Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Bitácora do Ézaro, o novo Centro de Convivencia Marítima da Costa da Morte

A Bitácora do Ézaro, o novo Centro de Convivencia Marítima da Costa da Morte
O Edificio Bitácora do Ézaro xa está aberto Edificio Bitacóra do Ézaro Velaquí a nova aposta do Concello de Dumbría. O alcalde, José Manuel Pequeño, co que falabamos hai pouco, presentou a construción dun novo inmoble no municipio vinculado á recuperación e conservación medio ambiental e mellora do entorno. Un edificio multidisciplinar, chamado a Bitácora do Ézaro, que xa levantou o Concello no marco do proxecto Dumbría Século XXI, e que xa está funcionando como salón de actos, como albergue e que en breve  farao como cafetería. Agora toca darlle vida á parte museística, e para iso vén de asinar un convenio coa Xunta para financialo, a través do Fondo de Compensación Eólica, cun investimento de 162.000€. O Alcalde de Dumbria coa Delagada da Xunta Belen Docampo O Alcalde de Dumbria coa Delagada da Xunta Belen Docampo Trátase dun edificio dedicado a distintas actividades lúdicas e didácticas vinculadas ao mar e ao entorno. O eixo común é a potenciación do mundo mariño, aproveitando a súa localización próxima ao mar. O obxectivo é chegar a converter o inmoble nun centro comarcal de atracción de visitantes mediante o aproveitamento e recuperación dos recursos medioambientais existentes nesta área, como a enseada, a fervenza do Ézaro ou o monte Pindo. As novas instalacións contan no andar baixo cun espazo multiusos, vestiarios e un local social, mentres que na primeira planta habilitouse unha aula didáctica e outra para conferencias e reunións. As dependencias complétanse cun espazo de acollemento para os participantes dos distintos eventos e competicións deportivas organizadas polo concello no baixocuberta, ademais dunha terraza ao aire libre. Parte traseira do Edifico Bitacora do Ezaro Parte traseira do Edifico Bitácora do Ézaro

Nove municipios das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra beneficiados

Do Campo recordou que nove concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Camariñas, Vimianzo, Zas e Dumbría) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 445,5 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que oito deles dispoñen de máis de 83.000 metros de liñas de conexión, polos que recibirán máis de 700.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios