Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenís: Cee e San Lorenzo quedan sós

Xuvenís: Cee e San Lorenzo quedan sós
San Lorenzo e Cee xuvenil San Lorenzo e Cee mandan nas Ligas Xuvenís A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Dous partidos marcaban a actualidade desta 8ª xornada nas Ligas Xuvenís, unha por grupo. Dous choques que deixan a Cee e San Lorenzo (ou As Pedreiras) sós no alto da táboa. Os ceenses sorprendían aos a priori favoritos para gañalo todo, o Xallas, nun choque no que soubero xogar mellor as súas armas. Mentres, polo Norte, o cadro de Verdillo vencía ao Ponteceso, co que chegaba praticamente igualado na táboa, e ao que deixa a 6 puntos. Ademais, o empate do Coristanco en Baio deixa ao cadro carballés máis líder.  

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 8

  Cee - Xallas (3-1)
  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Cee: Carlos, Borja, Hugo, Rubén Senlle, Chema, Rubén Castillo,Álex Agulleiro, Jon, Isma, Samu e Pablo Trillo. Tamén: Xabi Insua, David, Adrián, Xavi Soto e José Carlos.
  • Xallas: Coke, Danis (Manu), Pablo (Brais), Alberto, Raúl, Fran (Heitor), Juanjo, Martín (Grille), Rachón, Thiago (Guillin) e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.10: Samu; 2-0, m.43: Samu; 2-1, m.70: Rachón; 3-1, m.81: Xabi Insua.
O partido da xogábase en Cee entre os dous equipos que mellor pinta teñen este curso. Os dous chegaban invictos, cun Xallas practicamente candidato dende antes de comezar tralo immpecable campañón do ano pasado e cuns números que asustan, e cun Cee que viña prantexando unha temporada cun gran futuro. O choque comezaba co Xallas, favorito a priori, tomando o mando do balón, ante un cadro local que se mantiña replegado buscando ben as contras. Non soubo o cadro de Dani Calvete materializar ese dominio e era o cadro de Carlos Pazos o que si aproveitaba unha das súas primeiras incursións para adiantarse no marcador por medio de Samuel. Ese tanto espouleou ao cadro local, que defendía á perfección e mesmo subía liñas e apretaba ao cadro xalleiro, deixándoo sen ideas, nun choque que tiña menos ritmo. E chegando ao descanso o Cee facía o segundo por medio de Samu, que xa leva 8 goles en 7 partidos (os xalleiros, máis goleadores, teñen a Rachón con 13 goles en 6 partidos, e Carlos con 11). E puido facer o 3º o Cee antes de ir aos vestiarios nunha indecision da defensa verde pero Coke salvou o man a man. Despois do descanso, repetiuse o guión, cun Xallas que o tentaba sen sorte ante un Cee que defendía de novo ben. Grille mandou unha por riba do longueiro desde dentro da área pequena, Pablo remataría de cabeza fóra por pouco e Rachón meteu unha e outra foiselle fóra por pouco. Había partido, había tensión, pero contra o final cos verdes volcados buscando o empate chegaria o definitivo 3-1 por mediod e Xabi Insua. O partido tivo unha xogada de xogo xusto ben destacable. O colexiado expulsaba por doble cartón ao ceense Isma, e aí aparecía o capitán xalleiro, Rachón, para explicarlle ao árbitro que anotara mal o primeiro cartón. Isma rematou o partido sobre o céspede gracias á participación do capitán rival.   Esteirana - Corcubión (5-0)
  • Campo: Xosé Luís Vara.
  • Esteirana: Alex de Yi; Anxo,David do Sixto, Chaki,David de Noia; Rubén, Xian, Álex de Dina, Jaime (Yeray), Pachi; Carajillo (Dani).
  • Corcubión: Dani, David, Carlos, Abel, Juan, Luis Lojo, Samu, Antonio, Kevin B, Kevin D e Roberto. Tamén xogaron: Rafa e Mesejo.
  • Goles: Carajillo (3), Alex Dina de penalti e Pachi.
  • Expulsións: os corcubioneses Garea por protestar desde o banquillo, e o porteiro Dani, este último por encararse cun afeccionado que saltara ao campo a increpalo.
Partido decidido dende o comezo cunha Esteirana moi superior sobre todo dende a pronta expulsión do porteiro corcubionés por encararse cun afeccionado esteirán que o increpaba.A partir de aí o dominio local foi máis claro. Cómpre salientar o hat trick de Carajillo, e a parada dun penalti a Pachi por parte do xogador de campo corcubionés, Mesejo, que se puso baixo paus trala expulsión do porteiro.   Outes - Fisterra (2-4)
  • Campo: O Cunchido.
  • Outes: Siro, Joel, Cartucho (Fabio), Hortas, Gorgal, Simón, Saúl (Sergio Nieto), Adán, Alberto (Brais), Canoa (Kevin) e Serxio.
  • Fisterra: Aarón, César, JF, Cristopher, Sergio (Andrés), Manu, Dani (Diego), Ezequiel, Golpes, Asier e Pichino.
  • Goles: 0-1, m.10: Golpes; 1-1, m.16: Simón; 1-2, m.23: Ezequiel; 1-3, m.24: Asier; 1-4, m.27: Asier; 2-4, m.90: Kevin.
Unha “páxara” dos locais no ecuador do primeiro tempo decantou o partido para os fisterráns. Comezaba o partido con golpes (nunca mellor dito) por un e por outro, pero tras uns primeiros 20 minutos intensos e con bo ritmo, Ezequiel e Asier conseguían facer 3 goles en apenas 4 minutos deixando o partido sentenciado para os de Eskío. A calidade dos medios fisterráns foi clave para o devir dun partido que non tivo segunda metade.   Montelouro - Muxía (1-1)
  • Campo: Agra da Filgueira.
  • Montelouro: Xaco, Javi, Fran, Sergio, Jose, Adrián, Axel, Bertín, Luís, Joaquín e Caamaño. Tamén xogaron: Alexis e Felipe.
  • Muxía: Gusa, Fran, Juan, Marce, Vilela, Tomás, Toja, Mario, Rodri, Xan (Cristian, m.46) e Josiño.
  • Goles: 1-0, m.25: Luís; 1-1, m.70: Josiño cunha falta ao borde da área.
Deixou escapar 3 puntos o Muxía de Agra da Filgueira ante un Louro que conseguía empatar a pesar das numerosas baixas, entre as que destacaba Juan de Celia. O partido comezaba igualado. Os muxiáns entraban ben por banda cun Mario moi incisivo pero que non atopaba rematador para os seus centros. Josiño tivo o primeiro para os de Romaní pero era Luís o que metía por diante aos de Óscar Leis nunha das súas poucas chegadas. Perdeu o ritmo o cadro muxián e o Louro asentouse sobre o campo, pero o marcador non se movería. Na segunda parte o Muxia foi superior pero pero as boas paradas de Xaco e a mala punteria dos xogadores do Muxía evitou o gol. Tardou en chegar o empate que conseguía Josiño no ecuador da segunda. O Muxía apretou aínda máis nos últimos minutos tendo 3 ocasións para levar un partido que tamén puido caer do lado loureán se o colexiado non pitase o final cando Felipe marchaba nunha contra. Un empate final máis doce para os locais e máis amargo para os muxiáns.  

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 8

  Laxe - Cabana (0-9)
  • Campo: Cabo D'area
  • Laxe: Íñigo (Fabio), Samu, Manu (Iván), Bruno, Nico, Santi, Álex (Anxo), Lolo (Borja), Bieito, Valentín e Enrique (Álvaro).
  • Cabana: Darío, Nando (Martín), Rubén, Álex López (David), Steven, Julián, Yago (Álex Lema), Breo (Roberto), Ferreiro, Alberto e Jose Ángel (Kevin).
  • Goles: Ferreiro (4), Yago, Alex Lema, Nando, Rubén e Jose Ángel.
O resultado fala por si mesmo dun derbi no que o Laxe practicamente non apareceu polo campo, cos seus xogadores apáticos, demostrando unha deixadez e falta de motivación que desesperou ao seu míster Toni. Ferreiro fixo o que quixo coa defensa laxense.   Baio - Coristanco (2-2)
  • Campo: Platas Reinoso.
  • Baio: Julián, Iago, Gavín, Muíño, Sergio, Souto, Miguel, Luís Eiroa, Estegan, Regueira e Alex. Tamén: Manu Leal, Cedrón, Mohedano, Alberto e Damián.
  • Coristanco: Alex, Varela, Álvaro, Jorge, Sergio, Carlos, Dani, RR, Jose, Anido e Castro. Tamén xogaron: Esteban, Iván e Braian.
  • Goles: 0-1, m.15: Castro; 0-2, m.27: Anido; 1-2, m.39: Luís Eiroa; 2-2, m.55: Sergio Antelo.
Tarde do sábado con boa temperatura que fixo que se achegasen numerosos espectadores ao Platas Reinoso, moitos deles desde Coristanco, en virtude da boa marcha do equipo visitante. Presentábase invicto o equipo bergantiñán, que marchou do campo baiés cun empate, pero que ben puido ser peor se os locais estivesen máis atinados ante a porta rival. En todo caso, o equipo de Elou mandou durante unha boa primeira media hora, na que se adiantou cos goles de Castro e Anido, e que puideron ser algúns máis. Non se veu abaixo o equipo de Roberto Lozano, como lle tiña pasado outras veces, e conseguiu reducir distancias antes do descanso por medio de Luis. E aínda puido igualar o encontro antes de ir aos vestiarios, pero chegouse ao descanso coa vitoria parcial para os visitantes. O partido estaba de cara para os baieses cunha defensa, e un porteiro, verdes máis inseguros que en toda a tempada. Chegaría o empate tras unha magnífica incorporación por banda de Iago e o seu centro, tras varios rexeites, era rematado en boca de gol por Sergio. Pasaban os minutos e estaba máis cerca o terceiro para os locais que para os visitantes, aínda que estes tamén creaban perigo nas contras, pero se lle fixo moi longo o partido e deron por bo o punto, demostrando unha clara melloría con respecto a outros partidos, ante un Coristanco que se mantén invicto pero que o líder escapa.   Corme - Zas (5-1)
  • Campo: O Cairo.
  • Corme: Fran, Pandi, Ángel, Cristian, Aitor, Javi, Mauro, Manu Garrido, Bruno, Manu Bermúdez e Manu Tasende. Tamén: Martín, Lucas, Roque, Diego e Noel.
  • Zas: Hadrián; Calo, Lodi, Brais (Dani), Ismael; Rubén, Cristian, Adri, Kevin, Madelin; Andrés.
  • Goles: 1-0, m.3: Manu Garrido; 2-0, m.33: Bruno; 2-1, m.44: Adri; 3-1, m.46: Manu Bermúdez; 4-1, m.51: Manu Tasende; 5-1, m.66: Martín.
Resultado excesivamente abultado, pois os locais foron moi efectivos, e souberon aproveitar a endeblez defensiva duns sportinguistas que gozaron de boas ocasións para alcanzar un mellor resultado, pero tras un primeiro tempo igualado, o terceiro gol local, aos quince segundos de comezar a segunda parte, e en propia meta de xeito absurdo por parte visitante, rompeu por completo o duelo e sentenciou a contenda. O Corme achégase así ao podio, empatando co Ponteceso a 16 puntos.   San Lorenzo - Ponteceso (2-1) San Lorenzo xuvenil con Rudi San Lorenzo xuvenil con Rudi
  • Campo: As Pedreiras.
  • San Lorenzo: Benjamin, Kuki, Andrade, Álex, Fidi, Eloy, Jose (Ángel), Rubén (Iván), Aarón, Cotelo (Diego) e Brais (Alberto).
  • Ponteceso: Damián, Brais, Iván R., Samuel, Jorge, Ismail, Eloy, Luca, Aarón, Aday e Iván Cousillas. Tamén xogaron: Lucas, Víctor, Arturo, Loureiro e Pop.
  • Goles: 1-0, m.7: Brais; 1-1, m.43: Iván R.; 2-1, m.53: Aarón de penalti.
  • Expulsión: O pontecesán Jorge (m.75)
Partido intenso dos dous equipos. Ningun dos 22 daba un balón por perdido, con moitas disputas, pero os dous equipos propoñendo cousas e buscando máis o fútbol directo que o xogo de toque que gusta o cadro pontecesán. A balón parado abría a contenda o equipo de Rudi, cun bo remate de cabeza de Brais. Casi no pitido final do descanso, tamén a balón parado empata o Ponteceso por medio de Iván R. Na segunda, empezou igual pero un penalti cambiou o partido, sobre todo despois da expulsión do central pontecesán. A partir de aí houbo máis balóns directos por parte dos dous. O San Lorenzo prefiriu nadar e gardala roupa, e aos visitantes lle faltaron forzas para rubrircar ese dominio nos últimos minutos. O Ponteceso pediu un penalti nun choque que seguramente un empate tería sido máis xusto.   Camariñas - Sofán (1-3) Camarinas-Sofan xuvenis-Foto-Camarinas Imaxe do Camariñas-Sofán-Foto-Camariñas FC
  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Manuel, Pablo Mouzo, Dani Carvallal, Facundo, Joseba, Pablo Suárez, Álvaro, Brais Alonso, Dani, Álex e Brandon. Tamén: Josiño, Carril, Hugo, Eloy e Juan.
  • Sofán: Christian, Adrián, Alberto, Álex Fidalgo, Nacho, Dani Padín, Eloy Cabeza, Dani Bolón, Sergio, David Dourado e Brais Rey. Tamén xogou: Gabri, Juanjo Pardiñas, Borja e Alex Villar.
  • Goles: 0-1, m.25: Sergio; 0-2, m.32: Sergio; 0-3, m.30: Brais Rey; 1-3, m.81: Brandon.
Imaxe do Camariñas-Sofán-Foto-Camariñas FC Imaxe do Camariñas-Sofán-Foto-Camariñas FC Por fin, chegou a primeira vitoria do Sofán na categoría. O cadro de Javier Cabeza saíu moito mellor ante un cadro camariñán que saiu sen intensidade. Os carballeses aproveitaron as súas chegadas e non permitiron que os locais se achegasen á meta de Christian. O 0-3 reflectía o que pasaba sobre o campo. Espabilou Faus aos seus tralo descanso, e nos primeiros 15 minutos dispuxeron de bocas ocasións de gol, pero o porteiro e a defensa visitante pararon as embestidas. Baixou o ritmo e só contra o final Brandon recurtaba pero sen tempo. Imaxe do Camariñas-Sofán-Foto-Camariñas FC Imaxe do Camariñas-Sofán-Foto-Camariñas FC  

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Comentarios