Continúa o xuízo pola desecación da fervenza do Ézaro
Segue nos Xulgados o caso da desecación do treito final do río Xallas que deixou varios anos sen auga á simbólica fervenza do Ézaro. Dende 2004 non corría ata auga, ata que en 2011 a cascada resucitaba gracias a unha denuncia da entidade Ríos con Vida, que obrigaba a devolver o caudal ecolóxico (do 10%) a unha das poucas cascadas europeas que desemboca no mar.
Desta volta coñecemos que continúa o xuízo contra o ex director de Calidad y Evaluación Ambiental da Xunta naquel entón, Francisco Pan-Montojo, que foi quen outorgou a licencia á empresa Ferroatlántica para poder deixar a fervenza sen auga e turbinar todo o caudal. De feito, o fiscal xa solicitou a apertura do Xuízo Oral contra el.
Paralelamente, o xulgado compostelán rexeitou o recurso presentado por Ferroatlántica ante a fianza imposta de 8,159 millóns de euros á empresa do grupo de Villar-Mir. Unha fianza por ser “partícipe a título lucrativo” do procedemento, é dicir, por beneficiarse dunha decisión política supostamente ilegal.
O director da empresa na zona, Carlos Oliete repetiu unha e outra vez que “Nós cumplimos ca legalidade”, “cumprindo en todo momento cos términos da concesión”, polo que se desmarca desta decisión xudicial e mesmo agarda que durante o xuízo se lle exima do pago da fianza. "Confiamos plenamente que no xuízo oral quedará demostrado que resulta infundado incluír a Ferroatlántica como suxeito obrigado ao pago de cantidade indemnizatoria algunha", sinala a empresa.
Novas relacionadas
- Carlos Oliete: “Nós cumplimos ca legalidade”.
- A Xunta recoñece o traballo de Ríos con Vida para liberar o Xallas.
- 14-04-11: Resucitou a Fervenza do Ézaro.
- O fiscal continúa coa denuncia contra a desecación da Cascada do Ézaro.
- 11-02-11: Ríos con vida volve a carga contra a desecación dos ríos Xallas e Castro.
- Entrevista a Carlos Oleite: “Ferroatlántica cumpriu en todo momento cos términos da concesión”.
- Unha ollada ao estado de saúde dos ríos da Costa da Morte.
- A Xunta abre o expediente de retirada da licencia que permite manter pechada a fervenza do Ézaro.
- 21-10-10: Denuncian a Ferroatlántica por desecar o río Xallas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).