Martes. 15.10.2024
El tiempo

Xuvenís: Non fallou ningún

Xuvenís: Non fallou ningún
O Cabana sufriu para gañar en Baio-Foto-Cabana O Cabana sufriu para gañar en Baio-Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Non había duelos directos esta xornada e os de arriba non fallaron. Polo Sur, o Cee aproveitou que descansaba o Xallas para manter a diferencia de 3 puntos. Por detrás, o Fisterra parece o que ten máis posibilidades de meterse no podio pero ollo que Outes, Esteirana e mesmo Muxía non perden opcións. Polo Norte, a cousa segue ben fermosa e dos 5 de arriba continúan metidos nun pan de 4 puntos despois desta nova xornada na que non fallou ningún. O Ponteceso e o Cabana, os que máis sufriron ante Zas e Baio.  

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 11

 

Cee - Corcubión (4-1)

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Corcubión: Abel, David, porto, Diego, Mesejo, Jose Ángel, Luís Lojo, Samu, Antonio, Roberto, Kevin D. Tamén xogaron: Danilo e Rafa.
  • Cee: Carlos, Borja, Rubén, Hugo, Chema, Castillo, Brais Lagoa, Alex Agulleiro, Isma, Samu e Pablo. Tamén: José Carlos, Adri, Brais, Xavi, e Xabi.
  • Goles: 1-0, m.3: Pablo; 2-0, m.9: Samu; 2-1, m.40: Samu; 3-1, m.59: Borja; 4-1, m.84: Isma.
Aguantou o Corcubión a todo un Cee neste derbi con dous equipos con diferentes aspiracións. O Cee comezou arrollando aos visitantes e marcando 2 goles nos primeiros minutos. Pero reaccionaba o Corcubión que protagonizaba bos minutos, mesmo recurtando, ata o descanso. Arrincaba a segunda metade e o cadro visitante puido empatar, pero o gol de Borja afríu a fenda e sentenciou o partido antes de que Isma asinase o 4-1 final.  

Outes - Muxía (2-2)

  • Campo: O Cunchido.
  • Outes: Alex (Siro), Joel (Sergio), David Hortas, David Gorgal, Alberto, Saúl, Simón, Adán, Fabio (Álvaro), Adrián (Brais) e Sergio.
  • Muxía: Hugo, Fran, Marce, Gusa, Vilela, Cristian, Xan, Mario, Rodri, Iván e Toja.
  • Goles: 1-0, m.45: Adrián; 1-1, m.60: Mario; 2-1, m.61: Simón; 2-2, m.85: Rodri.
Outra vez 11 xustos presentábase o Muxía con 11, e outra vez con Hugo como “parapenaltis”. O futuro porteirazo dos maiores, un dos alumnos aventaxados do fisterrán Angel Luís foi clave para que os muxiáns sumasen no Cunchido, nun partido de moita intesidade, que puido caer dos dous lados, pero cun Outes se cadra lixeiramente superior. Empezou mellor o cadro da Serra, aínda compunxido pola marcha de Manu Roque. Aí foi cando apareceu Hugo para parar unha pena máxima. Na última xogada da primeira metade Adrián abría o marcador. Arrincaba a segunda, con alternativas e empataba Mario pero na seguinte xogada Simón volvía poñer aos locais por diante. Intentouno o Muxia ata o final e conseguiu o empate a 5 minutos do final cun gol de falta de Rodri.  

Montelouro - Fisterra (0-5)

  • Campo: Agra da Filgueira.
  • Montelouro: Xaco, Caamaño, Javi, José, Sergio, Adri (Bertín, m.5), Joaquín, Fran, Luís, Juan de Selia e Ángel.
  • Fisterra: Aarón, César, Manu, Andrés, Ángel, Jf, Dani, Gabi, Asier, Alex, Aarón.
  • Goles: 0-2, m.36: en propia; 0-2, m.44: Aarón a pase de Gabi; 0-3,m .60: Álex; 0-4, m.70: Andrés; 0-5,m .80: Asier.
Non esperaba ninguén que acontecese o que pasou o domingo en Agra da Filgueira. O Montelouro, xusto de efectivos, xogou con Juan de Celia de inicio, e con total normalidade, destacandose ademais, como vén sendo habitual, comoo mellor dos seus. 24 horas despois desplomábase sobre o campo loureán protagonizando o susto da xornada. En todo caso, o luns xa recibiu o alta e está en casa facendo vida normal, polo que esperamos velo pronto sobre o céspede dos nosos campos, a unha das grandes promesas do noso fútbol. Xustos chegban tamén os fisterráns, que foron claros dominadores do partido, aínda que os locais aguantaron ata a media hora, ben colocados e buscando a banda esquerda, onde Juan de Selia facía dano á defensa verde. De córner, e en propia meta, tivo que abrir a lata o Fisterra no m.36 a pesar das ocasións marrradas. Na xogada seguinte, e cos loureáns pedindo saque de banda, cae o segundo. Na segunda as diferencias foron aumentando e os de Esquío completaron a goleada.  

Os Miúdos - Esteirana (1-3)

  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Os Miúdos: Gabri, Xian (Raúl, m.56), Miguel, Flavio (Manuel, m.62), Anxo, Jose, Xavi, Sergio (Isma. m.46), Javi, Gesto (Fran, m.72) e Gael.
  • Esteirana: Dani, Anxo, Chaki, Manu, David de Noia, David Pais (Yeray), Xián, Álex de Dina, Carajillo, Pachín e Íker.
  • Goles: 0-1: Xian de cabeza; 1-1: Javi; 1-2: Pachín: 1-3: Íker.
  • Expulsión: o local Manuel.
Partido pouco vistoso onde predominou o fútbol directo e ca Esteirana máis metida no partido. Os Miúdos comezaron xogando replegados, pero deixaban espazos nas basculacións para que os esteiráns fixesen dano pola banda. Adiantouse a Esteirana pero o cadro muradán empataba. A xogada máis singular chegaba co 1-2 no marcador, cando un tiro esteirán pasaba lambendo o longueiro, e o colexiado concedía inicialmente gol. Finalmente deu marcha atrás e a Esteirana fixo bo o seu control.  

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 11

 

Pedreiras - Sofán (3-0)

  • Campo: Benjamín, Kuki (Pablo), Andrade, Alex, Fidalgo, Eloy, Jose (Iván), Rubén (Diego), Aarón (Alberto), Brais e Cotelo (David).
  • Sofán: Cristian, Alex Fidalgo, Dani Bolón, Eloy Cabeza, Alberto, Dani Padín, Gabri, Sergio García, David Dourado, Nacho e Diego Pallas. Tamén: Adrián, Iván González, Pardiñas, Sergio Pombo e Martín.
  • Goles: 0-1: Brais, 0-2: Jose, 0-3: Iván.
Se na primeira volta o primeiro e histórico derbi carballés na categoría foi máis igualado, nesta segunda volta notouse como está a clasificación, a pesar de que o choque foi máis igualado do que di o marcador. A primeira metade foi bastante igualada, cun único tanto, a balón parado, dos locais, ante un sofanistas que pedían a expulsión dun xogador local. Na segunda metade, o equipod e Javier Cabeza non perdía a cabeza e seguía co mesmo plan, ben armados atrás, para non permitir que os de Rudi creasen perigo, e buscar algunha contra. Aí aparecía Benjamín para facer un paradón e mandar ao longueiro un remate de Padín, aínda co empate no marcador. Nesa mesma contra, 5 xogadores das Pedreiras saen combinando en poucos toques, e marca Jose o segundo. Dani Bolón e Sergio García volvérono a intentar, sen acerto para os visitantes. Un tiro lejano de Iván sentencia o partido.  

Laxe - Coristanco (1-3)

  • Campo: Cabo D’Area.
  • Laxe:
  • Coristanco: Alex, Varela, Álvaro, Jorge, Sergio, RR, Dani (Jose), Alex, Esteban (Braian), Castro e Anido (Iván).
  • Goles: 0-1, m.25: Anido; 0-2, m.40: Alex; 1-2, m.60: Santi Casas; 1-3, m.80: Iván.
Aguantou o Laxe con moita pelexa e moito frío durante os primeiros 20 minutos. De feito, foi mellor e tivo ocasións para poñerse por diante. Pouco a pouco o Coristanco dou conta de por que está tan arriba na táboa e Anido, sempre constante e loitador, abría o marcador, e antes do descanso Álex facía o segundo. O Laxe buscaba balóns longos que atallaba ben un Álvaro que fixo un partido brillante na defensa verde. Recurtaba o Laxe e se metía no partido mentres o Coristanco mandaba varios balóns á madeira, antes de sentenciar o choque, a 10 para o final.  

Baio - Cabana (0-1)

Baio-Cabana-Foto-Cabana Baio-Cabana-Foto-Cabana
  • Campo: Pratas Reinoso.
  • Baio: Cedrón, Iago, Javi Muíño, Gavín, Antelo, Souto, Mohedano, Estefan, Santi Moreira, Regueira e Alex. Tamén: Queiro, Manu Leal e Fuentes.
  • Cabana: Darío, López (Martín), Rubén, Gonzalo (Breo), Steven, Nando (Veiga), Kevin (Roberto), Ferreiro, Álex Lema (Diego Castro), Alberto e Jose Ángel.
  • Gol: 0-1, m.43: José Ángel tras unha gran xogada de Alberto.
Capis do Baio e do Cabana-Foto-Cabana Capis do Baio e do Cabana-Foto-Cabana Partido moi igualado e disputado, no que os locais foron os que buscaron con máis ansia a meta rival, e os que dispuxeron das mellores ocasións, pero unha contra no último minuto da primeira parte, cunha gran xogada de Alberto e finalización de Jose Ángel (que mantén os seus bos números, con 12 goles en 10 partidos), chegoulle ao Cabana para marcar o seu gol e sacar os tres puntos do Platas Reinoso. O equipo local tivo ademais o infortunio das lesións da súa columna vertebral no centro do campo, e tanto Estefan como Sergio tiveron que abandonar o terreo de xogo antes do previsto, e xa no segundo período, o bravo lateral Iago tamén caía lesionado e tiña que abandonar o campo. O Cabana tardou en atoparse sobre o terreo de xogo, pero tampouco permitía demasiadas ocasións aos locais. Na segunda controlou algo máis o Cabana ante un Baio que baixou por mor desas lesións.  

Ponteceso - Zas (2-1)

  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Víctor, Luca, Iván Cousillas, Samuel, Aarón, Ismail, Pop, Brais, Eloy, Aday e Loureiro. Tamén: Lucas, Damián, David, Jorge e Iván Rodríguez.
  • Zas: Hadrián; Ruben, Dario, Brais, Dani (Calo), Ismael; Madelin (Veleta), Adri, Kevin, Cristian; Andrés.
  • Goles: 1-0, m.40: Loureiro a pase de Eloy; 1-1, m. 67: Andrés; 2-1, m.93: Aarón.
  • Expulsión: o visitante Andrés.
Partido trepidante o vivido no Pinguel no que o Zas moi mellorado, que fixo sufrir a todo un Ponteceso. O equipo de Gurita comezou mal pero que acabou dominando ante un cadro de Corredoira que foi ao revés, de máis a menos apagándose e contaxiándose do lento ritmo que foi collendo o choque. Adiantouse o cadro local antes do descanso, pero o Zas soubo reaccionar, e dominiou no comezo do segundo tempo, mesmo empatando o partido. O Ponteceso perdeu o balón e non sabía que facer. Con 10, trala sorprendente expulsión do autor do tanto zasense, só no desconto foi o Ponteceso capaz de marcar o gol da vitoria.

Corme - Camariñas (4-2)

Capis do Camariñas e do Corme-Foto-Fin Lema Capis do Camariñas e do Corme-Foto-Fin Lema
  • Campo: O Cairo.
  • Corme: Lucas, Manu Pandi, Cristian, Fran, Ángel; Aitor, Javi, Mauro, Manu Fernández; Manu Garrido e Manu Tasende. Tamén: Noel, Ángel e Roque.
  • Camariñas: Manuel, Pablo Mouzo, Brais Alonso, Gabriel, Facundo (Daniel), Alex, Pablo Suárez, Joseba, Álvaro, Brandon, Josiño (J.Francisco).
  • Goles: 1-0, m.19: Aitor; 1-1, m.22: Brandon de vaselina a pase de Pablo Suárez; 2-1, m.37: Aitor; 2-2, m.47: Brandon; 3-2, m.79: Manu Bermúdez; 4-2, m.85: Manu Garrido.
  • Expulsión: os camariñáns Manuel (m.75) e Dani (m.77).
Tensión no Cairo-Foto-Fin Lema Tensión no Cairo-Foto-Fin Lema Tenso partido no Cairo, no que ademais de algunha pequena tangana, houbo queixas arbitrais. Foi un choque moi igualado, cun Corme que comezaba pegando pero cun Camariñas que reaccionaba ben e empataba ata en dúas ocasións. Brandon respostaba aos goles de Aitor. Estaba o choque moi igualado, mesmo co Camariñas chegando arriba. Co 2-2, o colexiado sinalaba un penalti que os visitantes viron fóra, pero Aitor o manda fóra. Na seguinte xogada o colexiado expulsa ao meta camariñán por rir tras unha xogada na que o colexiado sacara unha amarela a un compañeiro por tirarse. E un minuto despois, nova expulsión por protestar. En 2 minutos quedaba o Camariñas con 9 sobre o campo. Era cuestión de tempo, pero non quedaba moito. Aparecía Manu Bermúdez para poñer por diante aos locais noutra xogada protestada polos camariñáns por posible falta en ataque, e Manu Garrido sentencia xa contra o final. Choque tenso que ademais non acabou ata que chegou a Garda Civil, pois o colexiado non quixo saír dos vestiarios ao seu remate ata que chegasen. O Corme celebrando un dos tantos-Foto-Fin Lema O Corme celebrando un dos tantos-Foto-Fin Lema

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Comentarios