![O Xalls xuvenil, campión de campións sen coñecer a derrota]()
O Xallas, campión de campións sen coñecer a derrota
![A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook]()
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Tremendo este Xallas Xuvenil que dirixe Dani Calvete. 24 partidos leva este curso, e suma 23 vitorias e 1 empate, con 122 goles a favor e só 16 goles en contra… Menudos números para un equipo verde que xa sentenciaba a semana pasada a súa presencia na Fase de Ascenso á Liga Galega e que esta confirmaba o título de campión dos campións da Costa.
Veremos como se porta na Fase, na que aínda non sabe que compañeiro costeiro terá, despois da vitoria do Ponteceso en Cee.
Tiña o Cee a ocasión de sentenciar o seu pase pero a vitoria dos pontecesáns deixa a porta aberta para eles e para o Cabana. Aínda así, o Cee ten unha importante vantaxe a falta de 2 partidos, con 3 puntos (e o golaveraxe individual despois do 1-3 da ida) sobre o Ponteceso e 4 sobre o Cabana. Cunha vitoria ante o Baio a semana que vén valeríalle aos de Rafa para certificar a súa presencia na Fase.
nbsp;
Xallas - Baio (5-1)
- Xallas: Álex (Ángel), Raúl (Thiago), Cristian (Pablo), Rubén, Xoel (Juanjo), Alberto, Carlos, Rachón, Anxo, Sergio Barbeira e Santi Díaz.
- Baio: Julián, Queiro, Sergio, Jose Antonio, Javier Muíño, Alberto, Brandon, Cristian, Santi Moreira, Luós Eiroa e Anxo. Tamén: Jose Manuel, Michi, Alex F. e Estefan.
- Goles: 1-0, m.2: Sergio Barbeira nun rechace a tiro de Santi; 2-0, m.8: Anxo de xogada persoal; 3-0, m.26: Santi Díaz a centro de Anxo; 3-1, m.55: Santi Moreira; 4-1, m.68: Rachón no segundo pau a centro de Santi; 5-1, m.82: Rachón remacha un barullo na área.
Campión de campións
O Xallas certificou o primeiro posto cunha goleada comoda ante un Baio que non foi capaz de adaptarse o blando céspede de Fontenla, nunha tarde fría, tamén nas bancadas.
Partido con pouca historia no que se impuxeron os locais desde o inicio e á media hora xa mandaban por tres a cero, goles de Sergio Barbeira, Anxo e Santi Díaz. Despois do descanso intentou estirarse o Baio recortando distancias cun gol no rexeite dunha falta. Reacción que non foi tal, xa que o Xallas era dono do balón,e acabou goleando con dous tantos de Rachón, e facendo que o meta Julián se convertise no mellor dos baieses.
Xa na ducha chegaron boas novas dende Cee, onde gañaba o Ponteceso e certificaba o campeonato para os xalleiros.
Montelouro - Cabana (0-4)
- Montelouro: Xacobo, Cristian (Adricc, m.60), Bouzas, Borja, Sergio, Adrián, Xanma, Alexis, Lolo (Joaquín, m.45), Aarón (Bertín, m.75) e Anxo (Javi, m.80).
- Cabana: Diego (Darío), Martín, Pipa (Veiga), Aurelio, Carlos, Ferreiro, Reigía, Julián, David Muíño (Nando), Álex e Pablo.
- Goles: 0-1, m.37: Álex remata de cabeza anticipándose perfectamente a toda a defensa local un medido centro de Reigía; 0-2, m.44: Pablo marca un gol de listo desde 40 metros vendo o porteiro local descolocado; 0-3, m.53: Pablo sentencia o partido tras un bo desmarque e mellor finalización; 0-4, m.88: Pablo completa o seu hat-trick con outro bo gol.
As matemáticas aínda dan esperanzas
Mal partido dos loureáns que non se esforzaron o necesario para afrontar o choque ante un Cabana con aínda esperanzas de meterse na Fase despois de repoñerse dos atrancos sufridos durante o curso.
Foi un partido igualado, no que mandaba xa o Cabana ata que antes do descanso dous tantos dos visitantes deixaban sentenciado o partido e provocaba que os locais baixasen os brazos.
Na segunda parte e a ráiz do terceiro tanto que sentenciaba o partido nós dominamos claramente o partido puidendo incluso marcar algún gol máis.
Cee - Ponteceso (2-3)
- Cee: Paulo, Adrián (Iván, m.70), Senlle, Borja, Chema, Castillo (Alex Castro, m.75), Soto (Sergio, m.63), Hugo, Isma, Xabi Castro e Lagoa (Saulo, m.57).
- Ponteceso: Damian, Ismail, Loureiro (Alberto), Jorge, Villar, Luca, Aarón, Cacha (Gabri), Yago, Iván (Minichema) e Jose Ángel (Iván Cousillas).
- Goles: 0-1, m.34: Jorge; 1-1, m.48: Isma remata un córner; 1-2, m.60: Aarón remata de cabeza tras unha combinación co tamén cadete iván; 1-3, m.70: Cacha de cabeza a centro de Iván; 2-3, m.89: Chema remata unha falta lanzada por Hugo.
Deixando aberta a porta
Partido de poder a poder no San Paio de Refoxos que levou un Ponteceso máis acertado cara gol, e que deixa a segunda praza aínda pendente de dilucidar. Comezou o Ponteceso intentando mandar, ante un Cee que buscaba a rapidez dos seus puntas e chegaban con moito perigo con ocasións para marcar nos pés de Isma e de Xabi. Pero foi o Ponteceso o que marcou no seu único remate con perigo despois dun grave erro de marcaxe nunha falta lanzada polo equipo visitante.
Arrincaba a segunda metade co empate, e tamén a balón parado o colexiado anulaba un tanto ceense por estimar falta ao porteiro 5 minutos despois. Puido chegar o 2-1 con varias chegadas locais pero era de novo o Ponteceso o máis acertado cara gol, asinando o 1-2 e descolocando aos ceenses. O Ponteceso pasou a ter o mando do partido, chegando o 1-3 nunha contra. Nos últimos minutos tirou o Cee de casta para recurtar diferencias e manter un golaveraxe que pode valer ouro.
Na sosa Liguilla copeira, 4 equipos se disputan as 3 prazas que evitarán aos 6 da Liguilla de Campións nos Oitavos da #CopadaCosta. O Fisterra está embalado con 6 de 6, despois de superar ao Camariñas que tamén chegaba con 5 vitorias nos 5 primeiros partidos. Outes e Os Miúdos xogaranse esa 3ª praza.
Esteirana - Zas (1-2)
- Esteirana: Alex (Tiki), Anxo, Rafa (Chaki), Tobío (Rodri), David, Xian, Jaime (Fari), Pachi, Fran, Iker e Manu.
- Zas: Hadrián, Rubén, Damián, Manu, Adrián, Álvaro, Manu Laxe, Elías, Andy, Dani e Andrés. Tamén xogaron: Boli e o cadete Christian.
- Goles: 0-1, m.20: Dani Mato anota un golazo; 1-1, m.30: Manu marca un golazo de falta directa; 1-2, m.85: Damián nun córner.
Emoción ata o final
Partido en Esteiro no que os locais seguen con problemas de efectivos, e no que reaparecía Dani Mato polo bando zaense despois dun mes fóra por mor dunah escordadura, e pronto o notou o seu equipo adiantando o choque cun golazo. Era un partido atractivo para o espectador, con moitas alterrnativas e ocasións para os dous e antes do descanso a Esteirana empataba con outro bo gol de falta directa de Manu.
Na segunda parte, mellorou a Esteirana, pero o Zas tamén chegaba con perigo como un balón ao longueiro de Dani Mato e outro ao pau Elías. Chegou o Zas máis enteiro á recta final, e nun córner, Damián marcaría o gol da vitoria para os zaenses.
Corcubión - Os Miúdos (1-3)
- Corcubión: Maikel, Andrés, Isma, Maka, Porto, Samu, Mesejo, Joselu, Dani, Charlie e Rama. Tamén xogaron: Jose Senra e Breixo.
- Os Miúdos: Xandre, Manuel, Lize, Yeray, Gael, Jose, Raúl, Pesky, Bruno, Óscar (Javi) e Xavi.
- Goles: 1-0, m.30: Raúl de falta; 1-1, m.53: Rama de penalti sobre Andrés; 1-2, m.63: Bruno; 1-3, m.85: Xavi remata unha contra.
Os Miúdos mantense na loita
Partido apretado en Corcubión que comezaba igualado, cun cadro muradán algo mandón pero un Corcubión moi ben prantado. Moito ritmo e moita intensidade na primeira parte, un Corcubión que non deixaba meterse man e cas líneas xuntiñas e buscando saír rápido á contra aproveitando a velocidade de Charlie e Rama. Así e todo, adiantábase os Miúdos a media hora cun gran lanzamento de falta directa de Raúl ao que nada pudo facer Maikel.
Na segunda parte saen os locais buscando o empate e nunha xogada por banda Andrés é derrubado na área, penalti e gol de Rama. O gol deulle ás aos locais que foron a polo segundo, pero o ritmo alto da primeira parte pasou factura, e pronto o cadro muradán volvía meterse en campo contrario. Unha falta colgada que non acerta a sacar a defensa pon por diante ós visitantes que xa ó final nunha contra, sentenciarian o partido.
Fisterra - Camariñas (3-1)
- Fisterra: Aarón, Andrés, Juanfran (Ángel), Fabián, César (Dani), Papin (Ezequiel), Pichino, Anchoa, Gonzalo, Iván e Asier.
- Camariñas: Brais Nión, Gabriel, Miguel, Espi, Facundo (Álvaro, m.5), Pablo Suárez, Chicote, Joseba (David, m.70), Adrián (Pifo, m.75), Pablo Mouzo e Brandon (Brais C., m.80).
- Goles: 1-0: Gonzalo en xogada persoal; 1-1: Adrián; (descanso); 2-1: Ezequiel; 3-1: Gonzalo aproveita un gran pase de Dani.
- Expulsión: o local Iván e o camariñán Miguel.
- Lesión: o camariñán Facundo, cunha fisura tabique nasal.
O Fisterra vai sen freos
Chegaban os dous equipos con 5 vitorias en 5 partidos nesta liguilla copeira, e o cadro fisterrán foi xusto merecedor da vitoria. E iso que foi un choque igualando cos dous equipos propoñendo bo fútbol pero ningún se facía co control do partido. Non foi o mellor partido dos camariñáns que pronto se viron por debaixo do marcador. Empataba Adrián, quen se non, e a cousa parecía se puña de cara para os visitantes trala expulsión de Iván por unha patada inxustificada.
Confiouse o cadro camariñán no segundo tempo, ante un Fisterra que non se botou atrás, e quixo dominar o medio campo coas entradas de Dani e Ezequiel, que dominaron e crearían as ocasións para facer o segundo, e xa tamén con 10 os camariñáns, o terceiro.
Coristanco - Outes (0-0)
- Coristanco: Eloy; Javi, Suso, Álex, Varela, Álvaro; Alex López, Sergio, Adrian, Dani; Gabriel e Iván Villar. Tamén: Jorge e Bértoa.
- Outes: Alex, César (Saúl), Cutu (Iván), Davi, Brión, Adrián, Simón, Serxio (Jairo), Adán (Kevin), Fran (Fabio) e Santi.
Demasiado pesado
Non se adaptaron os equipos ao pesado campo anegado da Rocheira, que evitou que se movese o marcador. Comezou o Outes con gañas indo presionar ante un Coristanco que non dubidaba en mandar balóns longos aos seus puntas Gabriel e Iván Villar.
As mellores ocasións foron dos visitantes, que pediron un penalti sobre Fabio, pero o porteiro local Eloy estivo moi acertado e gañoulle a partida aos puntas.
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).