A Xunta non ten intención ningunha en recuperar a cobertura de 35 horas semanas no Centro de Saúde de Zas

12:22 30/11/18

”Axuste”, non recorte
Para argumentar os recortes, a Consellería reitera unha evidencia:“ Nos últimos anos a poboación pediátrica atendida en Baio e Zas diminuíu un 51%, de xeito que pasou de case 600 nenos e nenas no ano 2000 aos 331 actuais, “o que xustifica o axuste dos horarios de atención”, sinala sen aplicar a palabra recorte. A media de ocupación das axendas no ano 2018 de 10 nenos/as por día. Ademais, a Xunta asegura que os médicos de familia están capacitados para realizar asistencia á poboación infantil, se ben as familias teñen denunciado en innumerables ocasións que os profesionais desa categoría están derivando continuamente esa atención a outros centros.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-area-sanitaria-non-se-compromete-servizo-pediatria-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-zas-denuncia-o-mal-funcionamento-do-servizo-de-pediatria-nos-seus-centros-de-saude/- 24-11-18: A Xerencia da Área Sanitaria asegura que todas as consultas de pediatría estarán operativas dende este mesmo luns.
- 20-11-18: As familias de Dumbría, Muxía e Zas unen forzas para loitar por un servizo de pediatría digno.