O Ézaro conta con dous puntos de información turísticos abertos


Hai exemplos de boas prácticas para coas Oficinas de Turismo na Costa da Morte. Malia que a necesidade dun punto eficaz no punto máis visitado da comarca, o Faro Fisterra, sexa inminente, a zona do Ézaro, xa referente a nivel turístico, está sendo tamén un exemplo de funcionalidade.
O Concello de Dumbría contará durante o verán con dous puntos de información turística: O Centro de Interpretación das Rutas (CIR) do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro e mais a Oficina de Información Turística do Ézaro, situada en plena enseada.
Unha Oficina, na que tamén podes reservar a pista de padel, unha oficina que conta cunha gran profesional do turismo e que amplía o horario para o verán:
- De luns a venres: de 10:00 a 20:00h;
- Sábados e domingos: de 10:30 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h.
Roteiros guiados ó Monte Pindo

Pero hoxe centrámonos na apertura do Centro de Interpretación das Rutas (CIR) do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro, que dende xa estará aberto no seguinte horario:
- De luns a venres (agás os mércores): de 10:00 a 20:00h;
- Sábados e domingos: de 10:30 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h.
O CIR está situado na estrada Cee-Muros, á altura do desvío que leva á Fervenza, ós pantaláns e ó miradoiro. Nel podedes atopar información de diferentes roteiros polo Monte Pindo:
- Roteiro do Castelo do Pedrullo.
- Roteiro das Miradas do Atlántico.
- Roteiro das Pegadas da Historia.
Pero é que ademais, todos os mércores de xullo e agosto faranse subidas guiadas e gratuítas ó Monte Pindo. Este roteiro terá o punto de saída no CIR ás 09.00h. Para participar, abonda con anotarse previamente no CIR.
O roteiro en cuestión é o denominado "Pegadas da Historia": parte do lugar do Fieiro, situado despois do encoro de Santa Uxía, pouco despois do miradoiro do Ézaro. Este itinerario é o máis cómodo e accesible para subir ó Monte Pindo.
Xa poden pedir máis información: no CIR, en turismodumbria@gmail.com, ou no teléfono 662 346 927.
Novas relacionadas
- Por unha oficina de información turística no Faro Fisterra independiente e eficaz.
- 18 noites de verán para disfrutar da Fervenza do Ézaro iluminada.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- A cascada do Ézaro reafírmase como un dos meirandes atractivos turísticos da Costa da Morte.