Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un ano de trasnos

Un ano de trasnos
Un ano de trasnos-Foto-Cesareo Gonzlez Pardal

Un 28 de abril de 2013, arrincaban 23 trasnos de Malpica, para facer a primeira etapa da primeira edición do Camiño dos Faros. Un ano despois todo cambiou. Onte eran 554 trasnos e 15 traskicans os que percorreron a 5ª etapa da 3ª edición, convertindo o Camiño dos Faros nunha verdadeira referencia a nivel internacional.

Un ano cambiando vidas, como pode comprobar o propio Traski a través das redes sociais cada semana. I é que estas experiencias grupais, coñecendo a pé o litoral tan salvaxe da nosa Costa da Morte dan para moitas sensacións.

De Arou a Camariñas, xa cos establecimentos de ambas zonas completamente volcados, mentres as administracións andan pendentes de pequenos cruceiros, e por aquí, máis de millar de persoas ateigan a Costa cada fin de semana.

A Ruta foi ben fermosa, contando con variospuntos de interese. A baixada, respectuosa, pola fermosa Duna Monte Branco, a visita ao Cemiterios dos Ingleses, onde Rafael Lema explicou a historia do Serpent; e a visita ao Faro Vilán, onde a fareira máis antiga de España, Cristina Fernández, contoulles como a sirena do Faro era para ela coma unha nana.

O Camiño dos Faros segue en marcha, facendo máis e máis grande a nosa Costa da Morte.

Saindo de Arou polo Camino dos Faros-Foto-Cesareo Gonzalez Pardal

Máis rutas

Andaina por Ponteceso

A fin de semana deixaba tamén un par de citas sendeiristas. A entidade Senda Nova marchaba a Trazo, e o programa de Andainas da Costa da Morte achegaba a máis de 160 camiñantes ata as marabillas de Ponteceso, sobre todo a ribeira do Anllóns.

Ademais, haberá que estar pendentes, pois este xoves día 1 de maio se desenvolverá cuarta xornada do programa de andainas “Coñece a Costa da Morte 2014”. Esta vez tócalle o turno a Dumbría, onde farase unha bonita camiñada por parte do Camiño de Santiago polas terras de Hospital e Logoso e con final no alto de Miñóns. Tamén haberá ocasión de visitar a famosa Pedra Cabalgada durante o percorrido.
O bus sairá nesta ocasión ás 9:00 h. na Casa da Cultura, e o prazo para inscribirse remata este martes.

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios