Domingo. 14.07.2024
El tiempo

As Casas Culturais de Dumbría énchense de Nadal

As Casas Culturais de Dumbría énchense de Nadal

Ó longo da presente semana Papá Noel está a visitar as Casas Culturais do Concello de Dumbría. Aproveitando as clases de informática, está falando con tódolos nenos e nenas do municipio.

A vindeira semana, o martes, 27 de decembro, das 11:00h ás 17:00h horas, nas instalacións do Conco (Dumbría), terá lugar unha Festa Infantil de Nadal, na que os nenos/as poderán desfrutar de divertidos xogos e manualidades. Ademáis ás 15.30 horas haberá unha actuación de maxia da man do Mago Dani. Haberá servizo de autobuses polas parroquias. Os interesados deben inscribirse entregando a autorización nas oficinas municipais ou nas Casas Culturais.

Os días 2 e 3 de xaneiro, será un Paxe Real o que visite as Casas Cuturais para recoller as cartas que os máis pequenos escriban ós Reis Magos.

Ademáis ó longo destas dúas semanas de Nadal, nas Casas Culturais poderanse elaborar tarxetas e adornos navideños, participar en campionatos de xogos de mesa...

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.

Comentarios