Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Parlamento non se pon dacordo para asegurar un acceso digno aos servizos financieiros no rural

Daniel Perez e Sandra Vazquez no Parlamento
Daniel Pérez (BNG) e Sandra Vázquez (PP) onte no Parlamento
O Parlamento non se pon dacordo para asegurar un acceso digno aos servizos financieiros no rural

O BNG considera necesario reincidir sobre “a sangría en forma de peche continuo de oficinas bancarias no rural, comúns a todas as entidades bancarias”. Por iso volveu o carballés Daniel Pérez volveu presentar unha iniciativa no Parlamento Galego sobre o peche “concreto” das sucursais da nosa comarca, coa idea de “poñerlle cara a un problema global”.

Sorprende ver as forzas políticas discutir no Parlamento por un asunto tan evidente como asegurar que “a veciñanza teña acceso digno aos servizos financieiros”, e falar en termos tan diferentes sen poñerse dacordo.

”Ten o mesmo acceso un cidadán de Malpica, Zas, Baiñas ou Laracha que un veciño ou veciña da Coruña ou Carballo?” preguntou Daniel Pérez, que acusou ao PP de realizar “políticas de desmantelamento do rural”, lermbrando tamén os continuos recortes en servizos sanitarios e educación no rural.

O BNG lembrou “o pelotazo” da venta das caixas, e calificou a coñecida subvención ás entidades para instalar caixeiros onde non existan oficinas como un xeito de “subvencionar a entidades como Abanca a cambio de pechar oficinas no rural”.

Dende o PSOE Juan Carlos Francisco Rivera apoio a moción e criticou o silencio de Feijoo e as subvencións da Xunta ás empresas que pechan as oficinas para manter caixeiros.

Problema estatal

A popular Sandra Vázquez atgumentou a súa negativa á proposición non de lei en que se trata dun problema que non sofre só Galicia, que hai concellos en toda España que tamén sofren o cambio dixital das entidades financieiras. Volveu botar balóns no tellado do Goberno central e mesmo lle lembrou ao PSOE de ter votado no seu momento a favor da fusión das caixas.

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios