Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cinco feridos nun accidente no cruce de Dumbría

Cinco feridos nun accidente no cruce de Dumbría
accidente-cruce-dumbria O sinistro tivo lugar sobre as dúas da tarde de hoxe. Imaxe: Xusto Gómez Cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración nun choque frontolateral que tivo lugar este mediodía entre un Mercedes C220 e un Opel Corsa. O sinistro tivo lugar na AC 552 á altura do cruce de Dumbría sobre as 14 horas. Ata o lugar do sinistro desprazaronse varios equipos de emerxencias entre os que estaban os bombeiros de Cee que axudaron a estabilizar e a evacuar aos feridos así como a limpar os restos do accidente. cruce-dumbria-accidente Ata o lugar desprazáronse varios equipos de emerxencias. Imaxe: Xusto Gómez

Accidentes 2016

Fonte  

Comentarios