xoves. 01.05.2025
El tiempo

9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo

9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo
Reunion de alcaldes en Santa Comba polo sector lacteo

Continúa o problema do sector gandeiro sendo un asunto gravísimo para a bisbarra. E así o demostra que 9 alcaldes das comarcas de Xallas, Barcala, Soneira, Bergantiños e a Costa da Morte estiveron representados nunha reunión celebrada onte en Santa Comba, xunto cos 3 sindicatos agrarios maioritarios.

A crise do sector lácteo sigue sendo un dos temas de maior preocupación por parte dos alcaldes destas comarcas. Unha problemática de raíz internacional para a que os alcaldes da zona pouco poden facer máis que apoiar, unir e facer de interlocutores con administracións superiores. Así o recoñecían os alcaldes de Mazaricos, Juan José Blanco (que nos dicái que 90% do tecido mazaricán depende do sector), emais o de Santa Comba, Ucha Velo, presentes no devandito encontro, no que ademais estiveron representates do concello de Ponteceso; Jorge Tuñas, Alcalde de Negreira, Amancio Lavandeira de Coristanco, Juan Blanco de Mazaricos, Manuel Antelo de Vimianzo, Manuel Muiño de Zas, Félix Porto de Muxía, Manuel Valeriano Alonso de Camariñas e o concelleiro dumbriés José Antonio Casais.
Así mesmo, Roberto García e Ángel Alvariño representaron a Unións Agrarias; Mariano Pazos, Cándido Iglesias e Isabel Villalba ao Sindicato Labrego Galego e Juan Carlos García a Xóvenes Agricultores. Estes foron os que expuseron a problemática do sector, e os alcaldes e representantes municipais compartiron a idea de máxima preocupación.

Apoio unánime ao sector

Da reunión sacáronse como conclusións que por primeira vez na historia, as corporacións municipais da zona amosan o seu pleno respaldo o sector e o seu apoio ós gandeiros fronte a problemática actual, que pon o borde da quebra ás explotacións, posto que os prezos en torno os 20 céntimos por litro de leite, a non recollida do produto, e o incumplimento por parte dalgunha empresa dos contratos asinados cos gandeiros, que incluso marcan unilateralmente condicións abusivas, puxo nos últimos meses o sector contra as cordas.

Manifestación en Compostela

Ante todo isto, os participantes na xuntanza invitan a todo o mundo que lle interese a defensa do sector lácteo galego a participar na manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela este venres 17 de xullo, coa saída as 11:30 da mañán desde Salgueiriños e posterior chegada á emblemática Praza da Quintana.

Neste acto, solicitaranse medidas urxentes que supoñan un alivio da sensación de exceso de leite no mercado, que se pode resolver aplicando a normativa existente para estas ciscunstancias, e que se poida retirar leite do mercado, en formatos como leite en pó, ou manteiga. Ademais solicitarase a inmediata supresión dos contratos impostos polas industrias, con precios abusivos en torno ós 20-24 céntimos por litro.

A maiores destas medidas urxentes, exixirase a creación dun Plan Estratéxico para o Sector lácteo Galego, e que non se permita un deterioro tan grande coma o actual, para tomar as medidas pertinentes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Campo galego.

Comentarios