As Bibliotecas de Dumbría énchense de actividades por Outono
Seguindo coa política de apertura das bibliotecas á cidadanía e incidindo na premisa de que non sexan vistas coma meros contedores de libros, o Concello de Dumbría lanza a cuarta edición do programa "Outono nas bibliotecas". Ao longo de dúas intensas semanas, de luns a venres, as 5 bibliotecas municipais de Dumbría acollen actividades para a poboación infantil, para a mocidade e para público familiar.
Neste novo ciclo de actividades e actuacións, os contacontos, a maxia, os obradoiros tecnolóxicos e científicos, a ilustración, a regueifa e as novas tecnoloxías buscan, unha vez máis, fomentar a lectura e promocionar o uso das bibliotecas, a través de actividades cofinanciadas a través do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O acceso a estas actividades é libre e gratuíto, ata completar aforo.
Primeira semana:
➢ Luns 14 outubro, dobre cita cos contacontos de Carballo con Botas na biblioteca do Conco - Dumbría:
o 12:10 h. A Ciclobiblioteca na biblioteca. Asistirá o alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría
o 18:00 h. Zapatiños de cartón e a carta dos bosques. (Todos os públicos)
➢ Martes 15 outubro, 18:00 h. Robótica creativa. Iniciación á programación. Jóvenes científicos. (+ 6 anos) (obradoiro). Biblioteca do Ézaro
➢ Mércores 16 outubro, 18:00 h. Contamos en igualdade. Eduvía. (todos os públicos) (contacontos). Biblioteca de Berdeogas
➢ Xoves 17 outubro, 18:00 h. Caixa, Caixiña Caixón. Andamiaxe. (+4 anos) (contacontos e obradoiro manualidades). Biblioteca de Buxantes
➢ Venres 18 outubro, 18:00 h. Olimpíadas científicas. Leader Dreams. (+6 anos) (obradoiro). Biblioteca de Olveira
Segunda semana:
➢ Luns 21, 18:00 h. A cabeza a paxaros. Charo Pita. (todos os públicos) (contacontos). Biblioteca de Buxantes
➢ Martes 22, 10:00 h. O método regueifeiro. Lupe Blanco. (alumnado de primaria do CEIP Santa Eulalia de Dumbría) (obradoiro)
➢ Martes 22, 18:00 h. Cómic para nenos. Compañía Garabullo. (+5 anos) (obradoiro). Biblioteca do Ézaro
➢ Mércores 23. Toupiciencia. A Xanela do maxín. (todos os públicos) (actividade con experimentos). Biblioteca de Berdeogas.
➢ Xoves 24, 18:00 h. Aprende a facer un podcast. Solovoz. (mocidade e nenos maiores de 10 anos) (obradoiro). Biblioteca do Conco – Dumbría
➢ Venres 25, 18:00 h. Taller de maxia, Charly e a fábrica de sonos. Mago Charly Braun. (todos os públicos) (obradoiro). Biblioteca de Olveira.
As 5 bibliotecas municipais están integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, o que permite a lectores de toda Galicia acceder a elas e facer uso dos seus fondos, ao mesmo tempo que lle abre as portas de todas as bibliotecas da Rede a todos os nosos veciños/as.