o Fisterra quere romper esa bipolaridade. Gañou o sábado e segue a espera de que fallen os dous primeiros e suma xa sete vitorias consecutivas. Outro que vén moi calado é o Baio, xa é cuarto, aínda que tivo que suar e moito para dobregar o entramado defensivo do Corcubión, no minuto 84 os de Tono perdía 1-0 e acabaron remontado con goles de Canai e Martín MC por partida dobre. Na Terceira rematou a primeira volta e o Cabana acaba como campión de inverno ao desfacerse con máis apuros dos previstos ao Corcoesto no derbi do Concello. O resto de equipos da parte alta non fallaron. O Outes gañou con comodidade ao Xaviña, o mesmo fixo o Montelouro hoxe en Muxía. O partido máis interesante da xornada foi o Carnota-Cerqueda que acabou coa vitoria local no desconto, aos malpicáns non lle esta acompañando a sorte no tramo final de ano. En xuvenís non houbo sopresas entre os primeiros clasificados, tan so cabe destacar a traballada vitoria do Dumbría B ante o Zas.

Preferente, xornada 16

Dumbría 2-0 Santiago
S.D. Compostela 3-2 Xallas
Foz 1-2 Soneira
Santa Comba 2-0 Grixoa

1ª Autonómica, xornada15

Noia 4-2 Ponteceso
Cee 0-2 Flavia

2ª Autonómica, xornada15

Fisterra 5-3 Zas
Club do Mar 3-0 San Lorenzo
Esteirana 2-2 Dumbría B
Malpica 2-0 Muros
Corme 2-1 Mazaricos
Sofán 3-1 Nantón
Camariñas 1-1 Castriz
Baio 3-1 Corcubión
Buño 2-1 O Pindo

3ª Autonómica, xornada 18

Lira 0-0 Alcaián
Laxe 3-3 Porteño
Xaviña 0-3 Outes
Cabana 3-1 Corcoesto
Fisterra B 5-2 Soneira B
Camelle 1-3 Indep. Carballo
Carnota 3-2 Cerqueda
Muxía 1-5 Montelouro
Atl. Pereiriña 2-3 Volantes

Liga Nacional, xornada 14

Bergantiños 2-1 Colegio Hogar

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 13

Soneira 1-1 Dumbría
Fisterra 5-1 Muros
Santa Comba 2-2 Esteirana
Outes 1-2 Corcubión
Cee 2-1 Mazaricos

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 17

Camariñas 4-2 Corme
Dumbría B 4-3 Zas
Coristanco 2-3 Baio
Malpica 5-0 Cabana
Ponteceso 8-0 Muxía

División Honra Cadete, xornada 14

Bergantiños 3-4 S.de Compostela

2ª Cadete, xornada 15

Muxía 1-10 Malpica
Ponteceso 11-3 Zas
Fisterra 1-7 Camariñas
Esteirana 2-1 Outes
Coristanco 1-4 Cee
Dumbría 7-0 Muros
Porteño 1-6 Cabana
Baio 3-2 Soneira

2ª Infantil, xornada 15

E.M.F. Vimianzo 0-9 Cee
Esteirana 5-2 Corme
Coristanco 9-1 As Baleas
Fisterra 0-3 Dumbría
Cabana 10-1 Baio
Outes 6-1 Muxía
Ponteceso 3-4 E.D. Os Miudos

Liga de Veteranos, xornada 14

1ª División

Bértoa 3-0 Buño
Zas 0-1 Nantón
Ponteceso 1-1 Cabana
San Lorenzo 3-1 Xv. Bergantiños
Corcubión 5-3 Vimianzo
Bergantiños 0-3 Castriz
Baio 2-2 Camariñas

2ª División

Muros 1-2 Agualada
Soneira 6-0 Sofán
Cerqueda 0-2 Leiloio
Club do Mar 3-5 Malpica
Porteño 0-2 Coristanco
Corme 1-0 Dep. Carballo
Corcoesto 2-2 At. Milagrosa

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios