Nin a chuvia pode coa multifesta, con sorpresa, do Ézaro
Completísima a fin de semana dumbriesa. Xa faremos parada no piragüismo pero polo de pronto imos repasando o acontecido no areal do Ézaro. I é que nin a chuvia pode con este festón completo: deporte, festa e moitas risas fixeron esquecer que por momentos, o tempo quixo augala festa.
Pero non puido, ata se puideron ver colas, baixo o paraugas, para conseguir unhas sardiñas na xornada dominical.
Sen embargo, venres e sábado a festa trancorreu con normalidade. O venres comezaba o deporte na praia, con moito fútbol e volei. E pola noite, grandes concertazos da Familia Caamagno e Terbutalina, aderezados polos pinchas Rubén Martínez, que quentou, e de que xeito, ao público ao comezo da noite, e os Fisterras Mafia.
Fútbol Praia, con sorpresa
Para o sábado chegaba o prato forte, deportivamente falando. E cunha sorpresa, pois un equipazo dos Tourilandia pasou pola vila dumbriesa. A familia tourilandesa Os Xosé Touriñán, Marcos Pereiro e Federico Pérez Rey, que xa estiveran en Mazaricos hai uns meses, fixeron as risas de todos os asistentes.
Pero é que o Campionato de Fútbol Praia deu para moito máis. Finalmente, os locais de El Armario de Marta foron os campións, tras vencer nin encontro moi disputado ao Imprenta Costa da Morte-Kiosko Alameda.
Os segundos tiveron que superar nos cuartos ao favorito, o Bar o Pirata, que buscaba o seu triplete nos torneos de verán, pero que se topou cun equipo fortísimo que lle endosou un 5-2. Para chegar á final tiveron que superar tamén ao Ovidio por un apretado 3-2. Pola súa parte os campións eliminaron a Gures por penaltis, do mesmo xeito que venceron na gran final. Aitor foi o mellor xogador do torneo.
Na Categoría sub-16, o vencedor foi o equipo de Los Divinos por diante do Dumbría CF.
Novas relacionadas
- Touripartido en Mazaricos.
- Lariño disfrutou do fútbol praia e en Esteiro loitan por evitar a Cuchara.
- Ézaro 2010: A multifesta da Praia do Ézaro aguantou o nordés.
- A Fervenza do Ézaro iluminarase 16 noites do verán.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).