A divertidísima Multifesta da Praia do Ézaro
12:17 05/08/24
37 edicións cumpría esta fin de semana a Festa da Praia do Ézaro. A Multifesta, como lle chamamos durante moitos anos, porque marida xogos, gastronomía, deporte e música. O areal e o paseo dumbriés encheuse de vida, con obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR), música para todas as idades, e momentos tan divertidos como o sempre esperado Baile do Cañoto, o xogo das cadeiras ou o zumba na auga.
Para o domingo quedou a Gran Sardiñada Popular, amenizada pola orquestra Galilea, e no recordo quedarán ducias de risas.