Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Boa participación dos peque-atletas dumbrieses na proba de comarcal

Carreira en Cee
O campo de San Paio de Refoxos acolleu a proba de Atletismo escolar
Boa participación dos peque-atletas dumbrieses na proba de comarcal

A pasada semana celebrábase en Cee o Campionato Comarcal de Campo a través. 600 nen@s de centros educativos de toda a comarca fixeron as delicias do atletismo de base, deixando claro o fermoso e importante que é facer deporte nestas pequenas idades.

Por Dumbría, quixeron felicitar aos participantes do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, valorando o traballo de Izan Domínguez Trillo (primeiro en benxamín masculino), Carla Canosa Méndez (décima en alevín feminino), Alberto Atán Lema (vixésimo en alevín masculino), Sabela Carreira Santabaya (segunda en infantil feminino) e Pablo Costa Carabel (primeiro en infantil masculino).

Atletas dumbrieses

Comentarios