Martes. 05.11.2024
El tiempo

O Domingo de Entroido, coma sempre, en Dumbría, e este ano, no pavillón

O Domingo de Entroido, coma sempre, en Dumbría, e este ano, no pavillón

Xa está en marcha a celebración do concurso de entroido de Dumbría 2020, que coma sempre centra o protagonismo do Domingo. A cita deste vindeiro 23 de febreiro ten unha novidade, pois en lugar da carpa habitual, celebrarase no Pavillón do Conco, a partir das 17:00h.

Antes, haberá unha concentración de comparsas na praza do concello para iniciar o desfile ata as instalacións do Conco.

Para o concurso de comparsas é necesario inscribirse nas oficinas municipais antes das 15:00 h do xoves 20 de febreiro.

Segundo as bases do concurso haberá 2.000 euros en premios, levando 1.000 a comparsa gañadora, 500 a segunda e 300 a terceira.
As crianzas que veñan disfrazadas terán un pequeno agasallo. E o disfraz máis orixinal da tarde levará un agasallo de 150€.

Novas relacionadas

Comentarios