mércores. 21.05.2025
El tiempo

Zas acollerá a 5ª Carreira Pedestre Popular

Zas acollerá a 5ª Carreira Pedestre Popular

Onte era presentada en sociedade a 5ª Carreira Pedestre Popular da Costa da Morte. A cita co atletismo que organiza o Grupo Correo Gallego que vai ter lugar en zas o vindeiro 3 de abril. Este ano, toca Zas.

Ruta

A saída situarase na Rúa Progreso e a meta na Praza do Concello (Zas). Correrase un total de 10 Km dándolle dúas voltas a un circuíto de 5 km, que discorrerá polas seguintes rúas: Rúa Progreso, Lugar de San Adrián, Lugar de Loroño, Lugar de Baizana, Rueiro de Abaixo e Praza do Concello.

Máis información e inscricións

  • V Carreira Pedestre.
  • Inscricións on line.
  • Inscricións:
    - Na delegación da Costa da Morte do Grupo Correo Gallego, ubicada en Cee.
    - No Concello de Zas.
    - Nos centros escolares da zona. - Información, no teléfono 981 747 718, ou no correo comercialcostadamorte@elcorreogallego.es.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios