Xuvenís: 4 equipos en loita en cada liga
Quedan tan só 7 xornadas para o final das ligas e 4 equipos loitan, no norte e no sur, polos 3 postos que dan acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. 4 puntos no sur, e 5 puntos no norte, separan aos 4 primeiros equipos, o que dá conta de que a Liga vai estar competida.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 11
Dous enfrontamentos directos houbo esta fin de semana entre os 4 primeiros. E a cousa queda como estaba tras sendos empates. Así, o XSC mantén o liderato por segunda semana, con Fisterra a 1 punto, Dumbría a 2 e Cee a 4.
Por detrás, e xa descolgado, sitúase de novo o Mazaricos, que vencía no Cubaleiro ao Corcubión por 2-4, tras un partido bastante igualado.
Ademais Soneira e Outes empataban a 1, mentres que a Esteirana vencía no derbi muradán por 2-0 e supera ao Muros.
Dumbría - Xallas StComba (2-2)
- DUMBRÍA: Chupi, Roi, Samuel, Cabana, Jose, Lucas, Martín, Israel, Kevin (Dito, min.46), Javi, Samuel Trillo (Rafa, min.76).
- XSC: Iván Couto, Cristian Caamaño, Dani Martínez, Roberto, Alex (Tefy, min.75), Fabián, Diego, Marcos (Josito, min.85), Styven, Jordi (Cristian Torres, min.55), Iván Pastoriza (Miki, min.65).
- Goles: 1-0, min.1: Samuel Trillo remachou un tiro propio que rexeitou; 1-1, min.25: Marcos tras unha gran diagonal a un bo pase de Fabián; 2-1, min.55: Samuel Trillo cun tiro pegado ao pao tras un roubo no medio campo; 2-2, min.80: Fabián de falta directa.
- Expulsión: o capitán xalleiro Dani Martínez á media hora.
Partidazo no Conco entre dous dos favoritos mesmo ao ascenso. Foi un partido de arreóns, no que a cada rato dominaba un.
O partido púñase de contado costa arriba para o XSC cun gol, en fóra de xogo segundo os xalleiros, no primeiro minuto. O cadete Samuel Trillo foi un dos protagonistas do encontro, asinando dous tantos.
O XSC foi respondendo o dominio inicial local pouco a pouco e empatou por medio dunha das figuras da categoría, Marcos, que fixo unha gran diagonal e non fallou o pase de Fabián.
Pero un par de xogadas comflitivas deixaron ao Xallas con 10 por expulsión do capitán Diego Maneiro. Quedaba unha hora de xogo e o Dumbría collía de novo o mando do partido. Foi aos 10 minutos da segunda cando Samuel Trillo anotou o segundo tras un erro defensivo. Pero aí os de Pablo Conde non souberon matar o partido.
Rafa fixo un par de cambios no cadro visitante e foi polo empate. Tefy avisou enviando ao pao e foi Fabián de falta directa o que acadou o empate. COo 2-2, o XSC replegouse e o Dumbría foi arriiba pero non tivo tempo para máis. Iso si, contra o final houbo unha ocasión para cada equipo un remate a un córner polo Dumbría e un unha falta lonxana de Diego Maneiro que pegou no longueiro.
Cee - Fisterra (1-1)
- CEE: Paulo, Jesús, Martín, Aitor (Carlos Leis, min.73), Tonecho, Tebo, Esteban, Nanon (Pablo. min.68), Benlloch (Abraham min 83), Andrés (Cibrán, min.75), Uri.
- FISTERRA: Ángel, Cartamil, Rubén, Antonio, Ángel Cadete, Noe, Hidalgo, Cote, Manute, Bruno, Manu. Tamén: Abel, Josiño, Suarez, Josema.
- Goles: 1-0, min.10: Benlloch; 1-1, min.20: Manu.
Ambientazo no San Paio de Refoxos para ver o derbi entre Cee e Fisterra. E foi un partidazo con dous partidos moi ben prantados.
Comezou o choque cun ritmo fulgurante, e de comezo, un fisterrán abría o marcador, pero para o Cee. Benlloch, tralo se paso polo Corcubión, marcaba para o Cee aos 10 minutos tras un saque de esquina. Pero o Fisterra espertou e empataba de contado cun tanto de Manu de cabeza tras un balón longo por riba de Paulo.
No canto de calmarse, o partido abriuse e as ocasións chegaban nas dúas porterías. Aí estiveron moi ben os Paulo e Ángel para manter as súas porterías. Cote e Benlloch avisaban polos fisterráns, que comezaban a segunda metade moi enchufados. Josiño tivo o gol pero Paulo parou case batido.
Pouco a pouco o Cee ía despertando e o último treito do partido foi de cor azul. Pablo a pase de Uri avisaba pero o partido quedaba empatado sendo os porteiros os grandes protagonistas.
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 101
Segue o Baio inquedando aos 3 de arriba e cada vez se achega máis, tras unha xornada que viña marcada polo choque no máis alto. Un derbi que deixa ao Ponteceso con 3 puntos de vantaxe sobre os malpicáns. Por detrás de ambos segue o Cabana, que se amosaba moi forte en Camariñas con 2 tantos de Cristian Varela e outros tantos de Aless.
O Baio mantense a 1 punto do Cabana e a tan só 5 do liderato. Pero os baieses sufriron para batir a un forte Muxía. Unha vitoria pola minima que custou ademais unha perda importante, pois Silvariño rompía a clavicula e estará un tempo fóra dos terreos de xogo. Os maiores do Baio adicábanlle a vitoria dominical.
Ademais, o Zas superaba ao Laxe con tantos de Óscar e Iago, mentres que o Coristanco facía o propio ante o Corme, nun partido no que as baixas nos maiores do Corme seguen facendo mella nos xuvenís que ata teñen que tirar de infantís. Polos de Roccichioli, O primeiro gol foi de Magovi, os dous seguintes Sergio que saiu lesionado na primeira metade e o ultimo ao final do partido Cristian.
Deixámosvos coa crónica do partido da semana no Grupo Norte.
Malpica - Ponteceso (1-3)
- MALPICA: Jesús, Víctor Novo, Canario (Fenosa, min.77), Lexi, Joro (Guille, min.54), Kevin, Diego, Aitor (Almeida, 5min.4), Martín Maradona, Pitís, Camilo (M. Ángel, min.69).
- PONTECESO: Xurxo, Lorenzo (Valle, min.81), Diego, Cotelo, Eliseo (Joshef, min. 74), Fabián, Borja (Yago Brántuas, min.81), Bieito, Cristian, (Brais, min.46), Alberto Recarey, Iago (Eloy, min.85).
- Goles: 0-1, min.42: Borja tras unha parede con Cristian; 0-2, min.48: Alberto Recarey en xogada persoal; 1-2, min.75: M. Maradona dende fóra da área; 1-3, min.88: Alberto Recarey de penalti cometido sobre el mesmo.
- Lesións: os locais Camilo e Lexi.
- Expulsións: os locais Pitis (min.60) e Lexi (min.90).
Acollía Pedra Queimada o partido da xornada, tan importante que mesmo os clubes aprazaban o choque na 1ª Autonómica para poder contar cos que habitualmente xogan co primeiro equipo. E a afección non defraudou. Preto de 200 persoas enchían as bancadas do campo para ver un choque entre dous equipos que chegaban empatados no máis alto da táboa do Gr.4 de Xuvenís da Costa.
Dous estilos ben diferenciados, cun Malpica verticalmente mortal e un Ponteceso que gusta máis de chegar combinando. E foi o Ponteceso impuxo o seu xogo e foi superior en todo momento, malia que dende Malpica protestaron que a actuación arbitral foi clave.
O que foi clave foi o momento dos dous primeiros goles visitantes, xusto antes e xusto despois do descanso. A partir de aí, e ca expulsión de Piti cando faltaba media hora, o Malpica non puido presentar a batalla esperada. Así e todo tirou de orgullo e recurtou mesmo avisou do empate, pero foi Recarey, de novo, o que finiquitou o partido.
Máis información
Máis información
Crónicas de Xuvenís
- Xornada 10: Apretado no sur e fenda no norte.
- Xornada 9: Xuvenís: Xornada quente.
- Xornada 8: Xuvenís: Rotando o liderato.
- Xornada 7: Xuvenís: O Fisterra fai prevalecer o verde.
- Xornada 6: Xuvenís: Os favoritos seguen situándose.
- Xornada 5: Xuvenís: Empate a 0.
- Xornada 4: Os favoritos toman posicións.
- Xornada 3: O XSC embálase no sur e a igualdade reina no norte.
- Xornada 2: Moita igualdade no comezo da campaña.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Independiente e Camelle apretan ao Porteño.
- 2ª Autonómica: Ata 8 equipos con posibilidades.
- 1ª Autonómica: Un derbi aprazado e pouca renda.
- Preferente: O XSC volve amenazar aos de arriba.
- Resultados da fin de semana no fútbol da Costa.
Artigos deportivos
- Alberto Pose: A armada costeira no Cerceda.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o UC Cee e o Blog do Malpica de Luís E. Porto. .