Domingo. 28.11.2021
El tiempo

Comezan as obras de mellora da estrada de entrada ao lugar de Dumbría

obras na estrada vella de dumbria
Comezan as obras de mellora da estrada de entrada ao lugar de Dumbría

A entrada ao lugar de Dumbría dende a AC-552, a estrada vella (AC-199), sofre xa unha reforma esta semana. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora do firme á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos, S.L. por un importe de máis de 43.000 euro.

As obras, entre os puntos quilométricos 0+300 e 0+900 xa comezou, e teñen un prazo de execución dun mes, e completarán a primeira fase xa efectuada en marzo, os puntos 0 e 0+300.

Mapa da estrada de Dumbria

comentarios