Luns. 22.04.2019
El tiempo

As Bibliotecas de Dumbría son +Q Libros

+Q Libros en Dumbria
+Q Libros en Dumbria
As Bibliotecas de Dumbría son +Q Libros

As Bibliotecas de Dumbría son +Q Libros

actividades culturais que se van desenvolver no concello de Dumbría ao longo das vindeiras semanas no marco do programa + Q Libros 2019.

Actuacións de títeres, maxia e música tradicional, obradoiros de maxia e cociña (*para participar nestes obradoiros é necesario inscribirse), solta de libros, recital poético,... arredor da biblioteca e axencias de lectura municipais. Así de cargado vén o plan de actividades que o Concello de Dumbría ten para as vindeiras semanas no no marco do programa + Q Libros 2019. E aínda falta coñecer a programación do Día das Letras Galegas, que virá cargado, sempre na liña de promoción e dinamización cultural.

Ata este 27 de maio, e dende este sábado 20 de abril, as Bibliotecas dumbriesas abren as portas para goce e disfrute da poboación. Tomen boa nota das propostas:

  • Sábado 20 abril ás 17:30 h no Instalacións do Conco - Dumbría: Maxia: Espectáculo e obradoiros de maxia para nenos/as. Entrada de balde.
  • Martes 23 abril nas Casas Culturais, Centro médico e Albergues do concello de Dumbría: Solta de libros. Dentro da iniciativa Libros Libres da Deputación da Coruña, celebrarase o Día do Libro, co agasallo simultáneo de libros en diferentes espazos municipais:
    - Centros de saúde ás 11:00 h.
    - Albergues municipais e Casas Culturais ás 18:00 h. #DACCultura #LibrosLibres.
  • Sábado 27 abril ás 17:30 h no Edificio Bitácora do Ézaro: Títeres. “Un diaño na maleta”. Espectáculo de títeres para o público infantil e familiar. Entrada de balde.
  • Sábado 4 maio ás 17:30 h na Casa Cultural de Berdeogas. Obradoiro infantil de cociña. Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 2 maio. De balde.
  • Sábado 11 maio ás 17:30 h na Casa Cultural de Buxantes. A Roda dos xogos + Obradoiro infantil de cociña. Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 9 maio. De balde. Actividade enmarcada na Rede Cultural 2019 da Deputación da Coruña.#DACCultura
  • Venres 17 maio_17:30 h_Casa Cultural de Olveira. Letras Galegas.

 

Comentarios