Xoves. 02.04.2020
El tiempo

Doble sesión pesqueira na praia da Langosteira e no couto do río Xallas

Doble sesión pesqueira na praia da Langosteira e no couto do río Xallas

Novas probas de pesca na zona. Se o Xallas acollerá unha nova proba trala desenvolta hai dúas semanas A Federación Galega de Pesca está a preparar o Campionato Provincial de Pesca en Mar Costa. E desta volta escolleu a praia de Langosteira, en Fisterra, como acontecía no 2010. A cita será este sábado 28 de abril durante toda a tarde e boa parte da noite. Hoxe, por certo é o último día para inscribirse.

Así, entre as 17:00h e as 24:00h as cañas estarán en competición en dúas mangas de 3 horas cada unha. A pesaxe comezará media hora despois do sinal de fin de manga ou proba.

Programa

  • 14,00h. Reunión de delegados no Asador San Roque.
  • 15,30h. Concentración de tódolos participantes.
  • 17,00h. Comezo da primeira manga.
  • 20,00h. Remata a primeira manga.
  • 21:00h. Comezo da segunda manga.
  • 24:00h. Remata a segunda manga.

Regras

Ao longo da competición o deportista e os soportes das canas, deben, en todo momento, situarse na parte seca da beira da auga, dende onde se exercerá tamén a acción de cravado e loita coas pezas cravadas.
As pezas presentadas ao pesaxe estarán libres de area, argazo restos de aparellos, auga u outros corpos ou materiais alleos ás mesmas. O incumprimiento dará coma resultado a non pesada desas capturas.

  • Capturas: As pezas presentadas á pesaxe inferiores en 2 cm, ou máis, da talla mínima correspondente a cada especie, serán penalizadas descontando o seu peso do peso total obtido nesa pesada.
    As tallas mínimas establecidas son as correspondentes á normativa galega correspondente.
  • Cebo: Achegaráo a Federación Galega de Pesca e estará composto por; 6 caixas de gavilán e 2 de coreano na 1ª Manga e 7 caixas de gavilán e unha de coreano na 2ª Manga . O prezo total do cebo para as 2 mangas é de 30 €, que haberán de ser pagados na reunión de Delegados.
  • Sistema de puntuación: 1 punto por gramo.

Autonómica de Salmónidos-Mosca no Xallas

Os vindeiros 5 e 6 de maio, o couto de Xallas acollerá o campionato autonómico Salmónidos Mosca. A cita comezará coa concentración de rigor ás 7:30h da mañá, cunha manga matutina e outra pola tarde tras un xantar común. Non rematará ata as 21:15 coa entrega de plicas. Para o domingo 6, máis do mesmo.

Poden inscribirse contactando con José Manuel Fernández Rodríguez no 607 927 581 ou enviando un correo a [email protected]

Novas relacionadas

Fonte

comentarios