Luns. 07.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O Fisterra fai prevalecer o verde

Xuvenís: O Fisterra fai prevalecer o verde
 Gol-da-SD-Fisterra-ante-o-XSC-Foto-Fran-Insua

Nova semana de fútbol xuvenil na Costa da Morte con gran intensidade. I é que hai novidades nas partes de arriba con varios partidazos, como o Fisterra-XSC (entre verdes e verdes e laranxas) ou o Corme-Ponteceso.


Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 7

No sur da bisbarra o Fisterra deu a volta á Liga superando por 2-1 ao Xallas de Santa Comba, que chegaba imbatido a Ara Solis, no partido da semana. Os fisterrán de Nando e Falito colócanse líderes con 2 puntos de vantaxe sobre xalleiros e dumbrieses, que seguen amosando que este ano van moi fortes tras superar con contundencia a un Mazaricos que viña con moita forza e que a semana pasada fixo suar moitísimo ao ex líder, o XSC. Non lle saíu nada ao cadro amarelo, que ademais tiña baixas importantes como as de Sandelo o Ferreiro; e o Dumbría, a base de eficacia reventaron a meta local. Iso si, compre destacar a actuación dun Oreiro algo illado na punta local.
Queda agora o Mazaricos a 4 de dumbrieses e xalleiros, igualado co Cee, que vencía con total comomidade ao Soneira, o único equipo da categoría que non sabe o que é sumar.

Dous choques da zona baixa completaron a xornada. A Esteirana vencía no Cubaleiro ante un Corcubión que segue cos males de comezo de temporada, pois os de Alfonso continúan cunha grande falta de efectivos. Ademais, en Miraflores, o Outes sacaba unha gran vitoria ante o Muros, que fixo un bo partido pero que non tivo sorte.

Fisterra - XSC (2-1)

Foto de familia de Fisterra e XSC xuvenil - Foto- Jorge Parri
  • FISTERRA: Ángel, Javi, Ángel Cadete, Rubén, Cartamil, C. Hidalgo, Cotte, Abel, Josiño, Bruno, Manute. Tamén xogaron: Moisés, Antonio, Iski.
  • XSC: Iván Couto, Cristian Caamaño, Dani Martínez, Josito (Jordi, min.60), Roberto, Cristian Torres, Fabián, Marcos, Styven, Pablo Landeira (Pesi, min.70), Iván Pastoriza (Miki, min.10) (Marcos Álvarez, min.75).
  • Goles: 1-0, min.30: Bruno tras un balón longo peiteado por Cotte; 2-0, min.65: Josiño a pase de Bruno nunha contra rápida; 2-1, min.80: Jordi.
  • Lesión: Iván Pastoriza cun xeonllo posiblemente tocado.

Ambientazo nas bancadas de Ara Solis para recibir ao que estaba de líder e intentarlle darlle a volta á táboa. E de feito os xalleiros sufriron a presión e case que saíron co 1-0 ao campo. Os afeccionados non tiveron un segundo para aburrirse pois foi un auténtico partidazo de outra categoría, cunha intensidade tremenda, e moi bonito. Vaia un partido de poder a poder entre dous dos grandes favoritos desta temporada.

I e que a calidade dos xogadores de ambos equipos dá conta do potencial de ambos. Por poñer algún exemplo, os C. Hidalgo, Bruno e Cotte, son xa titulares co equipo de 1ª, pero están tremendamente comprometidos co equipo xuvenil. Por bando xalleiro que podemos dicir dos Marquiños, Diego Maneiro (que está de baixa tras un golpe recibido no choque ante o Cee) ou o propio porteiro cadete Iván Couto. E ademais, dous equipos moi ben manexados dende o banco, con Nando e Falito no banco fisterrán, e Rafa e Corredoira nos visitantes.

Os fisterráns traballaron moi duro en defensa ante un equipo perigosísimo, e se home por home son tremendos, aínda lles falta algo en xogo combinativo para chegar ao Fisterra que Nando quere. En fronte, notábase que a formación dende abaixo da canteira xalleira dá os seus froutos.

Foi un partido algo máis controlado polo Fisterra, pero de continuas chegadas, no que se os xalleiros marraron un par de bocas ocasións coma un córner que rematou Marcos ou un centro que rematou Dani Martínez de cabeza e saíu lambendo o pao. Era o comezo do partido pero foi Bruno que puña o 1-0. Un Bruno que é dos que habitualmente non perdoa, pero marrou 3 balóns dentro da área, e así e todo, foi o protagonista do choque marcando un gol e dando un pase do segundo.
Ao final reacciouno o Xallas pero xa era demasiado tarde e o Fisterra non baixou o pistón nin un momento.

Fisterra-Xallas de Santa COmba xuvenil -Foto-Fran-Insua

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 7

Baio-Camariñas xuvenil - Foto- Santi Diaz

Como está Juny. O xogador malpicán estase botando o Malpica ás súas costas e xa leva 12 tantos tralos 3 desta semana, situando ao Malpica non máis alto da táboa tras vencer ao Zas por 0-3, con actuación destacada dos metas Ismael por bando zaense e Jesús polo malpicán.
Os de Tato manteñen o liderato empatados, iso si, co Ponteceso. Os de Mato sufriron no derbi ante o Corme e manteñen 1 punto de distancia sobre o Cabana e 2 sobre o Baio, se ben os baiese teñen un artido menos.

O Cabana mantese aí tras vencer ao Laxe con máis solvencia da esperada, ante un cadro, o laxense que parece desinfrarse co paso das xornadas. O Baio tamén está moi firme, e malia sufrir ante o Camariñas, máis pola intranquilidade do apretado resultado (1-0) que polas chegadas palilleiras, segue moi preto dos de arriba.

Un dos partidos máis fermosos para ver o protagonizaron Muxía e Coristanco en Arliña. Os muxiáns, este ano moi mellorados, sobre todo no ataque, seguen sen arrincar, mentres que os xuvenís de Rochiccioli amosaron unha efectividade total. Foi un partido tolo, de ida e volta, no que a primeira metade foi clara para os visitantes aproveitándose da debilidade atrás dos vermellos, que reaccionaron na segunda e puideron perfectamente levar o partido.

Baio-Camariñas xuvenil - Foto- Santi Diaz

Corme - Ponteceso (1-2)

  • CORME: Javi, Sergio (Truli, min.60), Iván, Antonio, Alberto (Isma, min.88), Jorge, Dani (Eloy, min.75), Kike (Fran, min.55), Juanma, Brais, Alejo.
  • PONTECESO: Lucas, Lorenzo, Diego Collazo, Dani Cotelo, Fabián, Cristian (Yago, min.60), Borja (Dani Valle, min.80), Bieito, Brais, Alberto Recarey, Eloy (Iago García, min.65).
  • Goles: 0-1, min.42: Cristian de penalti; 1-1, min.65: Juanma tras un penalti de Lucas sobre Jorge; 1-2, min.67: Bieito por baixo.

Partidazo no Cairo no que o Corme aguantou o que puido o potencial do veciño Ponteceso. Os cormeláns aguantaron a primeira metade cun Ponteceso levando o peso e o Corme buscando ñas contras, pero non hobo demasiadas ocasións.
Un penalti tonto ao fío do descanso nunha esquina da área permitiu que os visitantes levasen unha inxusta renda aos vestiarios.

Na segunda o Ponteceso saíu mellor colocado, e mandou dous balóns á madeira e fixo intervir a un Javi moi acertado. Pero cando mellor estaba chegou o empate de Juanma tras un penalti que forzou Jorge e transformou Juanma. Pouco durou a alegría no bando cormelá pois Bieito bateu por baixo a Javi quitando a esperanza nos locais. Non decaeron así e todo e tiveron o empate nun rexeite que Jorge non foi quen de enviar ao fondo das mallas.
Impúxose así a veteranía pontecesá ao desparpaxo cormelán.

Máis información

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios