As Casas Culturais, protagonistas do Nadal en Dumbría

Vén de saír do forno a programación de Nadal do Concello de Dumbría. E de novo serán protagonostas as Casas Culturais, que estarán abertas á rapazada para que traian as súas cartas a Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos. Ademais acollerán obradoiros infantís de manualidades e cociña, maxia, música, títeres, circo e visitas máxicas,…
Así, acollerán diferentes conexións con Papá Noel desde as 17:00 aulas de informática, e diversos Talleres de manualidades infantís en madeira, con Muxiarte, nas seguintes datas: O venres 13 no Conco; o luns 16 no Ézaro; o martes 17 en Olveira; o mércores 18 en Buxantes; e o xoves 19 en Berdeogas.
As Casas tamén estarán abertas en clave de concilliación os 26, 27 e 30 de decembro e os 2 e 3 de xaneiro. Polas mañás (de 10:00h a 14:00) tócalle ás de Olveira, Berdeogas, Buxantes e o Ézaro e pola tarde a do Conco (de 16:00h a 20:00h).
Ademais, tamén acollerán as Tardes de Actuacións, ás 18:30h:
- Xoves 26 no Ézaro: Títeres. Tarabelos.
- Venres 27 en Buxantes: Títeres. Cascanueces.
- Luns 30 en Olveira: Maxia. Mago Teto.
- Xoves 2 no Conco: Maxia. Mago Paco.
- Venres 3 en Berdeogas: Actuación/Obradoiro co CircoNove.
Festa Infantil
O luns 23 de decembro haberá unha Festa Infantil no Conco, con xogos, música, manualidades, pintacaras, chapas, globoflexia, fotomatón, visita de Papá Noel, xantar, transporte,... e con The Show Moscón, (Duende Sico) e Notas de cores (Garabatos). Cómpre presentar solicitude nas Casas Culturais antes do 20 de decembro.
Visita dos Reis Magos ás Casas Culturais
O 5 de xaneiro os Reis Magos visitarán as Casas Culturais nas seguintes horas:
- 16:00h Berdeogas.
- 16:30h Olveira.
- 17:00h Buxantes.
- 17:40 h O Ézaro.
- 18:20 h Bustelo.
- 18:40 h O Conco.