Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As 5 Bibliotecas de Dumbría énchense polas Letras Galegas

Biblioteca Dumbria
As 5 Bibliotecas de Dumbría énchense polas Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, as cinco bibliotecas municipais de Dumbría acollen actividades para a poboación infantil, xuvenil e adulta.

Ademais de ter expostas varias seleccións de libros en lingua galega para todas as idades e todos os gustos, as actividades arrincan xa o luns coa actuación do Mago Paco que, a través do programa Ler Conta Moito, traerá ata a biblioteca do Conco (Dumbría) o seu espectáculo Maxia Divertida: “Contamaxias”. Será ás 11:00 h e asistirá todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de
Dumbría.
Durante a visita, a rapazada aprenderá máis sobre o funcionamento das bibliotecas municipais e poderán cachear entre os estantes para atopar os seus libros preferidos.

Como peche á semana, o venres 19, ás 19:00 horas, a biblioteca do Conco acollerá a mesa redonda “A muller e as Letras en Galicia”, na que falaremos sobre o papel que a muller tivo e ten na literatura galega.

O blog do departamento de Cultura (dumbríaécultura) e as redes sociais municipais mostrarán, así mesmo, contidos ao redor da celebración desta efeméride.

Comentarios