Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As Andainas que nos descubren o patrimonio aos veciños da Costa da Morte

As Andainas que nos descubren o patrimonio aos veciños da Costa da Morte
Andaina Dumbria 2014-Foto-Leo Moreira

Nova mellor marca para o programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. E polo que vemos esto do sendeirismo non ten teito. Se polo Camiño dos Faros, xa cun ano de historia, aparecen cada 15 días arredor de 600 trasnos para disfrutar da nosa paraxe natural, onte, 1 de maio, foron 285 os camiñantes, eminentemente da zona, os que disfrutaron das marabillas do Concell ode Dumbría.

E como dicimos, se o Camiño dos Faros é importante para achegar máis e máis xente doutras zonas do país, estas Andainas están sendo fantásticas para crear unha importante conciencia medioambiental na veciñanza. I é que a meirande parte dos participantes neste programa somos nós, os veciños da zona, descubrindo os tesouros naturais dos que dispoñemos.

A ruta de onte percorreu 15 fermosos quilómetros dende Hospital, onde non deu tempo a ver a fervenza pero so o proximamente aberto punto de información ao Peregrino, e o alto de Miñóns. Logoso, Olveira, a Pedra do Brazal, a cascada de Xestosa, os miradoiro do Alto de Niñóns, fermosos Recunchos da Costa que pasaron inadvertidos ata agora para moitos veciños.

285 caminantes na Andaina de Dumbria

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios