Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O Outes meteuse na Liguilla dos campións

Xuvenís: O Outes meteuse na Liguilla dos campións
O Outes Xuvenil celebrou a súa terceira praza O Outes Xuvenil celebrou a súa terceira praza A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

A última xornada da primeira fase deixounos un protagonista claro. O Outes metíuse entre os 6 primeiros que van Liguilla previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Fíxoo tras vencer por 3-1 a todo un Xallas (que sumaba a 3ª derrota do curso, tras dúas fronte ao Cee, líder invicto) sen deixar opción ao Fisterra, que non puido aprazar o seu partido polo pasamento do seu presidente (como si fixeron o resto de categorías), e que xogou o domingo sen ningunhas gañas caendo en Esteiro.

Así, Cee, Xallas e Fisterra polo sur, e Ponteceso, As Pedreiras e Coristanco, disputarán a Liguilla.

Esta mesma tarde celebraranse os sorteos na nova sede da Federación, para a Liguilla dos campións e a Fase Previa da Copa da Costa, pero antes, repasamos o partido da xornada:

Pero antes de repasar os calendarios, repasamos os dous partidos máis interesantes da xornada, o devandito, e o choque do Norte entre 2º e 3º que devolven a confianza ao Coristanco, e que deixa algo tocado a un San Lorenzo que foi líder case toda a Liga.

Outes - Xallas (3-2)

  • Campo: Cunchido.
  • Outes: Álex, Álvaro, Simón, Joel, Alberto, Saúl, Mateo (Jose), Adán, Adrian, Fabio e Serxio.
  • Xallas: Coke, Héitor (Juanjo), Cambón, Pablo, Peke, Martín, Rachón, Carlos (Alberto), Thiago, Mosti (Fran) e Grille.
  • Goles: 0-1, m.2: Cambón: 1-1, m.4: Fabio: 2-1, m.13: Adán de penalti; 3-1, m.44: Adán; 3-2, m.70: Pablo..
  • Expulsión: Serxio no m.89.

Intensidade contra relaxación. Algo disto houbo no Cunchido este sábado, pois o Outes necesitaba vencer e o Xallas non seu xogaba nada, co que saíu relaxado, quizais en exceso. E iso que comezou marcando na na primeira xogada do partido por medio de Cambon nun tiro dende a frontal.

Non tardaron en reaccionar os locais, que inmediatamente empataria nun balón en longo sobre Cambón, e pouco despois ampliaría a renda dende os 11 metros. Estaba facendo o Outes unha primeira metade espectacular que culminaba co terceiro gol antes do descanso, o segundo de Andán.

Tocaba defender e aguantar o resultado. Tiña clara a estratexia o cadro local, ante un Xallas que o intentou e que metou aos locais no seu campo, pero non estivo acertado cara gol, e só Grille foi capaz de recortar distancias no rexeire dun córner, que non serviu para empatar.

 

As Pedreiras - Coristanco (3-5)

  • Campo: As Pedreiras.
  • As Pedreiras: Benjamín, Kuki, Fidalgo, Alex, Aarón, Jose, Yago, Rubén, David, Cotelo e Alberto.
  • Coristanco: Alexander, Iago, Sergio, Álvaro, Jorge, Carlos, Álex, Adrián RR, Braian, Castro e Anido. Tamén: Dani, Espasandín, Jose e Cristián.
  • Goles: 1-0, m.17: David Lorenzo; 2-0, m.41: David Lorenzo; 2-1, m.60: Anido; 2-2, m.73: Castro; 3-2, m.73: David Lorenzo; 3-3, m.75: Dani; 3-4, m.79: Anido; 3-5, m.89: Castro.

Partido vibrante o vivido nas Pedreiras, entre dous equipos que xa están clasificados pero que viñan de menos a máis e necesitaban novos folgos para afrontar a nova fase. Foi un partido de idas e vidas, con moitos golpes, e alternativas.

Comezou o cadro local aproveitando que os visitantes saían algo desconcentrados. Eran moi bos minutos dos de Rudi, combinando ben e creando perigo, e marcando os seus dous primeiros tantos David Lorenzo. Primeira metade de claro dominio da cor vermella sobre o campo. Pero o conto cambiou tralo descanso e o Coristanco, cun xogo máis directo e unha feble defensa vermella, foi o claro dominador.

Saíron arengados por Eloy os verdes na segunda. De contado recurtaba Anido e menos de 10 minutos despois Castro empataría o partido de tiro cruzado.

Tivo o seu momento As Pedeiras, que reaccionou e David Lorenzo volvía meter por diante aos seus. Pero un tanto de Dani e outro de Anido deixaban o camiño listo para os visitantes. Tivo Castro un penalti pero Benja estivo acertadísimo baixo paus, pero o pichichi da Liga (esta semana repasaremos a clasificación) non fallou na última xogada do partido.

 

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios